biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Kenqueoké?

O grupo de 1º de Primaria debutou coma contadores da BBS, e que ben o fixeron!
Escolleron Kenqueoké de José Parrondo, e encheron a nosa biblio dunha familia marciana cun grave problema a resolver.

Noraboa rapaces/zas! Xa sabedes, agora hai que seguir contando contos.



Anunciando o conto na entrada




Preparad@s para comezar. Que nervios!!!!









Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-12-2016 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas viaxeiras de Nadal

As Mochilas tamén viaxan no Nadal, seis casas estarán cheas de propostas de lectura estes días. Que vos gusten moito!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-12-2016 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos axudantes de biblioteca
O luns pasado tivemos o 1º xantar dos axudantes de biblioteca: xantar, xogos e peli para 37. Foi unha boa xuntanza! Ben merecida despois do moito que traballaron os axudantes neste trimestre.




Xantar en Campo maneiro




















Menuda tropa!




"Xogo bibliotecario" por equipos












Axudantes larpeir@s!




E aquí tedes o trailer da peli que vimos: Corazón de tinta de Cornelia Funke, un bo libro para ler nestas vacacións e unha boa peli para ver dúas veces ou máis :-)

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 24-12-2016 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 10
Novo número do noso Xornal BBS, e xa van 10! Aquí tedes a versión en cor do xornal que está nas vosas casas desde o venres pasado.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 23-12-2016 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Álbum Acivros 2016

Premede AQUÍ para ver a reportaxe fotográfica completa do acto de presentación da guía de lecturas de Nadal "Tempo de acivros, tempo de libros".
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-12-2016 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de acivros, tempo de libros
Aquí está, recén presentado en sociedade. Levarédelo mércores para a casa, pero mañá xa o poderedes ver na biblioteca e na exposición Un libro para agasallar.

Tomáde boa nota das recomendacións e animádevos a pedir un libro como agasallo no Nadal.




Premede na esquina dereita para amplialo.
Comentarios (5) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-12-2016 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de acivros, tempo de libros: presentación



Aquí tedes aos nosos representantes na Presentación da Guía de Lecturas de Nadal deste ano durante os ensaios. Un dos poucos ensaios que tiveron e aínda así estiveron fantásticos introducindo o acto, cun texto de Agustín Fernández Paz e despois presentando dous libros: Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso e Lobishome de Jacobo Paz Limia. Noraboa rapaces e rapazas!


E noraboa tamén a os nen@s do CEIP A.D. Castelao e do CEIP Ana Mª Dieguez, as responsables de todas as bibliotecas e ao profesorado que se implicou no acto. Un ano máis concretamos o noso compromiso coa lectura e a cultura nun acto no que os nen@s e moz@s sodes os protagonistas. Como nos gusta vervos dándolle vida aos libros da guía!
Grazas a todas as familias que vos involucrastes levando aos vosos fill@s ao Auditoria esa tarde e a tod@s aos que nos acompañastes na presentación e axudastes a que resultara un éxito.












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-12-2016 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da guía de lecturas de Nadal


Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 12-12-2016 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar
Chegou o tempo de Nadal e no Brea Segade chegou Un libro para agasallar, a exposición de literatura infantil e xuvenil coa que queremos achegarvos propostas de lectura e de música para que pidades ou agasalledes nestas festas.
Non deixedes de vir visitala, ata o mércores 21 en horario lectivo e as tardes de luns e xoves.
















As nosas recomendacións

















Comentarios (7) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-12-2016 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector
Este ano os nosos axudantes de biblioteca van apadriñar ao alumnado de 1º e 2º ao longo do curso, contándolle contos na Hora de Ler dos últimos ou primeiros venres de cada mes.
Esta foi a primeira sesión, unha sorpresa total para os afillados e afilladas, que non se enteraran de que os axudantes levaban unha semana de preparativos.

Noraboa a tod@s!



Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 04-12-2016 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Carta desde Arxentina
Aquí tedes un momento da interpretación do alumnado de 6º da Carta desde Arxentina de Castelao nos recreos da Biblioteca Brea Segade.
Precioso! Graciñas!

Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-12-2016 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os petos de Loreto
Como nos gusta na BBS ver contadoras e contadores que se estrean! Como nos gusta ter canteira!

Rita, Noa, Dália e Salma contáronnos Os petos de Loreto de Quentin Blake, unha fermosa e divertida historia co estilo inconfundible de Quentin Blake nas ilustracións. Fixéronno coma unhas auténticas profesionais! Mirade, mirade...




Anunciando o conto na entrada




Contadoras profesionais




















Moi ben, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-12-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
O Papagaio
Desde hai algo máis dun mes temos na BBS unha nova publicación periódica O Papagaio, xornal para rapaces e rapazas con seccións de actualidade e reportaxes de diferentes temáticas de interese. Temos exemplares nas clases para a Hora de Ler e tamén na biblio. Non deixedes de lelos, paga a pena!

Cada mes, un novo exemplar... Estade atent@s!







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2016 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas