biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xa temos Clubs!

A mancha negra, Os amantes dos libros e Os atrapalibros son os Clubs de Lectura da BBS do curso 2009-2010. Hoxe tivemos a primeira xuntanza xeral, para constituir os clubs e escoller lecturas. Quédanos só deseñar as mascotas e ... empezar a ler.

Comentarios (3) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 30-10-2009 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro sorteo das mochilas viaxeiras
Xa volven tamén as mochilas viaxeiras. Esta semana sorteamos os afotunados e fortunadas que o venres se levarán as mochilas ás súas casas: Pedro, Eva, Brais, Ismael, Isaac, David, Nerea e Alba. As mochilas sairán da biblioteca ao rematar o recreo do venres.
Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 29-10-2009 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
No bosque
Esta semana estivemos No bosque con Tania e Nerea. Elas leron na biblioteca un conto de Anthony Browne que nos lembrou á Carapuchiña Vermella pero que nos sorprendeu porque está cargado de imaxinación e porque ten unhas ilustracións moi orixinais e moi coidadas.












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-10-2009 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Día da biblioteca e Anisia Miranda
Este ano outubro, todo o mes, está a ser o mes das bibliotecas. Aínda así o día 24, por aquilo do costume, seguiu a ter un significado especial para todas aquelas persoas que amamos as bibliotecas e os libros. No caso dos profes do Brea Segade, algúns de nós tivemos a fortuna de celebrar o día en Santiago, participando nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. Imaxinádelo! Todo o día falando de libros, de proxectos, de bibliotecas, de lectura, de escritura, de rapaces... Xa sabemos que haberá a quen lle soe raro pero... canto nos prestou!

E o luns chegou o día da celebración na escola, con vós, @s que non pasades un día sen vir pola biblio, @s que vides só ás veces, @s que ledes todo o que cae nas vosas mans e @s que len cando lle acorda.

Este ano decidimos dedicar o noso Día da Biblioteca a Anisia Miranda, falecida o 22 de outubro. Contamos coa colaboración de rapaces e rapazas de 5º e 6º para lembrar a obra de Anisia e para recitar algúns dos seus poemas na biblioteca, tal e como xa fixeramos no curso pasado, no mes da poesía.
Desde a Biblioteca Brea Segade a nosa admiración e cariño para Anisia e Neira Vilas e o noso compromiso para que os nenos e nenas da nosa escola sigan gozando coa súa obra.




Anisia Miranda na nosa biblioteca.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Volven os clubs de lectura !
Xa están aquí outra vez!
O xoves 29 de outubro terá lugar a primeira xuntanza dos Clubs de Lectura 2009/2010.
Estás en 4º, 5º ou 6? Gústache ler? Gústache falar sobre libros cos amigos e amigas?
Entón non o dubides, non precisas máis nada: cubre a ficha de inscrición e lévaa á biblioteca antes do xoves que vén.








Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 22-10-2009 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Tres princesas namoradas
Esta semana tres princesas moi especiais e un principe que non se daba decidido pasaron pola nosa biblioteca da man de María Dominguez. O conto Tres princesas namoradas foi escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer, quen nos visitou o curso pasado.
Xa sabedes, buscádeo na biblio se o queredes volver ler.









Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-10-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
The elves and the shoe maker
O segundo martes lector deste curso tivemso a sorte de asistir á representación dunha obra de teatro en inglés interpretada por alumnos e alumnas de 5º: The elves and the shoemaker.
Estamos á espera da gravación da obra pero aquí vai un anticipo: os carteis anunciadores e o equipo que se encargou de publicitar a obra na entarda e nas clases.








Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-10-2009 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
EXCALIBUR NA BBS!












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-10-2009 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
A fabulosa lenda do Rei Artur
Seguimos con lendas, neste caso a lenda máis coñecida da Idade Media, a do rei Artur. Temos na nosa biblioteca unha versión de Jordi Sierra i Fabra con ilustracións de Francesc Rovira que non te podes perder. Mira como comeza...


Agarda. Si, ti, agarda. Quen es? Podes ler esta historia? Es de corazón nobre e xeneroso? Nas túas mans non tes un libro, senón O LIBRO. Nos teus ollos non aniñan letras, senón estrelas e luces máxicas. No teu espírito non pode ter cabida máis ca a paz e o amor. É a única maneira de penetrar nesta historia. Só quen mereza este privilexio ten dereito a el. Se ti es así, adiante. Se non, non sigas.
Preguntaraste quen son eu para falarche deste xeito. Tes dereito a saberlo. O meu nome é Merlín. Din que son mago. Pero a miña verdadeira maxia é coñecer a alma humana. Algo nada sinxelo. Eu podo navegar por todas as almas de cantos coñecín, coñezo...ou coñecerei. Coma ti, se les isto.

Isto sucedeu nun tempo do que xa non existen apenas datos. Perdéronse cos anos, devorados pola tolemia humana, a rapidez e a vertixe que nos conducen sempre cara ao futuro, do que é imposible escapar. Estouche a falar dunha época pasada, tan remota como poidas imaxinar, pero tamén tan próxima como desexes, porque as grandes lendas, ao cabo, non teñen idade. Foi un tempo de loitas e conquistas, cando o mundo se forzaba con empeño e coraxe. Foi un tempo de elfos e dragóns, pero dos de verdade, antes de que se extinguisen. Foi un tempo de princesas auténticas e cabaleiros tocados polo halo da gallardía. Non quero falarche máis. Se chegaches ata aquí, sei que xa non deixarás de ler, nin te botarás atrás, nin tremerás co medo. Albisco en ti un corazón xeneroso. Sinto o teu pulso acelerado. Percibo a vertixe que xa te domina. Iso é bo. Esa é a chave. Non se pode ler O LIBRO sen formar parte del. Aguanta, pois, a respiración. Estás a piques de penetrar nun mundo único do que xa non poderás escapar.



A fabulosa lenda do rei Artur. Jordi Sierra i Fabra. Editorial Rodeira
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 11-10-2009 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda do Castelo da Lúa
O noso primeiro contacontos deste curso non puido ser outro que a lenda do Castelo da Lúa. Un grupo de rapaces e rapazas de sexto leron para nós o texto que Leandro Carré Alvarellos escribiu na súa obra de 1978 Las Leyendas Tradicionales Gallegas e que comeza así:



"Quen investigue a historia señorial daqueles vellos tempos medievais que aureolou de prestixio nosa Galicia, se estudase o pasado da vila de Rianxo, podería reconstruír na súa imaxinación os arcos, torres, grades e secretos pasadizos dun antigo castelo, cuxas ruínas van afundindo a súa pasada arrogancia entre a maraña petrificada dos séculos nun dos outeiros próximos á praia.

Algúns romances que, de tempo en tempo, lembran os anciáns en torno do lume que crepita na lareira, falan daquela lenda que deu nome ao castelo aludido."





Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2009 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Desde o Castelo da Lúa...


"Desde o Castelo da Lúa unha nova viaxe pola lectura"


O taboleiro da biblioteca anunciounos unha nova viaxe a comezar en outubro partindo do Castelo da Lúa e tendo coma un dos compañeiros de aventura a Paio Gómez Chariño.


As flores do meu amigo briosas van no navío. Paio Gómez Chariño



Estade atent@s, xa se empezan a ver cambios na entrada da biblioteca e na praza maior de Educaldea.




Abrimos o martes día 6 no recreo, non faltedes!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2009 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas