biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Libros para todo o ano
Na última semana de trimestre continuaron as visitas á exposición: das diferentes clases, no recreo, das familias, dos profes... Aproveitamos para ver libros e coller ideas, para facer recomendacións nas follas de acivro, para comezar a ler e engancharnos a algúns dos libros da expo...
A BBS xa escolleu os títulos que pasarán a ser novidades a partires de xaneiro. Tivemos en conta as vosas escollas e tamén as do equipo de biblioteca. Seguro que en moitas das vosas casas haberá libros entre os agasallos deste nadal, pero ademais contade con que na vosa biblio irán aparecendo novidades para seguir sementando letras e palabras.

Libros para todo o ano, o noso desexo para o 2014!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-12-2013 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Matilda. A peli.
Os clubs de lectura recomendámosvos o libro Matilda de Roald Dahl e a película baseada nel. Podedes atopalos na biblio, non volos perdades!


Comentarios (3) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 25-12-2013 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs de lectura
O xoves 19 de decembro os Clubs de Lectura da BBS tiveron o primeiro xantar-xuntanza deste curso. Xantamos na biblioteca, un dos privilexios de ser membros dos clubs e despois comezamos coas activiadades que tiñamos previstar: xogo de pistas por equipos, película de Matilda e xuntanza dos dous clubs por separado para falar dos últimos libros lidos e repartir os que leremos nas vacacións. Foi un encontro moi completo, ata rematamos xogando ao brilé e saltando á comba e iso que no patio facía un frío que pelaba.

Comentarios (4) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 25-12-2013 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s. A chamada do anxo
O último contacontos do trimestre foi unha pequena obra de teatro de temática de nadal escrita e representada por Isaura, Miguel Barros, Carla, Iria, Sergio e Miguel Otero. Cando dicimos escrita non é só que a inventaran senón que tamén elaboraron un libro con ilustracións e, por suposto, o cartel anunciador. Traballaron un montón e estiveron xenial. Fixéronnolo pasar de marabilla, fartamos de rir.
Imos ter que falar seriamente con eles para que nos preparen algunha outra obriña para o segundo ou o terceiro trimestre. Temos que aproveitar porque moitos deles para o curso que vén xa estarán no instituto.

Graciñas Isaura, Miguel, Sergio, Iria, Carla e Miguel!



Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 25-12-2013 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de acivros e de libros. O tríptico
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 15-12-2013 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da guía de lecturas 2013

O auditorio cheo de familias de todos os centros de Rianxo convocadas polas bibliotecas para ver e escoitar falar de libros, discos e películas. Que marabilla!
Foi un acto ben fermoso, cheo de música, poesía, contos e dramatizacións. Un acto protagonizado por nen@s e moz@s que ofreceron unha pequena mostra do que podemos atopar entre as recomendacións deste ano.
Agardamos que o tríptico e sobre todo as súas propostas vos gusten e que atopedes ideas para os agasallos deste nadal e para as lecturas de calquera momento do ano.
Desde a BBS queremos dar a noraboa e as grazas a todos os rapaces e rapazas que fixestes posible este acto e a todos @s profes/bibliotecari@s que apostamos pola lectura e pola colaboración entre as nosas bibliotecas.

Aquí vai unha pequena escolma de imaxes da intervención do Brea Segade no acto. En breve colgaremos o vídeo completo.
Estade atent@s, paga a pena velo!















Entrade en Fotos de Rianxo para ver como recollen o acto da presentación e máis fotos.
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 15-12-2013 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar 2013. 1ª semana
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 15-12-2013 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS

Este venres ás sete da tarde presentaremos "en sociedade" o tríptico de recomendacións de lectura para este Nadal elaborado por todas as bibliotecas de Rianxo. Na presentación contaremos con alumnos e alumnas dos diferentes centros que se encargarán de presentar algúns dos títulos incluídos no tríptico.
Animádavos a vir!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-12-2013 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
A sopa queima
Pois sopra!
Segundo Pablo Albo e André Letria, autores de A sopa queima, esa é a solución que todas as nais dan nesa situación. Non deben ir moi descamiñados, porque mentres Laura, Carla, Dunia e Iria anunciaban o conto pola mañá moitos de vós lles replicastes:
- Pois sopra!
Pero nesta historia a solución é moito máis divertida e interesante e así nolo contaron este novo grupo de expertas contadoras de sexto.




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-12-2013 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s. Héctor e Antonio


Comezamos os contacontos coas familias! Héctor e o seu pai, Antonio, abriron a tempada contandonos Mus, el cartero saltamontes. Carla botoulle unha man a Héctor para anunciar o conto a primeira hora da mañá e, polo chea que estaba a biblio no recreo, tiveron que facelo moi ben.
Mus, el cartero saltamontes é un conto con pictogramas. Antonio foi lendo o conto e Héctor os pictogramas. Ademais convidáronnos a participar resolvendo as adiviñas que viñan na historia. Gustounos moito!


GRAZAS, ANTONIO! GRAZAS, HÉCTOR!
Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 09-12-2013 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
UN LIBRO PARA AGASALLAR 2013

Hoxe luns abrimos a exposición Un libro para agasallar. Un ano máis poderedes ver na entrada do centro novidades de diferentes editoriais e escoller o voso libro para agasallar ou para recibir.
A exposición permanecerá aberta entre o 9 e o 19 de decembro durante todo o horario escolar. Polas tardes abrirá para toda a comunidade escolar no seguinte horario:
- Luns e xoves de 15:30 a 17:30
- Martes e mércores de 17:20 a 18:30


Animádevos a visitala.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-12-2013 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
XORNAL BBS 3
Nas casas do Araño e Taragoña desde o xoves pasado. Aquí tedes o número 3 do noso xornal.

Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 08-12-2013 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
NELSON MANDELA






Despedimos a Nelson Mandela poucos días antes da celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos. El representa a loita pola dignidade e os dereitos dun pobo e tamén a aposta polo perdón e a reconciliación para avanzar e cambiar o mundo. Cremos que a nosa homenaxe debe partir do coñecemento da súa vida e do seu pensamento. Despedimos a un home bo que cambiu a historia do seu país, Sudáfrica, e contribuíu a construir un mundo mellor.

Queremos agradecer a Rosana Rodiles , responsable da biblioteca Xoán Farías, do CEIP de Pazos, a imaxe que elaborou para que as bibliotecas escolares galegas deramos o noso adeus a Nelson Mandela.




















PARA SABER MÁIS:

NELSON MANDELA na Galipedia.

Na BBS:










Nelson Mandela: Viaxe á liberdade





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Retratos de outono
Nos blogues do colexio atopamos mostras dos traballos en torno á campaña da biblioteca deste curso que se están a levar a cabo nas aulas. Aquí temos os Retratos de outono da aula de cuarto. Visitade o blogue de segundo ciclo para saber máis.

Comentarios (1) - Categoría: Educación documental - Publicado o 07-12-2013 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Novas lecturas nos clubs

Imos a polo noso terceiro libro nos clubs de lectura! Desta vez toca intercambiar O Pozo dos libros lerá Ketumba Ketamba e @s gardians e gardiás dos libros lerán Matilda. Clicade nos enlaces para atopar información sobre os libros e os seus autores.
Na última semana de trimestre teremos a primeira xuntanza-xantar deste curso, con visionado de peli e algún xogo sobre os libros que levamos lido.
Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-12-2013 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas