biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tempo de acivros, tempo de libros: Guía de Nadal 2015
Aquí tedes a Guía de Lecturas para este Nadal elaborada polas bibliotecas do CEIP Ana Mª Diéguez, o CEIP A.D.R. Castelao, o IES Félix Muriel, o CEP Brea Segade e a B.P.M. Castelao de Rianxo.
Un montón de propostas para ler e escoitar, para agasallar ou pedir como agasallo e tamén para buscar nas vosas bibliotecas.
Boas lecturas e bo Nadal!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2015 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS
Xa o tedes nas vosas casas desde o último día de trimestre, pero tamén o podedes consultar no blogue en "edición dixital" a toda cor: Xornal BBS 8.
E xa imos polo número 8! Noraboa redactoras e redactores!


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 26-12-2015 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs de lectura
O último xoves do trimestre celebramos a primeira xuntanza-xantar dos clubs de lectura deste curso.
Xantamos na biblioteca, xuntámonos cada un dos clubs por separado para falar dos últimos libros, vimos a película da maldición das Bruxas, baseada no libro de Roald Dahl As bruxas que lemos este trimestre e por último fixemos un xogo por equipos de pistas e probas para recompoñer a receita da Fórmula 86: facedor de ratos de acción retardada.
Como vedes aproveitamos ben o tempo, non paramos un momento.


Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-12-2015 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Miss Marple
Terceiro personaxe investigado, Miss Marple. Elaboraron tamén unha presentación en Impress e expuxeron o traballo na biblioteca.
















Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 26-12-2015 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Hercules Poirot
Poirot foi outro dos personaxes investigados en sexto. Aquí tedes a presentación que realizaron e as fotos da súa intervención na biblioteca.




















Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 26-12-2015 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Detective Conan
O xoves 17 de decembro sexto presentou na Hora de Ler os traballos de investigación que Libriño lles encomendara para descubrir quen eran tres personaxes misteriosos.
A clase de sexto organizouse en tres grupos para realizar tres investigacións diferentes e expuxo os seu resultados en tres presentacións elaboradas co programa Impress.
Un dos personaxes investigados foi o Detective Conan. Aquí tedes a presentación e algunhas imaxes de como o fixeron na biblioteca.

















Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 26-12-2015 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas Viaxeiras no Nadal

As Mochilas non paran de viaxar neste Nadal, sete afortunad@s van telas na casa uns cantos días de máis. Aproveitádeas ben!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2015 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
A bruxa
Laura, Iria, Silvia, Patri e Andrea, pecharon os contacontos do 1º trimestre cunha versión dramatizada de A bruxa, da colección Baúl dos Monstros da Editorial Baía. Viñeron preparadas con vestiario e "attrezzo", dispostas a facernos entrar no conto da bruxa e conseguíronno.
Estivo moi ben; un bo broche de ouro para os contos do trimestre.
Ide pensando quen conta para o ano/trimestre que vén.
















Xenial!



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2015 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
O Papón
A clase de terceiro ao completo encargouse do contacontos do recreo do martes. Dramatizaron O Papón de Pablo Albo e Maurizio A.C. Quarello, unha historia que nos gusta moito. Foi unha gozada velos a tod@s representando o conto, fixéronno moi ben e conseguiron facer a historia aínda máis divertida do que xa é.
Noraboa 3º, estivestes xenial!




Anunciando o conto




Os narrador@s














Bravo, 3º!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2015 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Mortadelo e Filemón
A última semana do primeiro trimestre estivo chea de actividades na BBS.
Coa boa sensación que nos deixou o acto de presentación da guía "Tempo de acivros, tempo de libros" aínda fresca, comezamos o luns coa presentación da investigación que realizaran ao longo do trimestre os nenos e nenas de 2º de Primaria. Eles recibiran o encargo de Libriño de descubrir quen eran Mortadelo e Filemón e así o fixeron.
Explicaronnos un montón de cousas sobre os famosos detectives de ficción e o resto dos personaxes da tira cómica. Falaron e debuxaron sobre os personaxes e os seus métodos e fixéronno coma auténticos "profesionais da investigación".
Moi ben nenas e nenos de 2º, encantounos, o traballo e como nolo presentastes. Parabéns!


Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 23-12-2015 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da guía de Nadal 2015
Cerca de 60 nenos e nenas de diferentes centros de ensino e dúas adultas encargáronse de presentar algúns dos títulos da guía de Nadal deste ano. Houbo pequenas dramatizacións, música, recitado de poemas, lectura de textos narrativos... O Auditorio de Rianxo estaba cheo, unha vez máis, para falar de libros e de música, para falar de lectura e de cultura. Que marabilla!
Noraboa a tod@s os que participastes, aos que vos achegastes ao Auditorio, aos que botastes unha man na organización e por suposto, ás familias, ao profesorado e @s bibliotecari@s que día a día compartides lecturas e cultura con meniñ@s e non tan meniñ@s. Grazas a tod@s!




E grazas a Brais Rodríguez pola reportaxe fotográfica.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-12-2015 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de acivros, tempo de libros 2015



Agardámosvos este venres ás sete da tarde no Auditorio de Rianxo.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-12-2015 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar 2015

Chegou o tempo de "Un libro para agasallar". Dende mañá ata o venres 18 poderemos ver unha escolma de libros que desde a BBS pensamos, poden ser unha boa escolla como agasallo neste Nadal, que xa está chegando. Este ano haberá novidades que xa vos iremos contando.
Convidámosvos a visitar a exposicion no horario escolar e tamén as tardes que abrimos a biblioteca: luns e xoves de 15:30 a 17:30.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-12-2015 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Salón do Libro de Pontevedra 2016

Boas novas! O Salón do Libro de Pontevedra xa está en marcha!
Esta fin de semana no marco do Culturgal, presentouse a XVII edición do Salón, que se celebrará en abril do 2016 e que terá como lema Canta bichería! No acto de presentación puidemos ver o cartel, deseñado por María Álvarez "Yupiyeyo" e coñecer unha das novidades, a publicación dunha historia ambientada no Salón do Libro e con referenzas ao lema da edición. Esta nova actividade do Salón comeza da man Ledicia Costas, que creou un personaxe, Extravaganzza Pérez que xa estamos desexando coñecer e porque seguro que nos vai encantar, coñecendo a Ledicia...
Orbil tamén estivo na presentación. Que boas lembranzas! Como nos gusta o Salón do Libro de Pontevedra!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2015 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
De viaxe
Novo destino para as nosas Mochilas Viaxeiras e xa van tres.




No sorteo



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-12-2015 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas