biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O día a día dunha biblioteca escolar
A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia agasallounos no Día da Biblioteca cunha sorpresa que agardabamos con ganas, o vídeo que viñeron gravar ao noso centro na primavera pasada. Forma parte dun conxunto de vídeos (nove en total) que pretenden mostrar a realidade das bibliotecas escolares galegas e unha escolma das interesantes experiencias e boas prácticas que nelas se están a desenvolver.
Veredes que non se incluiu todo o que se gravou naquel día de maio, tiveron que seleccionar para axustar os tempos, pero pensamos que o vídeo transmite unha parte importante do que é o proxecto da BBS.
Desde o equipo de biblioteca queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade escolar: profesorado, alumnado e familias pero non só na gravación do video, senón no día a día. E queremos agradecer tamén á Asesoría de Bibliotecas Escolares que contase coa Biblioteca Brea Segade.

Agardamos que vos guste.






Neste enlace da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia podedes ver todos vídeos sobre boas prácticas en bibliotecas escolares que se gravaron en centros que forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2013 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os Gardiáns dos Libros
Os Gardiáns e Gardiás dos Libros tamén recibiron o venres as carpetas con información sobre o club e sobre a súa primeira lectura: Ke-Tumba Ke-Tamba de Xerardo Quintiá. Empezarán cunha novela cargada de humor e que defende valores como a tolerancia e o respecto á diferenza.






























Para saber máis sobre Xerardo Quintiá podedes visitar:

- O centro de documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
AQUÍ

- A súa ficha na Biblioteca Virtual Galega. AQUÍ
Comentarios (10) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-10-2013 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
O Pozo dos Libros
Os membros do Pozo dos Libros xa teñen a súa primeira lectura e a súa carpeta coa información sobre o club e sobre a obra que escolleron para comezar. Lerán Matilda de Roald Dahl, unha boísima escolla que seguro nos vai encantar.
Aquí os tedes personalizando as carpetas do club.



















Para saber máis sobre Roald Dalh non deixedes de visitar:

- A súa entrada na Galipedia. AQUÍ

- A súa páxina oficial en inglés. AQUÍ
Comentarios (8) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-10-2013 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs de lectura da BBS 2013-2014
O Día da Biblioteca tamén foi o que escollemos para ter a segunda xuntanza dos clubs de lectura, esta vez xa con: nomes, mascotas, carpetas, libros, documentación sobre os libros e un doce para compartir. Que mellor que unha xuntanza dos clubs para festexar que nos gusta a Biblioteca Brea Segade!
Os clubs deste curso son: O Pozo dos Libros e Os Gardiáns dos Libros.



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-10-2013 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Biblioteca 2013
Este ano conmemoramos o Día da Biblioteca o venres 25 de outubro, aínda que o certo é que levamos todo o mes celebrando, día a día, que a BBS volve estar chea de vida, botando a andar todas as actividades de carácter anual que tan agardadas e queridas son por todos vos: Mochilas Viaxeiras, Contacontos, Clubs, Axudantes...
Este curso a clase de 3ºA preparou un poema musicado e dramatizado para todos nós e despois a BBS nos agasallou cuns marcapáxinas moi orixinais para animarnos a continuar sementando e desexando que agromen froitos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2013 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
As mochilas comezan viaxe!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-10-2013 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Sígueme

Desde primeira hora da mañá escoitamos na escola: Sígueme, sígueme! e claro non puidemos facer outra cousa. Seguindo, seguindo chegamos á biblioteca e alí Joel, Sergio, Carla, Dunia, Miguel e Paula contáronos unha historia de amor que non ten nada de raro e que ademais é moi fermosa: Sígueme de José Campanari & Roger Olmos.

Misterio e humor no texto e nas ilustracións, que están cargadas de detalles e que paga a pena observar amodiño. O elefante e a formiga desta historia xa están entre os personaxes favoritos da BBS. E os nosos expertos contadores e contadoras sábeno.




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-10-2013 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Pega no Livro
O pasado domingo a nosa biblioteca tivo a fortuna de ser o marco dun encontro dunha enorme riqueza. Membros dos clubes de lectura do colectivo Pega no Livro celebraron na Biblioteca Brea Segade o seu encontro anual. Falouse de libros en galego e en portugués, falouse de lecturas compartidas e dunha paixón compartida: a literatura.
A primeira hora da tarde Jose Luis do Pico Orjais falou sobre o seu libro, Cancioneiro Lusófono e sobre o disco Son de Rianxo que editamos na escola. Despois tivo lugar a xuntanza dos clubes para falar das lecturas xa realizadas e das que realizarán este curso. E á tardiña Xurxo Souto, Quico Cadaval e Carlos Quiroga presentaron o libro de autoría colectiva O cránio de Castelao publicado por Através Editora.

Todo un luxo para a nosa biblioteca!
Un enorme gusto dar acubillo nunha tarde de domingo a unha chea de lector@s e amantes da literatura.






Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-10-2013 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: venres

Irene, Kevin, Desi e Diego son os axudantes dos venres.
Diego débenos foto, xa o pillaremos :)
Comentarios (2) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 20-10-2013 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
En marcha!

Xa estamos un curso máis en marcha!
Temos dous clubs: trinta e dous rapaces e rapazas, dúas profes, moitas ganas de ler e de pasalo ben co que lemos, novos nomes, novas mascotas e moita ilusión. Agardaremos a venres para presentarvos mascotas e nomes pero aquí tedes xa as primeiras fotos dos:

CLUBS DE LECTURA DA BBS 2013-2014


Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-10-2013 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Pétala
Volveu aos recreos da BBS un conto que nos gusta moito polas ilustracións tan coloridas que ten e pola protagonista, loitadora e valente, que non se queda parada ante os problemas.Pétala é unha historia de Pep Bruno & Luciano Lozano, publicada por OQO que nos contaron Andrea, Laura Iria e Noa. Coma sempre, un gusto escoitalas!


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-10-2013 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: mércores

Paula, Carlota, Alba e Laura: axudantes os mércores.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 16-10-2013 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: martes

Álex, Paula, Uxía e Gloria, os nos@s axudantes dos martes.
Comentarios (1) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 16-10-2013 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
II Ramagem Literária Pega no livro

O vindeiro domingo 20 de outubro terá lugar en Rianxo o encontro de lectores do colectivo Pega no livro.
Pega no Livro é unha rede de clubes de lectura que queren promover a lectura e prioritariamente a lectura en portugués. Os clubes que forman parte desta rede inclúen na súa programación anual un libro en portugués.
A nosa escola acollerá boa parte dos actos do encontro, que é aberto á participación de tod@s @s lector@s que queiran sumarse. Estamos encantados de recibir aos compañeiros e compañeiras de Pega no Livro e de poder compartir con eles unha xornada de promoción da lectura e da literatura galega e portuguesa.

Se quededes participar ou recibir máis información enviade un correo ao seguinte enderezo:
peganolivro@gmail.com


Programa completo aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2013 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: luns

Carla, Nerea e Dunia estarán na BBS nos recreos dos luns. Hoxe, comezaron!
Comentarios (2) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 14-10-2013 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas