biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Jan estivo alí
Jan estivo alí seduciunos o curso pasado cando preparamos a visita de Xosé Antonio Neira Cruz. Jan e Xosé Antonio , son en boa medida, os "culpables" de que este curso esteamos a traballar sobre a pintura na nosa escola. Marcos e Lucas quixeron traer de novo á nosa biblioteca este libro que nos encanta.








Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-11-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
O neno que aprendeu a voar
Aida e Alba recuperaron para nós un libro que xa leva tempo na nosa biblioteca e que nos segue gustando pola historia que conta e polas fermosas ilustracións. O neno que aprendeu a voar escrito por Alexandre Honrado, ilustrado por José Miguel Ribeiro e publicado en Kalandraka, fálanos da relación especial entre netos e avós e do importante que é crer nun ou nunha mesma para chegar a conseguir os nosos soños. Unha boa combinación!





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-11-2010 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
A cabana na árbore
A cabana dos libros tamén está a ler o seu primeiro título deste curso. Dubidaron un pouco entre os libros propostos pero finalmente acordaron que era boa idea comezar pola obra que inspirara o nome do seu club.
A cabana na árbore tamén é unha das proposta deste curso que máis aceptación tivo, porque, quen non soñou algunha vez con ter unha cabana nunha árbore? E cant@s chegaron a tela?

Guillerme e Xurxo están ilusionados porque o seu pai está a construírlles unha cabana no xardín. Cando a penas empezou ten que marchar ao estranxeiro. Xurxo monta en cólera, pero o pai promete enviarlles todos os meses un paquete con algo para a cabana. Isto obrígaos a imaxinar que utilidade porde ter o recibido, a instalo e a incorporalo tanto á súa vida real coma aos seus xogos fantásticos.

A autora da cabana, Gillian Cross tamén ten un blogue e é unha coñecida escritora británica de literatura infantil e xuvenil. Visitade a súa páxina e de paso poñede en práctica os vosos coñecementos de inglés.

Aquí temos á Cabana dos libros coas súas carpetas novas e os seus libros aguantando as ganas de empezar a ler.


Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 09-11-2010 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Marcos Mostaza
Os Clubs xa comezaron a ler os primeiros libros deste curso.
@s artistas lector@s escolleron Marcos Mostaza uno de Daniel Nesquens. Moito tivo que ver que Marcos estea neste club, pero é que ademais o argumento convida a ler:
Marcos Mostaza, un neno de case 10 anos é o protagonista dunha serie de novelas nas que se contan con moito humor historias da vida cotiá. Marcos, a súa familia, amigos e compañeiros de clase compartirán con nós os seus soños, desexos, amores... Pero sobre todo farannos rir coa súa maneira de ver a vida.


O que non sabíades é que Marcos Mostaza ten o seu propio blogue; entrade e coñecédeo mellor: Marcos Mostaza

E para saber máis sobre o autor, Daniel Nesquens, podedes visitar a súa entrada na Wikipedia e tamén ler unha entrevista publicada pola na Revista Babar.

Aquí están @s artistas lector@s coas súas carpetas e os seus libros, dispost@s a devoralos.


Comentarios (4) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 09-11-2010 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Quen fala?
Falaron Nuria e María e que ben o fixeron! Contáronnos unha historia sobre o corpo humano que nos fixo rir, sobre todo nalgunhas páxinas. Presentáronnos Quen fala? As partes do corpo opinan do escritor e ilustrador Taro Gorri, publicado por Faktoría K de libros. Atoparédelo nos andeis das novidades.







Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 07-11-2010 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas