biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os nosos Clubs de Lectura
Xa temos Clubs en marcha!
Son os Artistas Lector@s e A cabana dos libros.
Nesta xuntanza de lanzamento os clubs xuntáronse por primeira vez para escoller o seu nome, organizar a súa orde de preferencia de lecturas sobre o listado proposto pola BBS e comezar a deseñar na súa mascota.
Mirade que bo ambiente había nos clubs; xa tiñamos ganas de comezar!


Comentarios (9) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 23-10-2010 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Un mundo de oportunidades

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"

Este é o lema escollido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación para a campaña de fomento da biblioteca escolar que nestes últimos anos se está a lanzar a principios de outubro, coincidindo co mes das bibliotecas. Este cartel tan suxerente e tan bonito é obra da ilustradora Marina Seoane.
Nós, desde a Biblioteca Brea Segade queremos ofertavos ese mundo de oportunidades para ler, escoitar, ver, aprender, compartir, rir, coñecer, emocionarse... Ao longo de todo o mes estivemos a poñer en marcha a nosa oferta de actividades-oportunidades e estivemos a celebrar día a día, que grazas a vós, a BBS está moi viva. Onte, día central deste mes das bibliotecas, decicimos que fora o día da primeira xuntanza dos nosos Clubs de Lectura, porque pensamos que a mellor celebración non podía ser outra que sentir a ilusión dun grupo de lector@s enganchados á nosa biblio.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2010 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Os petos de Loreto
A de cousas que Diana e Helena sacaron dos petos de Loreto!
Presentáronnos unha das novidades da biblio para este curso Os petos de Loreto escrita e ilustrada por Quentin Blake e publicada por Kalandraka. Coñecemos a Quentin Blake fundamentalmente por ser o ilustrador de moitas das obras de Roald Dahl pero tamén por outras obras escritas e ilustradas por el coma Un barco no ceo.
Loreto volvenos facer gozar dos seus debuxos, do seu sentido do humor e da súa sensibilidade. Non a perdades, agárdavos na BBS.






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-10-2010 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Coas mans baleiras
Uxía, María e Andrea foron as encargadas de dar comezo este curso aos contacontos do recreo. Escolleron unha das novidades, Coas mans baleiras de Ana Tortosa e Cecilia Varela, publicado por OQO. Ao igual que a protagonista do conto, elas non viñeron de baleiro, trouxéronnos o seu amor polos contos e toda a súa experiencia coma contadoras. Coma sempre, un gusto escoitalas.
Xa sabedes, temos unha cita cos contacontos todos os martes no recreo.













Comentarios (2) - Categoría: Novidades - Publicado o 17-10-2010 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
De viaxe!
As nosas Mochilas Viaxeiras xa están de xira! Saíron o venres 15 despois dun concorrido sorteo. Este ano son dez, dúas para terceiro e quinto, para garantir que chegan a todas as casas.
Marcharon con novos materiais, cheas de boas lecturas, boa música e boas pelis para compartir en familia. Os primeiros afortunados e afortunadas non disimularon a súa alegría.


























Desde a BBS agardamos que sigades gozando das Mochilas e enchendo os Cadernos de Viaxe coas vosas opinións, os vosos debuxos, as vosas ideas... Aquí tedes algunhas mostras do ben que se atoparon as Mochilas nas vosas casas.

Boa viaxe, Mochilas!


Caderno de viaxe
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-10-2010 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Hora de ler
Este curso comezamos a levar a cabo no noso centro a Hora de Ler. Todos os días despois do recreo, todos os cursos, todos os profes temos un tempo para gozar das nosas lecturas favoritas e para descubrir as que tamén o chegarán a ser.
Estamos comezando, só levamos unhas semanas, pero só con ver e escoitar o que pasa na nosa escola durante a Hora de Ler xa sabemos que imos por bo camiño. Vós que pensades?


Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2010 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
O cadro máis bonito do mundo
Comezamos a andadura da nosa particular pinacoteca deste curso con O cadro máis bonito do mundo, fermosísima homenaxe a Joan Miró escrita por Miquel Obiols e ilustrada por Roger Olmos.
Todas as clases tiveron a súa primeira sesión na biblioteca con este conto e descubriron que: As cinco manchas frescas, salvaxes e con moitas ganas de manchar de Joan Miró chegaran a Taragoña nun foguete.


Esta primeira sesión tamén serviu para lembrar ou empezar a coñecer normas de uso da biblio e como están ordenados e colocados os fondos.
Ah! e tamén houbo algún tempo para ...LER.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-10-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos!
O mércores día 6 no recreo abriu de novo a nosa biblioteca!
Todas as clases pasaran xa, polo menos unha vez, pola biblioteca para ter un primeiro contacto e descubrir as novidades deste curso, pero non foi ata o mércores pasado que fixemos a reapertura oficial. Encargáronse @s de sexto B. Prepararon a lectura dunha escolma de poemas de Xosé Mª Brea Segade e despois repartiron un agasallo de benvida. Agora sí, comezamos a "Ver a pintura e ler o mundo".


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2010 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Na biblioteca non se come!
Ben o sabemos, na biblioteca non se come, pero xa que tamén facemos unha excepción coas xuntanzas dos clubs de lectura, imos darlle unhas boas trabadas a este chocolate tan apetecible para ver o que atopamos ao papalo todo.
Agardade a que cargue o xogo e despois clicade en PLAY GAME.
Que aproveite!


Comentarios (7) - Categoría: A brincar! - Publicado o 03-10-2010 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Mirar a pintura, ler o mundo

Esta é o lema da campaña da BBS deste curso. Pintura, pintores, pintoras, cadros, libros... o mundo.
Propoñémosvos descubrir o mundo por medio da pintura e, como non, dos libros. Este curso andaremos metid@s entre cores e letras. Boa combinación!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2010 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0