biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sherlock Holmes
No mes de setembro todas as clases do colexio recibiron unha carta de Libriño pedindo axuda para investigar sobre uns personaxes que el non coñecía.
Este mércores os nenos e nenas de Primeiro e o seu profe presentáronnos o resultado da súa investigación sobre Sherlock Holmes.
Despois de semanas buscando pistas nos libros e na rede, vendo algunha película e recollendo información nas casas, compartiron con tod@s nós todo o que aprenderon, que foi moito.
Era a súa primeira presentación e a primeira vez que falaban diante "dos maiores" na biblioteca e fixéronno de marabilla. Organizaron dúa sesións para que puideramos escoitalos e velos mellor e tiveronnos a tod@s caladiños e coa boca aberta, deu gusto velos.
Noraboa Primeiro, encantounos!

Grazas por ensinarnos tantas cousas sobre Sherlock Holmes.




Aquí, nesta entrada do blogue dos Cangrexeiros na arañeira, podedes ver que pasou despois da presentación de Primeiro na clase de Sexto.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 31-10-2015 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Agora si!
Hoxe tivemos a primeira xuntanza con libros e ... biscoito! Agora si que xa podemos dar oficialmente por inaugurados os clubs de lectura da BBS. Xa o temos todo: mascotas, carpetas, calendario, libros, biscoito e moitas ganas de ler e falar do que lemos. Bo comezo!







As nosas mascotas








Podemos?











Podemos!




O material dos clubs




Membros, calendario




Información dos libros









Os detectives de Libriño




Os estoupalibros


As nosas lecturas para as vindeiras tres semanas.


Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-10-2015 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 2
Nova semana, novo grupo de axudantes!
Hoxe debutaron: Brais, Aitana, Paula, Uxía e Iago. Cos seus contratos lidos, asinados e selados comezaron a botar unha man, e ben que a botaron, por certo.






A ver este contrato




Asinamos!




Feito!




Xa somos axudantes






Repoñendo libros aos andeis



Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 26-10-2015 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa biblioteca
Este curso a nosa biblioteca presenta unha organización diferente con respecto a cursos pasados. Nas sesións de formación de usuari@s de comezos deste mes tod@s tivemos que aprender de novo a manexarnos na biblioteca e, polo que levamos visto nestas semanas, parece que o fixemos ben.
É a nosa axencia de investigación, a nosa base de exploracións, por iso é importante que a coñezamos ben. Aquí tedes o plano da BBS.




Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 26-10-2015 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Biblioteca escolar, base de exploracións



Imprescindible no mes de outubro e no Día da Biblioteca o cartel e lema que a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos propón cada curso para promover e orientar o traballo desenvolvido desde as bibliotecas escolares galegas.

Biblioteca escolar, base de exploracións é un convite a traballar coa información, a explorar a realidade que nos rodea desde diferentes ángulos,aproveitando os recursos ofertados pola biblioteca escolar e enriquecéndoos coas aportacións que xurdan do aprendido no proceso.

Na BBS aceptamos o convite con gusto e asumimos o reto de convertir a nosa axencia de investigación en base de moitas e variadas exploracións.

O fermosísimo cartel da campaña deste curso é obra do ilustrador galego Fran Bueno.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2015 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Onde perdeu Lúa a risa?
Onte os profes quixemos facervos un agasallo para celebrar o Día da Biblioteca e preparamos un conto que ten un toque de misterio, como a nosa biblioteca este curso: Onde perdeu Lúa a risa?

O resultado foi un conto dramatizado cun "toque de misterio e de humor". Esperamos que vos gustara; nós pasamolo moi ben e atopamos a risa de Lúa, as vosas e as nosas. :-)

Lembrade que agora vós tedes que resover un enigma, cada clase o seu. Agardamos as vosas solucións na BBS ao longo desta semana.








Onde perdeu Lúa a risa?




Grande expectación!




Os narrador@s








Lúa, Daniel e a súa nai






O gato








A vaca








A ra




O lobo entrando en escena













A curuxa




Aí vén a risa de Lúa




Xa está!




Apareceu!




A lúa no ceo tamén se ri






Bravo!






Agora sodes vós os que tedes que atopar respostas...



Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-10-2015 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
24 de outubro
Celebramos hoxe o Día da biblioteca e o facemos cun grande sorriso na cara e un feixe de ilusións e proxectos asomando pola porta da Biblioteca Brea Segade.
Neste día queremos dar os parabéns aos profes, ás familias e aos nenos e nenas do Brea Segade pola vosa implicación no proxecto da biblioteca e por facer a BBS mellor cada día.

GRACIÑAS!
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2015 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Por que é salgada a auga do mar?

Aquí tedes os actos que organiza a Biblioteca Pública Municipal Castelao para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro). Aproveitade para ver aos Quinquilláns, coñecer mellor a biblioteca municipal e visitar a exposición sobre o mar que teñen preparada.
Hoxe ás 19:00: Por que é salgada a auga do mar? cos Quinquilláns.
Non deixedes de achegarvos!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2015 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Lavinia Renata e Titiritesa
Hoxe comezamos a celebrar o Día da Biblioteca. Non puidemos facelo mellor! Tivemos a sorte de recibir a visita de Lavinia Renata, unha contadora elegantísima que chegou á BBS cunha maleta cargada de contos de princesas. Remexeu na súa maleta á busca dun conto para nós e finalmente escolleu Titiritesa de Xerardo Quintiá e Mauricio A.C. Quarello.
Entre burros, ogros, princesas,risas e sorpresas celebramos que nos gusta ler e que nos lean e nos gusta a nosa biblioteca, especialmente cando está chea de pequen@s e grandes gozando cun bo conto e unha boa contadora.



Grazas a tod@s os que viñestes pasar un anaquiño da tarde con nós.


Grazas Lavinia Renata, un bico grande desde a Biblioteca Brea Segade de Taragoña!


Comentarios (9) - Categoría: Familias - Publicado o 22-10-2015 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Convite ás familias
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 21-10-2015 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo Hermo gaña o premio Miguel Hernández
O poeta de Taragoña, Gonzalo Hermo, segue a recoller recoñecementos polo súa obra, nesta ocasión o premio nacional de poesía "Miguel Hernández" para autores menores de 31 anos.


Alédanos moitísimo este premio á obra dun poeta novo que escribe na nosa lingua e ten raíces en Taragoña.


Noraboa, Gonzalo!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2015 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Vacas na cidade?
Hoxe Iria e Andrea, dúas expertas contadoras de sexto, abriron os contacontos do recreo deste curso. E non nos encheron a biblioteca de vacas de todas as cores? Pois si, Vacas na cidade de An Alfaya foi o conto que escolleron.
Temos todo un curso para gozar contando e escoitando contos nos recreos da BBS. Animádevos a participar!











Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-10-2015 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 1
Xa temos ao primeiro grupo de axudantes en acción!
Comezaron lendo e asinando os seus contratos e de seguido:mans á obra! Aquí os tedes.





Lendo e asinando contratos




Cuñándoos




Patri revisando o seu contrato




Xa somos axudantes da BBS!




Clasificando libros devoltos




Repoñendo libros nos andeis

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 20-10-2015 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos clubs!

O venres pasado constituímos os Clubs de Lectura da BBS 2015-2016!


Xa están a funcionar dous clubs de lectura que teñen nome e están en proceso de creación e escolla das súas mascotas.
A semana que vén comezaremos co primeiro libro. Xa hai ganas, moitas ganas, de comezar a ler e a falar de libros!





Os detectives de Libriño




Os estoupalibros

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-10-2015 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Misterio na horta-Misterio na BBS
Rematamos a nosa primeira actividade de Formación de Usuari@s deste curso co paso das aulas de quinto pola biblioteca. Misterio na horta de Lawrence Schimel e Sara Rojo foi o conto que escollemos este curso como fío condutor da actividade. Na nosa biblio, igual que na horta de Xan apareceron pegadas misteriosas e cada clase tivo que resolver o misterio das pegadas e dos cambios na biblioteca coa axuda dun plano, das dotes de detectives e dos nosos coñecementos sobre a C.D.U. (clasificación decimal universal).

Aquí tedes aos de quinto investigando...






Buscando pistas









As pegadas





Seguindo o plano


















O plano coas pegadas misteriosas

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 19-10-2015 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas