biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.


PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES
























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fagamos pontes nas ondas...
fagamos pontes no ar
achéguemonos máis perto
Galiza e Portugal.
Ergamos as nosas voces,
fagamos pontes no ar
aquí mesmo do outro lado
do río está o meu amor.

No recreo do venres 23 a nosa voz chegou até o Miño.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro: Non á violencia contra as mulleres
Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .


CEIP Quintela-Moaña


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2007 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Máis perto

«Vendo-os assim tão pertinho
A Galiza mail'o Minho
são como dois namorados
Que o rio traz separados
Quase desde o nascimento!
Deixal-os, pois, namorar,
Já que os paes para casar
Lhes não dão consentimento».
Joao Verde

No recreo do venres 23 de novembro na nosa escola faremos unha cadea humana para sentirnos máis perto dos nenos e nenas portugueses e galegos que, coma nós, a media mañá faran unha ponte coas súas mans, el@s sí, sobre o río Miño. El@s e nós deixaremos que as nosas culturas namoren unha vez máis e sentirémonos máis perto de seren recoñecidos coma Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Unesco.
Temos unha nova oportunidade de que se recoñeza a riqueza da nosa tradición común e queremos xuntar as nosas mans para facer visible o compromiso da nosa escola co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que está presente nas nosas lecturas, nas nosas cancións , nas nosas celebracións, nos nosos xogos e enredos, na nosa fala... no día a día de Educaldea.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2007 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Algo moi importante vai pasar...
e xa comezou a conta atrás.
Mantédevos atent@s ao contador que está xusto enriba de Libriño.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2007 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
As Aventuras d@s Caranguexeir@s contra Lulo Pretonilo
Por fin colgamos no blogue as aventuras dos caranguexeir@s, protagonizadas e ilustradas polo alumnado do CEP Brea Segade.Con elas botamos a andar unha nova categoría que queremos coidar especialmente ao longo deste curso.

Comentarios (3) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 03-11-2007 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos na Biblioteca
No mes de outubro comezamos a programar contacontos nos recreos dos martes, como parte dunha campaña de dinamización da biblioteca e animación á lectura. Pensábamos que os membros da equipa de biblioteca teríamos que facer de contacontos máis ou menos improvisados mais a sorpresa foi que o alumnado se nos adiantou e comezaron a pedirnos recreos para montar as súas pequenas representacións.
Aquí tedes as imaxes dos contos de outubro. Para novembro máis.

Comentarios (5) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-11-2007 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas