biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 de novembro: O libro dos porcos
Na BBS conmemoramos o Día contra a violencia de xénero apostando, como cada día, pola cultura e a lectura, porque cremos que ambas contribúen á eliminación do que é un dos graves problemas da nosa sociedade.
Andrea, Fátima, Iria, Jorge, Laura e Noelia leron nos contacontos do recreo O libro dos porcos de Anthony Browne e remataron o conto preguntándonos:
E vós, sodes uns porcos?
Porque é responsabilidade de tod@s nós facer que o mundo cambie día a día.
Graciñas aos seis por contarnos tan ben un conto que nos dá que pensar. Tod@s deberiamos lelo... e aprender del.







Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2014 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Dereitos da infancia
O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. A semana pasada en todas as clases traballamos sobre o significado deses dereitos e sobre a situación da infancia no mundo.
O equipo das TICs e o equipo de actividades extraescolares e complementarias elaboraron unhas presentacións nas que vós, os nenos e nenas do Brea Segade, sodes protagonistas. O propio día 20 en todas as clases vimos as presentacións coa axuda do alumnado de 4ºB e despois cada neno/a recibiu un tríptico cos Dereitos da Infancia. Aquí tedes as presentacións (unha co alumnado de 1º,2º e 3º e outra cos de 4º, 5º e 6º) para que poidades volver velas e non perder detalle.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2014 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando

As Mochilas viaxeiras continúan viaxando. Aquí as vedes cos novos afortunad@s e os axudantes que botaron unha man a revisalas e entregalas.
Boas lecturas: Alexia, Marta, Antía, Eloy, Hugo Manuel e Irene.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-11-2014 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Por que te quero tanto?
Nereida e Rodrígo foron os contadores desta semana. Foi a súa primeira experiencia nos recreos da BBS e fixéronno de marabilla. Escolleron Por que te quero tanto! de Guido Van Ganachten, un clásico na BBS e en moitas das vosas casas, tan tenro que ao acabar de eleo tod@s nos sentimos mellor.

Graciñas Nereida e Rodrigo!
Contamos con vós para outro conto neste curso.








Preparad@s para anunciar o conto
















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-11-2014 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Rita
Laura, Noelia, Sandra e Ainara foron as contadoras desta semana. Escolleron unha historia que nos fala do valor da amistade e a solidariedade, pero tamén da importancia da prudencia, incluso para os que son aventureir@s e intrépid@s como a protagonista do conto.

Rita de Rachel Chaundler e Bernardo Carvalho é unha historia divertida, ilustrada con cores brillantes e alegres e cunha protagonista que nos gusta desde a primeira páxina.


Graciñas contadoras, fixéstelo moi ben!






Hoxe no recreo... RITA








Listo!  

Comentarios (8) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-11-2014 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
A Serea da Illa Negra



Dúas nenas son as protagonistas dos dous relatos que inclúe este libro. Sara e Branca viven aventuras emocionantes, enfróntase a perigos e retos que teñen que intentar superar para devolver a tranquilidade e a paz ás súas terras.
Aventura, intriga, misterio e contos marabillosos que estamos a gozar nos clubs de lectura da BBS coa lectura de A Serea da Illa Negra de Agustín Fernández Paz.
Comentarios (5) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 13-11-2014 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Vouvos papar
Un neno e unha nena viven a súa maior aventura ao seren papados por un ordenador.
Como é isto posible? Que lles agarda dentro dos seus ordenadores?
Emoción, misterio e aventura fantástica nesta novela escrita a catro mans.


Nos clubs de lectura da BBS estamos intentando que non nos papen, pero o certo é que Vouvos papar de Pere Tobaruela e Luz Méndez conseguiu "paparnos" por completo e engancharnos ata o final.
Comentarios (3) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 13-11-2014 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas


A Asesoría de bibliotecas escolares convídanos a participar na celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Esta campaña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor a relación entre ciencia, bibliotecas e lingua galega e incide especialmente na importancia de facer ciencia na nosa lingua e de consolidar as bibliotecas como centros de recursos tamén para a ciencia e a tecnoloxía, en galego.
A campaña conta cun manifesto escrito polo profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo e unha escolma de recursos dixitais en galego relacionados coa ciencia, elaborada pola Asesoría de bibliotecas.


MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO

MATERIAIS MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


No Brea Segade aceptamos o convite!

Tradición oral e ciencia en galego vannos ter atarefados polo menos no mes de novembro. Seguro que recuncamos e seguimos con estes temas moito máis tempo.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 12-11-2014 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro, mes da tradición oral

http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/




A primeira semana de novembro conmemórase, no Calendario das Letras, a literatura de tradición oral. Este curso no Brea Segade celebraremos o mes da tradición oral, que moi posiblemente se estendera ata xuño, pois contamos cun material recollido no noso municipio que ten un inmenso valor literario e un grande potencial educativo. Consiste nun extenso repertorio de coplas de Rianxo recollidas e catalogadas grazas á colaboración da Aula de Música do Brea Segade, a Aula de Música da UNED Senior de Rianxo, o Equipo de Dinamización Lingüística do Brea Segade e a BBS. Queremos destacar a riqueza do propio material literario, patrimonio das xentes de Rianxo, pero tamén a riqueza da experiencia de colaboración entre o colexio e a aula da UNED Senior, o futuro e a raíz da nosa tradición oral e da nosa lingua.
Presentámosvos o blogue no que se recolle o patrimonio literario e tamén se irán incorporando as unidades didácticas e recursos educativos que vaiamos elaborando para empregar nas aulas: Literatura patrimonial de Rianxo.


Agardamos que vos guste e vos emocione tanto coma a nós.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 11-11-2014 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Parte do equipo de biblioteca asistiu esta fin de semana ás V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha desas citas que fai que voltemos coas baterías recargadas, o depósito de ilusión e ideas a tope e o noso compromiso coa lectura, a cultura, a información e as bibliotecas renovado.
As xornadas, organizadas pola Asesoría de bibliotecas escolares e o Centro Autonómico de Formación do profesorado (CAFI), déronnos a oportunidade de escoitar a expert@s, referentes en bibliotecas escolares, literatura infantil e xuvenil e divulgación matemática, documentación e alfabetizacións múltiples, como son Mónica Baró, Ricardo Gómez, Javier Guallar e José Manuel Pérez Tornero. Pero as xornadas tamén nos permiten coñecer de primeira man experiencias interesantísimas que se están a desenvolver noutras bibliotecas escolares galegas e compartir e intercambiar ideas e proxectos con outros/as compañeiros enganchad@s, coma nós, ás bibliotecas.
Desde a BBS queremos dar a noraboa á organización das xornadas e agradecer que, un ano máis, apostaran por unha formación de calidade, que contribúa a fortalecer e consolidar o modelo de bibliotecas escolares que desde hai anos se está a construir en moitos centros galegos e que xa deu froitos en forma de valiosas e innovadoras experiencias educativas.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2014 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
De viaxe!

As Mochilas viaxeiras da BBS xa están de viaxe. Comezaron hai tres semanas e xa están nas segundas casas, levando un anaquiño da BBS ata tod@s vós.


Aquí tedes aos primeiros afortunad@s e aos axudantes que nos están botando unha man coas Mochilas. Lembrade estar atent@s aos resultados dos sorteos para ver cando vos toca.




Mochilas para Froilán, Uxía, Héctor, Nico, Ainara, César e Nerea




Mochilas para Sabela, Santi, Alba, Brais, Raúl, Rubén e Xabi

Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-11-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 3
Mario, Uxía, Gloria e Ana forn os axudantes da biblio a semana pasada. Aquí os tedes botando unha man en case todo. Bo traballo!





Preparando exposicións









Emprestando ás titorías




Selando e etiquetando novidades




Forrando novidades




No sorteo das Mochilas Viaxeiras




Repoñendo fondos aos andeis

Comentarios (1) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2014 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Nicomedes o pelado
Helena e Carla fixéronnos botar unhas risas con Nicomedes o pelado de Pinto & Chinto. Nicomedes é un texto sinxelo pero moi imaxinativo e ten unhas ilustracións sorprendentes e divertidas. Pinto & Chinto volven agasallarnos cun conto que non vos podedes perder.
Clicade no enlace para ver outros títulos destes autores na nosa biblioteca.

Máis títulos de Chinto & Pinto na BBS.

Graciñas contadoras por traernos a Nicomedes á biblioteca e polo ben que nolo contastes!







Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 10-11-2014 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín no Brea Segade






No Samaín comezamos entrando na escola polo tunel do terror e ao pouco, cando creramos que nos recuperaramos do susto, quedamos sen luz e tivemos que superar unha chea de "probas terroríficas" para recuperala. Samaín, luz, escuridade... que boa combinación!


Aquí tedes enlazados algúns dos blogues do cole para relembrar o día do Samaín no Brea Segade.

CEP Brea Segade

Educaldea
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Indo para o Samaín
Na última semana de outubro tivemos unha función de teatro nos contacontos do recreo da BBS. Os rapaces e rapazas de quinto prepararon para todos nós "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña. Foi o anticipo da tremenda festaza do xoves 30.

Se queredes volver ver a obra ou se vola perdestes podedes ver un vídeo no blogue de aula de 5º: Cangrexeiros na arañeira.


Grazas 5º por traer teatro á BBS!








Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-11-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas