biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"De luzada"

A celebración do Día da Biblioteca tivo un momento especialmente emocionante, escoitar ao alumnado de 5º e 6º interpretar "De luzada" de Jesús Frieiro "Pinciñas". "De luzada" xa é a "canción oficial" da campaña da BBS deste curso. Hoxe escenificamos na celebración do Día da Biblioteca o que queremos que sexa o noso proxecto: aprender, investigar, innovar, descubrir... neste caso sobre a luz, sen perder a referencia do que nos fai ser o que somos, as nosas orixes e a nosa cultura.
Aquí tedes a letra e a partitura do tema de Jesús Frieiro "Pinciñas". É fermosísismo, emociona escoitalo! Ide practicando para cantalo tod@s xuntos.
Grazas á Aula de Música por este novo agasallo para a BBS.









Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2014 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Biblioteca 2014





Hoxe na Hora de Ler celebramos tod@s xunt@s o Día da Biblioteca.
O venres 24 tamén fixemos, no Castro Barbudo, a nosa homenaxe ás Letras Rianxeiras, recitando a Xosé Mª Brea Segade e unha escolma das coplas rianxeiras de tradición oral coas que comezaremos a traballar en novembro, na Semana da Tradición Oral, e continuaremos... todo o curso.
No Brea Segade todos os días do ano son o Día da Biblioteca, porque cada actividade que realizamos na BBS é unha pequena festa da lectura e da cultura. Hoxe quixemos xuntarnos para reafirmar que nos gusta a nosa biblioteca, que estamos comprometid@s con ela e co seu proxecto e que queremos continuar gozando dela día a día.
Fixémolo como mellor sabemos, e como máis nos gusta: cantando, recitando, falando de contos, de libros, de maxia e da nosa cultura.









2º e 5º recitando "O Libro Máxico"




2º e 5º recitando "O Libro Máxico"




5º e 6º interpretando "De Luzada"






Para rematar, non podía ser doutro xeito, a BBS tiña para nós un agasallo, un pequeno faro para ir "a luzada das letras". Un marcapáxinas para as nosas axendas.








Feliz Día das Bibliotecas todo o ano!







A luzada das letras


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2014 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
No Castro Barbudo

Xa temos a reportaxe completa da subida ao Castro Barbudo no blogue de Educaldea.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2014 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Subida ao Castro Barbudo
Mañá venres todo o colexio subirá andando ao Castro Barbudo.Como xa é tradición no Brea Segade, o Equipo de Dinamización Lingüística promove a realización dunha andaina para pasar unha mañá xunt@s fóra das aulas, coñecernos mellor e coñecer mellor algún lugar de especial interese no noso municipio.
Aquí tedes o tríptico informativo elaborado polo equipo de Normalización para preparar a saída. Inclúe as coplas de tradición oral, recollidas en Rianxo, que recitaremos no Castro Barbudo. Coplas moi fermosas e de enorme valor porque forman parte da nosa tradición máis próxima e transmiten o saber e o ser dos nos@s maiores.


Clicando nas imaxes poderedes velas en grande.







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2014 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cen libros tolos
O club de lectura Cen libros tolos tamén ten mascotas e libro para comezar a ler: A Serea da Illa Negra de Agustín Fernández Paz. Misterio e aventura para ler no tempo do Samaín. Que teñades unha boa lectura para vós tamén, Cen libros tolos!












Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 23-10-2014 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Libroman




O club de lectura Libroman xa ten mascotas e o seu primeiro libro para ler: Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela.
Que teñades unha boa lectura e que non vos papen!





Comentarios (7) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 23-10-2014 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 2
Esta semana estreouse un novo grupo de axudantes e traballou duro. Aquí os tedes!






No calendario de uso dos ordenadores




Colocando as devolucións








Sorteando as Mochilas Viaxeiras



Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 23-10-2014 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
A rúa da Tixola
Na rúa da Tixola
un neno estaba chorando.
Aqueles choros
fixeron que o veciño de abaixo
se puxese
dun humor de raios.

Entón o veciño de abaixo
pegou un zapatazo no chan
e pisoulle o rabo ao gato.


Andrea, Iria e Noa leváronnos de paseo pola Rúa da Tixola. Un pequeno incidente é o punto de partida dunha divertida historia na que pequenos problemas parecen grandes traxedias, pero se van resolvendo de forma sinxela, coa axuda dos veciñ@s da rúa e tamén, dos contos.
A Rúa da Tixola é unha obra de Charo Pita e Massimiliano di Lauro, con divertidas ilustracións e un texto que nos convida a pensar sobre o doado que pode ser resolver pequenas traxedias.
Na BBS gustounos moito, moito o final. Graciñas contadoras por presentarnos unha das novidades da BBS.












Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-10-2014 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos!

Xa tivemos a primeira xuntanza dos clubs da BBS!
Estivemos revisando e seleccionando os títulos a ler este curso, escollendo os nomes dos nosos clubs e comezando a pensar nas mascotas. Temos moito que facer antes da vindeira xuntanza que será o xoves 23. Estamos en marcha!





Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-10-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 1
Os nov@s axudantes da BBS comezaron o seu labor esta semana. Este curso cada grupo colaborará na BBS todos os recreos dunha semana.
Aquí temos aos primeir@s, selando novidades.





Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 19-10-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Maruxa
Ana, Gloria e Paula escolleron Maruxa de Eva Mejuto & Mafalda Milhões para o seu primeiro conto deste curso.
Que boa escolla! E que boas contadoras estas rapazas de 6º!
Maruxa decide darlle unha lección ao seu home e convencelo con moita retranca de que o traballo da casa está mal repartido e ten que cambiar de actitude.
Canta faltiña nos fan contos coma este que desde o humor apostan por facer mellor o mundo no que vivimos.
Non deixedes de buscar a Maruxa na biblio.





Anunciando o conto














Gloria, Paula, Ana e Maruxa


Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 19-10-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
CLUBS DE LECTURA 2014-2015



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 13-10-2014 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos 2014-2015
Comezaron os contacontos do recreo deste curso!
Que responsabilidade para os primeir@s contador@s! Os recreos lectores da BBS levan xa un feixe de anos ofertándonos os mellores contos e contador@s. Cantos nervios, pero que ben o pasamos!
Escollemos, con toda a intención, un conto que fala da lúa e a súa luz: Arco da lúa de Txabi Arnal.
Agora tócavos a vós, grandes e pequen@s volver encher a BBS de contos e bos momentos.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-10-2014 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS 2014-2015

Aquí están os axudantes da Biblioteca Brea Segade deste curso cos seus contratos asinados e selados. Temos sete grupos que comezarán a colaborar na BBS desde o vindeiro luns.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 12-10-2014 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Arco da lúa

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-10-2014 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas