Estas últimas semanas A Mancha negra estivo lendo ¡Apártate de Mississippi! de Cornelia Funke. Era a nosa primeira obra desta escritora, da que ata o de agora non tiñamos libros na BBS. Grazas á biblioteca municipal de Redondela que nos emprestou estes libros, poidemos descubrir que nos gusta moito como escribe. E por iso investigamos un pouquiño e xa sabemos que
Cornelia Funke naceu en Alemaña hai 52 anos, que escribiu moitas máis novelas para nen@s e para moz@s, e que algunha delas xa ten película.
Neste libro a protagonista loita para conservar un cabalo que lle regalou a súa avoa, unha muller moi peculiar, que a todos nos encantou desde o primeiro capítulo. Aventuras,animais, unha intriga relacionada cunha herdanza, un malo moi malo e unha heroina das que nos gustan. Que máis se pode pedir!