biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día da biblioteca
Hoxe celebramos o Día da Biblioteca como máis nos gusta, enchéndoa de vida, tod@s xuntos recitando, cantando e reafirmando o noso compromiso coa lectura e coa nosa cultura. Os versos de Xosé Mª Brea Segade volveron escoitarse na BBS. Que ben soan Rianxo e Señora Rosa nas vosas voces!
E para rematar, agasallo da BBS para todas as clases, este ano coa Banda Deseñada como tema: Mafalda, Garfield, Astérix, Golfiño, Lucky Luke e Trasmallo xa colgan das vosas mochilas ou estoxos. Porque no Brea Segade celebramos a nosa biblioteca todos os días:

Felices 365 Días da Biblioteca!


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Biblioteca escolar, acelerador de innovación

Un curso máis a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria editou un cartel para celebrar o mes da biblioteca escolar e o Día da Biblioteca. O lema é Biblioteca escolar, acelerador de innovación recollendo nel o sentir de tod@s os que cremos que a biblioteca escolar é un recurso fundamental nos procesos de ensino aprendizaxe de calidade.
Nesta ocasión deseñou o cartel o ilustrador galego Andrés Meixide.

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia publica no seu blogue un artigo no que recolle o porqué desta celebración e os cinco carteis e lemas que se utilizaron en Galicia nos últimos anos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Merlín
Na tarde do martes Morgana e Merlín visitaron a nosa biblioteca. Merlín viña un pouco despistado pero Morgana, que para iso é unha meiga, sabía perfectamente que non estaba na illa de Avalón, senón no Brea Segade, en Taragoña.
Viñeron convidarnos a asistir o sábado á obra Merlín que representará a súa compañía Os Quinquilláns no auditorio de Rianxo. Só foi un adianto, unha presentación do que nos agarda este sábado e xa quedamos coa boca aberta, botamos gargalladas, sorrimos e fixemos firme propósito de ir sábado. Algúns ata pensaron que xa nos representaran a obra toda de tan ben que o pasaron... Non, temos que ir sábado para vela enteira e coñecer ao resto dos personaxes e a historia completa.
Para ir facendo aínda máis boca entrade nesta páxina de Merlín, veredes que hai moita información, pasatempos, maxia...


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
A voda dos ratos
E os ratos casaron e foron felices! Pero antes tiveron que loitar contra moitísimos obstáculos, froito da forte oposición do pai da ratiña á voda. Dunia, Laura, Iria e Carla trouxeron aos martes lectores unha divertida historia de amor, cunhas ilustracións moi fermosas e cheas de detalles. A voda dos ratos de Margarita del Mazo e Lisa Kaser é outra das novidades da editorial OQO que podedes atopar na nosa biblioteca.







Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 24-10-2012 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Percorrido poético pola Taragoña de X.Mª Brea Segade

O pasado sábado, 20 de outubro, tivo lugar unha andaina poético musical polas terras nas que naceu e viviu Xosé Mª Brea Segade. Organizou a actividade a Plataforma Cultural Galega e colaboramos o Concello de Rianxo, o Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, o Centro Cultural Simón Varela de Asados e a Biblioteca Brea Segade.
Foi unha tarde emocionante na que un grupo de veciñ@s, escritores, estudosos de Brea e da historia do noso municipio, nen@s, profes, familias e antigos alumn@s compartimos camiño, poesía, música e memoria histórica. O tempo acompañounos agasallándonos cunha tarde case de verán, na que todos os lugares que percorriamos lucían aínda máis. Aprendemos sobre o poeta de Taragoña, sobre a parroquia e sobre as súas xentes da man de Xosé Agrelo e de Xosé Ramón Brea Rei. E tamén recitamos e cantamos.
Desde a BBS queremos dar a noraboa á Plataforma Cultural Galega, especialmente ao seu coordinador Xosé Agrelo, polos percorridos poéticos e agradecer que nos convidase a colaborar neste acto.
Queremos tamén dar as grazas ás familias por apoiar sempre as inciativas que vos propoñemos e por compartir con todos nós unha tarde de sábado.



Comentarios (3) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 22-10-2012 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes dos martes

Dunia, Iria e Alba.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2012 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
A vaca condesa
Antía e Carla encargáronse de presentarnos a unha vaca moi peculiar que nos fixo botar unhas risas e que seguro que vai ter moito éxito na nosa biblioteca. A vaca condesa de Juan Alfonso Belmontes e Evelyn Daviddi, é unha das novidades da editorial OQO que podedes atopar nos andeis da BBS. Non a perdas!








Comentarios (2) - Categoría: Novidades - Publicado o 17-10-2012 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes dos luns







Brais, Joel, Miguel e Iván.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2012 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Son axudante de biblioteca!

Aquí están cos seus contratos nas mans os axudantes de 5º:Sergio, Raúl, Joel, Iván, Carla, Alicia, Laura, Dunia, Miguel, Iria, Alba e Álex.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2012 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Volven os Clubs de Lectura!

Xa queda menos para que empecen a funcionar os clubs de lectura da BBS. Anímate a participar!
Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 11-10-2012 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes de biblioteca

Xoves 11 no recreo 1ª xuntanza dos axudantes de biblioteca deste curso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2012 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Airiños. 75 aniversario
Esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou a exposición Airiños, cadro artístico. 75 aniversario, coa que o grupo de teatro afeccionado máis antigo de Galicia quere divulgar a súa traxectoria e celebrar os seus 75 anos de vida. A exposición constitúe unha viaxe pola historia recente de Asados e de Rianxo e unha oportunidade de descubrir o compromiso dun grupo de veciños e veciñas do noso municipio co teatro, coa nosa lingua, coa nosa literatura e coa nosa cultura. Tivemos a sorte de que nos ensinara a exposición Xesús Santos, mestre, escritor, actor e estudoso da historia local.
A exposición é o resultado dun traballo máis amplo recollido nun fermoso libro de coidada e premiada edición que leva o mesmo título e que podedes atopar na nosa biblioteca e tamén viaxando nas Mochilas Viaxeiras.
Os nosos parabéns ao grupo Airiños, que xa vai camiño de cumprir os 80 anos de vida.
Longa vida para Airiños e como non, para o teatro!







Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2012 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Móllate polo Galego!

Estamos de noraboa!
Está é a foto pola que o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Brea Segade levou o segundo premio no concurso "Móllate polo Galego" organizado pola plataforma de medios de comunicación Vitaminas para o galego e patrocinado polo concello de Rianxo.
Desde a BBS os nosos parabéns aos organizadores por esta iniciativa a prol da nosa lingua e, por suposto, parabéns ao noso Equipo de Normalización, uns artistazos! Como nos gusta todo o que transmite esa foto!
Entrade en Educaldea para ter máis información.
Comentarios (3) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 10-10-2012 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
As mochilas viaxeiras


As primeiras seis Mochilas Viaxeiras deste curso comezaron a súa viaxe. O martes sorteáronse no recreo con grande expectación e hoxe saíron rumbo ás casas de Laura, Iago, Noa, Desi, Eva e Alba.
Boa viaxe Mochilas!





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-10-2012 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Os contacontos do recreo na BBS

Antía, Alba, Helena e Irene foron as encargadas de abrir os contacontos do recreo deste curso. Anunciaron o seu conto na entrada e polas clases a primeira hora da mañá e no recreo nos presentaron a un oso moi especial, que co seu ganapán salvababa bolboretas. Oso atrapabolboretas de Susanna Isern e Marjorie Pourchet é unha historia sobre a amistade e a cooperación entre seres diferentes.Boa escolla para comezar a nosa andaina deste curso.












Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-10-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas