biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seda
O club de lectura de adult@s tamén levou libro para ler nestas festas e unha película para ver. Despois de 84 Charing Cross Road, que tanto nos gustou, decicimos buscar e ver a peli. E cambiamos de temática, de época, de estilo... co noso seguinte libro, Seda de Alessandro Baricco, publicado por Rinoceronte.

Así explica o autor a xénese do seu relato. "Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba a Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os esquís e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribín a última páxina."
Influenciado por Céline, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore..., Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional. "Seda é unha historia antes de ser un libro. É, sobre todo, unha historia. E ás historias esváranlles as fronteiras".


Que o 2013 traia as mellores historias posibles para tod@s!




Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 31-12-2012 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ola, estúpido monstro peludo!
O club do Biscoito Lector está a ler unha novela de Fina Casalderrey que seguro que dará para pensar e para falar.Trátase dunha historia cun final inesperado, contada por unha rapaza desde o ventre da súa nai. Fálanos de machismo, de maltrato e de violencia de xénero visto a través dos ollos dunha nena. Temas duros e difíciles de tratar pero que todos sabemos que ocorren na nosa sociedade e que Fina Casalderrey quixo abordar neste libro.

Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 31-12-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs de lectura
Como xa é unha tradición nos clubs de lectura da BBS, rematamos o trimestre cunha xuntanza-xantar na que nos reunimos Piratas dos Libros e Biscoito Lector. Desta volta non leramos ningún libro que fora adaptado ao cine, pero sí aventuras misteriosas con nenos e nenas como protagonistas, así que decidimos ver unha peli que, pese a ser un clásico do cine infantil de aventuras, a maioría non coñeciades. Despois de xantar e de degustar as deliciosas sobremesas que trouxeron para compartir Carla e Irene, vimos "Los Goonies". E cremos que foi un acerto, ou non?




Aquí tedes o tema principal da película interpretado por Cindy Lauper.

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-12-2012 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
O biscoito lector e a medicina de George

O biscoito lector leu A marabillosa medicina de George e como os Piratas, pasámolo moi ben con este enredo tan divertido entre un neto e unha avoa un pouco peculiar.
Aquí tedes unha foto da xuntanza de decembro e varios debuxos e opinións sobre a obra de Roald Dahl.
No Nadal estamos a ler Ola, estupido monstro peludo!.



Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-12-2012 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os piratas e a Man Negra

@s piratas dos libros lemos en decembro As aventuras de A Man Negra e encantounos. Aquí tedes unha foto da xuntanza e algúns dos debuxos e opinións sobre este libro.
A Man Negra e as súas aventuras leváronnos a escoller unha película de misterio, aventura e rapaces/zas como protagonistas para rematar o trimestre, así que xa que non temos á Man Negra en peli, optamos polos Goonies.
O seguinte libro, o que estamos a ler no Nadal, é La bolsa o la vida. Agardamos que nos guste tanto como os dous que levamos este curso.



Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-12-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Isaura e Pili

Isaura e Pili foron as encargadas de contarnos o último dos contos deste trimestre e fixéronnos un agasallo moi especial, un conto dramatizado ambientado na noite de reis.
A ratiña que quería durmir na noite de reis é unha adaptación dun conto que preparan na escola do Outeiro xa hai anos para representar no Nadal e que como tanto lles gustara a tod@s e moi especialmente a Miguel, Aída e Miguel, decidiron compartilo con nós nos nosos recreos lectores.
Foi un traballo en equipo. Aida preparou o cartel anunciador, ben se nota a súa man, non esquecemos as túas ilustracións para os contacontos e os clubs de lectura da BBS. Os dous "Migueles" encargáronse de anunciar o contacontos na entrada e polas clases. Miguel Otero foi o narrador e Isaura e Pili dramatizaron de marabilla unha historia que nos fixo rir e nos lembrou o pouquiño que xa quedaba para o Nadal. Encantounos! E tamén nos encantou o biscoito do conto, que non era de plástico e despois poidemos papar.

Moitas grazas Pili e Isaura!
Moitas grazas Aida e Miguel!




Pedímoslles unha copia do conto para que o poidades ler neste tempo de Nadal. Aquí o tedes. A autora foi unha profe do Outeiro, graciñas a ela tamén.

A Ratiña que quería durmir na noite de reis
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-12-2012 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de acivros, tempo de libros


Para este tempo de acivros e de celebracións, aquí está o tríptico de recomendación de lecturas elaborado por todas as bibliotecas escolares de Rianxo e a Biblioteca Pública Municipal Castelao. Propostas de lecturas e música para todas as idades e todos os gustos que estarán nas casas de todos os nen@s e moz@s de Rianxo; un esforzo conxunto para que entre os agasallos deste Nadal non esquezamos a lectura.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-12-2012 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
A aventura sorprendente dun homiño moi valente
A clase de terceiro agasallounos hoxe co seu primeiro contaconto colectivo. Escolleron unha obra moi divertida, un conto rimado que xa é un clásico da literatura infantil: A aventura sorprendente dun homiño moi valente de Hans Traxler.
Que gusto escoitalos a todos eles/as! Que ben o fixeron! E que gusto tamén, poder ver as ilustracións en pantalla grande para poder seguir o conto.
Noraboa terceiro, teredes que ir pensando noutro conto para o segundo trimestre.
















Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-12-2012 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar 2012

Xa levamos unha semana de exposición. Un ano máis a praza central de Educaldea énchese de libros, de novidades cedidas en depósito por editoriais amigas: Anaya, Galaxia, Xerais, SM, OQO, Kalandraka, Oxford, El Patito Editorial, Embora, Baía, Edelvives, Toxosoutos, Faktoria K e Biblos.
Este ano pedimos que nos enviaran moita banda deseñada porque é o tema central da nosa campaña deste curso e moitos de vós queredes coñecer novos títulos e autores dun xénero que vos encanta pero que non é tan habitual nas librerías da nosa zona.
Temos libros de todo tipo, para todos os gustos, agora só queda escoller, polo menos un, e pedilo na casa e na biblio, porque xa sabedes que a BBS contará coas vosas suxestións para adquirir novos títulos despois do Nadal.
Aínda temos toda esta semana para explorar a exposición, traede ás vosas familias, xa sabedes que tamén abrimos polas tardes.


Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-12-2012 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Quen lle ten medo á bruxa Aturuxa?

Xa vedes o moitísimo medo que lle teñen os de 3º e 4º á bruxa Aturuxa, e iso que despregou para nós todas as súas malas artes, as moscas, as beberaxes, os libros de meigallos...
O mércores pasado a bruxa Aturuxa estivo cos nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo contándonos unha historia de medo que nos fixo rir a esgalla.
A tal Aturuxa tiña un parecido enorme cunha das actrices de Airiños, unha tal Merchi Rodríguez Pimentel, senón fora porque sabemos que no cadro artístico de Airiños non admiten bruxas, ata diriamos que eran a mesma persoa.
Grazas Aturuxa por ser tan terroríficamente divertida. Volve cando queiras, na BBS gústanos moito as bruxas coma ti.


Comentarios (10) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-12-2012 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
O meu avó Carmelo

Irene, Diana e Helena tiveron que esperar a que tod@s visen o diploma recén chegado de Madrid e a que nos fotografaramos con el para empezar co seu contacontos. Pero despois mantiveron a emoción que se respiraba na BBS cunha historia moi fermosa sobre a infancia, as lembranzas e a importancia que nas nosas vidas teñen os avós, e as avoas claro, esas persoas que nos axudan con agarimo a descubrir o mundo. "O meu avó Carmelo" é un emotivo relato con texto e ilustracións de Dani Torrent, publicado na colección Maremar de Kalandraka, que nos gustou moito e nos deixou con ganas de ir correndo a darlle unha aperta aos nos@s maiores.








Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-12-2012 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Os premios ás bibliotecas galegas na TVG

Así se recolleu na TVG a entrega dos premios ás bibliotecas galegas. Viñeron por sorpresa á BBS.

Para ver a reportaxe no telexornal do mediodía preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Na casa!

O martes no recreo antes de empezar o conto co noso diploma xa na BBS.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
En Madrid

Os representantes das seis bibliotecas galegas premiadas co Conselleiro de Educación, o Director Xeral de centros e a Subdirectora de Cooperación Territorial.







Na Biblioteca Nacional, a punto de recoller o noso premio.





Xa está, xa o temos!
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Aquí está o noso diploma!

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas