biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Continúan viaxando

Desta vez cara ás casas de Santi, Laura, Ruth, Nico, César, Pedro e Alicia.
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-11-2013 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un can e un gato
Atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar. Ben poderían ser dous nen@s pero esta é a historia dun can e un gato, dous amigos que rifan pero que seguen a ser amigos, como tantas e tantas veces pasa entre nen@s.
Desi e Irene contáronos Un can e un gato de Paula Carbonell & Chené Gómez, un conto con sinxelas e expresivas ilustracións que van estupendamente con esta historia da vida cotián coa que é doado sentirse identificad@. Quen non rifou algunha vez cun amigo/a? E quen non tardou menos de dez minutos en facer as paces?






Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-11-2013 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Aí vén o Cocón!

Estes días andamos coa biblioteca chea de fadas, codíns, cocóns, diaños, demos e un montón máis de seres mitolóxicos. As culpables son tres fadas que se nos fan ben coñecidas na BBS: Alicia, Amanda e María e un armadanzas que tamén é da casa: Vilariño.
El, que foi profesor no Brea Segade e agora é un dos profes de galego do IES Félix Muriel, coordinou o traballo do alumnado de 1º e 2º da ESO sobre os seres da mitoloxía galega e elas, que participaron nel e son antigas alumnas do noso cole, prestáronse para vir a compartilo con nós. O mércores pasado estiveron co alumnado de 3º e 4º e esta semana estarán co de 5º e 6º. Impresionante traballo de documentación e recreación dun montón de personaxes, algúns moi coñecidos e outros completamente descoñecidos para moitos de vós.

Grazas, Alicia, Amanda, María e Vilariño por vir á BBS a aprendernos tantas cousas sobre os seres da nosa mitoloxía. Noraboa a todo o alumnado e profesorado que participou no proxecto e grazas por contribuír a manter viva unha parte importante da nosa cultura.

Aquí tedes o enlace ao traballo na páxina de galego de 1º e 2º da ESO do IES Félix Muriel.


Aí vén o Cocón


Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 19-11-2013 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os Gardiáns dos Libros: Atrapasoños



Os Gardiáns e Gardiás dos Libros viaxan ao mundo dos soños neste o seu segundo libro, acompañando a un rapaz que vai en busca dunhas bólas máxicas coas que solucionar os seus problemas no mundo real.

Para saber máis sobre Milan, o autor de Atrapasoños, entrade na súa ficha na editorial Kalandraka.
MILAN

Comentarios (3) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-11-2013 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
O Pozo dos libros: A encontadora
Xa estamos a ler o noso segundo libro!
Pasamos a unha escritora galega que nos ofrece un relato realista cun toque de maxia, moi diferente da historia de Matilda que vimos de ler. A Encontadora de An Alfaya achéganos ao mundo dos maiores da man dunha nena que está a coñecer ao seu propio avó.


Para saber máis sobre An Alfaya entrade:
- Na súa páxina na Galipedia

- Na súa páxina da Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil (BLIX)
Comentarios (4) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-11-2013 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Pilú Pilú!
Algo ten este conto que nos fai sorrir. Riron as contadoras: Sandra, Ruth, Rocío e Ainara e rimos o público escoitándoas.
Pilú Pilú! de Susanna Isern e Katharina Sieg é unha historia sobre a inocencia, a confianza, a bondade, a cooperación e a amistade. Un conto que nos convida a imaxinar un mundo mellor, máis amable e solidario. Oxalá escoitaramos Pilú, Pilú ao noso redor con moita máis frecuencia. Boa escolla, contadoras!


Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-11-2013 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: xoves

Aquí están por fin! Ana, Borja, Lorenzo e Iván son os axudantes dos xoves, pero aínda non se estrearan porque no mes de outubro a BBS non abriu ningún xoves entre saídas, clubs e conmemoracións. Incrible!
Pero, como vedes, compensaron os xoves perdidos e rápidamente puxeron mans... aos libros.
Comentarios (1) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas para...

Uxía, Marcos, Mateo, Noelia, Aitor, Xavier e Carla. Boas lecturas!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-11-2013 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Rapuncel
Paula, Uxía e Gloria escolleron un clásico dos irmáns Grimm para contarnos no recreo, pero nunha versión renovada de Iratxe López de Munáin. Trátase de Rapuncel, a historia da moza coas trenzas máis famosas da literatura infantil, que quería medrar e ser libre. Nesta versión quen mantén presa a Rapuncel é unha poderosa meiga que cultiva no seu xardín os rapuncios, unhas hortalizas de flores azuis, con propiedades curativas.
Sempre nos gusta voltar aos clásicos e ver que non perden a súa maxia, e máis cando o facemos da man de tres boas contadoras.


Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-11-2013 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Outono de libros tamén para as familias
Aquí tedes os libros da BPM Castelao que están á disposición dos adult@s na BBS durante o que resta do trimestre. Animádevos a coller prestado algún título e gozar dun "outono de libros".


From Tríptico familias novembro



From Tríptico familias novembro
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 04-11-2013 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Para sementar coa BBS
Aquí está o noso convite ás familias para comezar a participar nas actividades da BBS neste curso.

Familias BBS 2013-2014

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 04-11-2013 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
...Agroman palabras


E tras un mes sementando e coidando, comezaron a agromar...








Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2013 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Velliñas
Noelia, Fátima e Marta trouxeron á BBS un conto cheo de encanto e de maxia, que xa nos contara Charo Pita cando veu visitarnos, pero que nos sigue gustando moito cada vez que a escoitamos e o lemos.Velliñas de Charo Pita e Fátima Alonso é unha historia sobre a vellez, a amistade, a maxia e a superación. Convídanos a gozar do día a día e a valorar o que temos por pouco que sexa.
E nós empezamos gozando de tres boas contadoras e un bo conto.

Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 02-11-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas