biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abre a porta
Un ano máis chegado o mes de decembro animámonos a recomendarvos libros, películas e música para o tempo de lecer.
Ao longo do curso sacamos varios trípticos de recomendacións pero este é especial, pois nel participamos as bibliotecas de moitos centros de Rianxo e tamén a Biblioteca Pública Municipal. A nosa mensaxe común é clara:

Abre a porta da maxia, da aventura e da imaxinación. Está na túa man. Le!


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-12-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Para agasallar
Un ano máis a praza maior de Educaldea encheuse de libros grazas á colaboración de moitas editoriais amigas: Kalandraka, OQO, Everest, Tambre, Xerais, Galaxia, Anaya, Baía, A Nosa Terra, Sotelo Blanco, Embora, Toxosoutos, SM, Oxford, Macmillan e Alfaguara. GRAZAS a todas elas!
Tivemos a oportunidade de follear e escoller os libros que máis nos gustaban para agasallar e para quedar na nosa biblioteca e pouco a pouco as nosas preferencias quedaron expostas en forma de paletas de pintor/a no taboleiro da entrada.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-12-2010 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cando martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis
Que sería dun Nadal sen Martiño e a súa aventura da noite de Reis?
Este libro é para tod@ @ usuari@s da BBS o favorito entre os contos de Nadal.
Amanda e María tiveronno claro cando descubriron que o seu era o último contacontos do trimestre:
- Martiño, quen senón?





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-12-2010 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar 2010

Comentarios (5) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-12-2010 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Contando contos
Desi, Irene e Carlota nun recreo calquera, as tres soas sentadas no espazo dos contacontos, cunha cadeiriña colocada cara ao público e contandose contos entre elas por turnos.
Gustounos tanto velas así que corremos a pola cámara; mágoa que non pillaramos a Desi en acción, ela tamén é unha contadora de primeira.
Graciñas ás tres por este agasallo! Non sabedes ben canto nos gustou!







Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-12-2010 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
A voda do Galo Pinto
E case tivemos voda na biblioteca!
Había noivos, convidados, agasallos... e o fundamental: estaban Alba, Irene, Alexandra e Marta para contarnos como foi o conto. Por sorte ao final non houbo voda, porque menuda prenda que che era o Galo Pinto!
Pero, se de verdade queredes saber como foi o conto e non estivestes na biblio, non o dubidedes, buscade este libro:
A voda do Galo Pinto de Juan Belmontes e Natalie Pudalov, publicado por OQO.






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 10-12-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Celtic Roots
Está a piques de saír, aínda non o temos na nosa biblio, pero o que poidemos ler e escoitar sobre este traballo xa nos gusta e por iso agardámolo con ganas.

"Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo."
Presentación na páxina Celtic Roots.

Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.



Que vos parece?
Comentarios (4) - Categoría: Novidades - Publicado o 09-12-2010 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
O zoo de Xaquín
Astrid, Lía , María e Tania fixéronnos botar unhas risas con este zoo tan especial. "O zoo de Xoquín" de Pablo Bernasconi non é un libro para os amantes dos animais, ou sí. É un libro no que todo se recicla con moitísima imaxinación e humore no que hai animais, un tanto especiais. Case seguro que ao lelo ou ao escoitalo terás un sorriso na cara, coma nos pasou a tod@s nesta sesión de contacontos.





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-12-2010 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
O exército de ovellas
Isaac e Ainara escolleron a Breogán e Don Quixote para a súa sesión de contacontos. O exército de ovellas de Anxo Fariña, publicado en A Nosa Terra, é unha das aventuras máis divertidas de Breogán, o neno que coas súas sonecas nos vai achegando ás aventuras do Quixote. Xa sabedes, na biblioteca podedes atopar toda a colección.








Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-12-2010 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas