biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O extraño caso da morte de lady Saraiba

E a outra oferta teatral desta fin de semana está dirixida a público familiar e ten un valor especial pois se trata dunha obra escrita e representada polos nenos e nenas do Grupo de teatro Airiños. E é que en Rianxo hai unha boa canteira teatral, como non, oitenta anos de teatro amador teñense que notar.
O extraño caso da morte de lady Saraiba (e as que viñeron despois) é unha divertidísima obra policíaca que seguro que vos vai encantar. Non deixedes de ir.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Shakespeare para ignorantes

Esta fin de semana non hai disculpa para non ir ao teatro en Rianxo. Hoxe venres, ás 21:00 horas Mofa e Befa e Quico Cadaval estarán no Auditorio cunha obra que tivo unha boísima acollida entre o público e a crítica e que, nestes tempos tan difíciles para as iniciativas culturais, segue a representarse pese a levar xa dous anos en cartel e percorrendo Galicia. Unha oportunidade de ver bo teatro "na casa" que non nos podemos perder. Nesta ocasión mandade aos grandes da vosa casa, vós agardade á proposta do sábado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2012 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Un conto cheo de lobos
Esta semana tivemos a sorte de poder recibir na nosa biblioteca manchas e tamén lobos esfameados pero, no fondo, non moi malvados. Carlota, Uxía e Ana contáronos hoxe Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga e Roger Olmos. Lobos de todo tipo e de todos os contos saltan de páxina en páxina neste libro para buscar comida e cando xa están a punto de papala... remata a historia cun orixinal desenlace.
Divertida homenaxe a eses lobos que tantos contos populares protagonizan, sempre sendo moi, moi malos. E seguimos incorporando novas contadoras, que ben!









Comentarios (11) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-11-2012 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Moncho e a mancha
Nunca unha mancha foi tan divertida nin deu tanto que pensar como a mancha protagonista da obra de Kiko Da Silva, Moncho e a mancha. Porque Moncho é o protagonista humano, pero a mancha tamén ten moita importancia nesta divertida historia que Silvia, Andrea e Patri trouxeron aos nosos contacontos. Moito nos gustan na BBS Moncho,a súa mancha e as obras de Kiko Da Silva! E moitos nos gusta tamén ver caras novas entre @s contadores e escoitar o ben que o fan.








Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-11-2012 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Andrés
Esta semana tivemos o primeiro dos contacontos das familias deste curso. Andrés, o pai de Ruth, achegouse nun recreo para contarnos a historia dunha muller moi especial. Escolleu un libro que a el lle gusta moito e que quería compartir con nós: "Wangari y los árboles de la paz" de Jeanette Winter, publicado pola editorial Ekaré. É unha historia verdadeira, a historia de Wangari Maathai, unha muller que recibiu o Nobel da Paz pola súa loita para recuperar a natureza, pola súa fortaleza e o seu compromiso coa súa terra e coas mulleres.
Grazas Andrés por participar nos nosos recreos lectores e polo conto tan fermoso que escolliches.





Para seguir aprendendo con Wangari clicade neste enlace da páxina Actividades LIM. Atoparedes un paquete de actividades sobre esta obra que vos recomendamos porque está moi ben elaborado e é realmente bo.
Comentarios (5) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-11-2012 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
NORABOA AIRIÑOS!

O grupo de teatro Airiños de Asados recibiu o Premio da Cultura Galega 2012 na modalidade de Artes Escénicas!

Parabéns, Airiños, por este recoñecemento a case 80 anos de paixón polo teatro, alimentada e coidada con esmero desde a parroquia de Asados. Grazas Airiños por tantos anos de bo traballo, polo voso compromiso coa lingua e coa cultura propias, polo vosa implicación en todas as iniciativas culturais do noso municipio, por facernos gozar tanto co teatro...
Permitídenos que desde a BBS enviemos unha aperta e un bico especiais para Tino, militante activo do bo facer en Airiños e no CEP Brea Segade. Noraboa, Tino!
Longa vida a Airiños!


Lede a nova en Certo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2012 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Baleadas
Mañá imos toda a escola ao teatro. Co que nos gusta o teatro! A compañía Traspediante estará no Auditorio de Rianxo coa súa obra Baleadas. É un espectáculo tridimensional no que se empregan a pintura, a música e a danza para dar vida a poemas do libro Balea2 de Estevo Creus. Para saber máis sobre a obra clicade neste enlace
.
E para saber máis sobre o poemario de Estevo Creus neste.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2012 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Nin rico nin pobre (senón todo o contrario)

Que cara tan coñecida! Sabedes quen é?

Hoxe ás 21:00 horas hai teatro no Auditorio de Rianxo. Sempre nos gusta ir ao teatro e neste caso moito máis. Trátase da nova obra do Cadro artístico Airiños de Asados, así que temos moitos caras coñecidas e moitos amigos e maigas entre os actores e actrices. A obra é moi divertida e os de Airiños, unha vez máis, fan un traballo fantástico. Non deixedes de ir e de paso a ver se entre tod@s acabamos de descubrir de que nos soa esa cara do actor protagonista.


Enlazamos aquí a reportaxe fotográfica que o xornal virtual Certo publicou sobre a estrea da obra de Airiños.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con Andrea Bayer

Este sábado ás 12 da mañá na Biblioteca Pública Municipal Castelao haberá unha sesión de contos con Andrea Bayer de Baobab Teatro. Non vola perdades!
Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 16-11-2012 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
A noite das mudanzas
Menudo lío trouxeron hoxe á biblio Astrid, Eva, Tania e Lía!
A noite das mudanzas de Pep Bruno & Lucie Müllerová é unha divertida historia publicada por OQO, cuns animais e un granxeiro coma protagonistas, que transcurre nunha noite na que todo parecía estar ao revés.
Non deixedes de preguntar por este libro na biblioteca se vos gustan os animais, as ilustracións divertidas e as historias disparatadas.









Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-11-2012 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER
Os días 9 e 10 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia ás que asistimos algúns membros do equipo de biblioteca. As xornadas son para nós unha oportunidade única de escoitar e aprender dalgúns dos profesionais máis prestixiosos do mundo das bibliotecas e da educación e tamén de compartir experiencias con outros profes de toda Galicia, que coma nós, están "enganchad@s" coas bibliotecas escolares.
Nesta ocasión as xornadas centráronse na importancia da lectura crítica dos medios de comunicación e no papel da biblioteca escolar na difusión e democratización das fontes de información e aprendizaxe en distintos soportes e formatos, que hoxe en día resultan imprescindibles na formación do noso alumnado. Tivemos a posibilidade de escoitar e quedar impresionadas coas charlas de Fabio Tropea, Tíscar Lara e Luis González e tamén de aprender das experiencias doutros centros educativos coa banda deseñada, a radio, a prensa, o vídeo, as montaxes audiovisuais...
Estades avisad@s, vimos coas pilas cargadas, un montón de ideas na cabeza e moitas ganas de seguir traballando arreo na nosa BBS.
Graciñas ás organizadoras e colaboradores destas xornadas que fixeron posible, un ano máis, que continuemos formándonos e ilusionándonos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2012 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
BBS para as familias
Familias BBS 2012-2013
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2012 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Préstamo de libros para adult@s
Tras a boa acollida que tivo o curso pasado o préstamo de libros para adult@s cedidos pola Biblioteca Pública Municipal Castelao, ofertamos un novo feixe de lecturas que esperamos pasen pouco tempo na biblioteca e moito nas vosas casas.
Animádevos escoller un dos títulos que vos presentamos no tríptico. Podedes pasar pola BBS para solicitar o préstamo ou ben pedirlle aos vosos fillos/as que o fagan nun recreo.

Boas lecturas de outono!





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-11-2012 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
A figueira de Pelostortos
Nesta semana na que aínda temos cerquiña o Samaín, celebramos o Magosto e podemos ver a exposición de froitos de outonos na escola, Aitana, Rocio e Paula escolleron un conto moi acaído. A figueira de Pelos tortos fala de figos, de fantasmas, de almas do máis alá e de bromas. Non é a primeira vez que Pelostortos está nos contacontos do recreo, nin será a última porque é un conto que nos gusta moito e que non nos cansamos de dramatizar, de ler, de escoitar...
E ademais está foi a primeira vez que Aitana, Rocio e Paula eran contadoras na BBS. Como nos gustou e que ben o fixestes!







Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-11-2012 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes dos mércores






Raúl, Jessi, Carla e Alicia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2012 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas