biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Saíron as Mochilas Viaxeiras
Xa comezaron a súa viaxe. Este curso volven ser dez mochilas viaxando polo Araño e Taragoña. Van cargadiñas con boas lecturas para vós e as vosas familias, boa música e unha boa película. Nesta primeira volta estarán nas casas de:


Raúl e Brais de 1º
Andrea de 2º
Pedro de 3º
Iria e Dunia de 4º
Brais e Arancha de 5º
Damián e Alba de 6º


Atentos aos sorteos que se farán cada dúas semanas nos recreos dos martes e ao taboleiro da entrada da biblioteca onde aparecerán os nomes dos afortunad@s.
Boa viaxe mochilas!
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-10-2011 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Día da biblioteca
Celebramos o Día da Biblioteca dando comezo a algunhas das nosas actividades favoritas: os contacontos e as mochilas viaxeiras. Aproveitamos tamén para entregarlles os seus carnés aos compañeir@s nov@s no centro, tanto profes como alumnos. E acompañamos todo isto con algo tan saboroso coma as lecturas das que gozamos na nosa biblio, unhas galletas!
Os de 6ºB agasalláronnos co conto da Figueira de Petostortos e o resto foi convite da anfitriona, a BBS.


Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2011 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Contos de Samaín
Xa estamos tod@s mans á obra. Libriño non se quere perder o Samaín e temos que lle axudar.

Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 23-10-2011 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
O Club de Lectura da BBS

Xa está en marcha!
Onte tivemos a nosa primeira xuntanza, este curso só con alumnado de 5º e 6º, pero coas mesmas ganas de ler e de compartir o que esas lecturas nos aportan. De momento só fixemos o noso listado de preferencias entre as lecturas propostas, escollimos nome e marchamos co encargo de deseñar a nova mascota. En canto a teñamos repartiremos carpetas do club e o noso primeiro libro. Cal será?










Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 22-10-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos de volta
Un ano máis, ao chegar outubro a Biblioteca Brea Segade abre as súas portas a toda a comunidade escolar. Queremos continuar ofertando ao noso alumnado un espazo acolledor de encontro cos libros e coa información e queremos tamén continuar compartíndoo con vós, as súas familias.
Este curso os recortes de persoal que estamos a sufrir no noso centro tamén afectan directamente ao funcionamento da biblioteca. Desaparecen as horas que os membros do equipo podemos dedicar á atención e dinamización da biblioteca dentro do horario lectivo, pese a ser este un dos requisitos para participar no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia, do que formamos parte desde hai seis cursos.
A nosa biblioteca escolar entendida coma centro de recursos, de aprendizaxe e de dinamización cultural, pasou de ser un proxecto a ser unha realidade á que non queremos renunciar, polo que continuaremos traballando para mantela viva e para que o noso alumnado poida gozar dela.
Convidámosvos a facervos soci@s da BBS, a visitala cos vosos fillos e fillas, a levar libros, películas, ou CDs emprestados para as vosas casas e a participar nas actividades que organizamos.
Convidámosvos a compartir o pracer da lectura en familia.
Este curso a campaña da Biblioteca Brea Segade tratará sobre os Contos populares e a tradición oral. Agardamos contar coa vosa colaboración.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2011 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas