Con motivo do Día das Bibliotecas convidamos a todo o alumnado a virnos visitar e comer folerpas de millo á saúde do Libriño e todos os demáis libros que moran nos andeis da BBS.
Nas clases lemos e comentamos o poema "Tan só con leres un libro" de Ana Mª Fernández e escoitamos a versión musicada por Gloria Mosquera Roel para o grupo Mamácabra. Despois uns grupos continuaron o poema falando da súa experiencia cos libros, outros debuxaron os mundos que atopan nos libros, outros ilustraron o poema...
Tamén fixemos postais de parabéns, que colamos polas paredes e no taboeiro de rolla. O deslizante de abaixo é unha pequena mostra da nosa creatividade, mais prometemos que haberá máis.
|
|
|
|
|
| Discurso d@s nos@s alumn@s no Museo do Pobo. |
|
Somos educaldean@s porque:
El:
Son educaldeano porque gosto da escola.
Son educaldeano porque nacín e vivo nunha aldea galega.
Son educaldeano porque falo galego cos meus pais e cos meus profesores.
Son educaldeano porque os meus amigos tamén falan galego.
Son educaldeano porque rexeito a educación sexista.
Son educaldeano porque creo na imaxinación e no diálogo.
Son educaldeano porque defendo o meu patrimonio cultural e axudo á súa conservación.
Ela:
Son educaldeana porque a cultura popular está integrada na miña educación diaria.
Son educaldeana porque leo libros.
Son educaldeana porque busco información en internet.
Son educaldeana porque participo nos blogs da miña escola.
Son educaldeana porque coido e respecto a paisaxe que me rodea.
Son educaldeana porque represento obras de teatro e canto cancións no noso idioma.
Son educaldeana porque asisto a espectáculos en galego, en inglés e en castelán.
Son educaldeana en definitiva, porque creo nunha educación pública de calidade.
E ti, por que es educaldean@?
Deixa o teu comentario. |
|
|
|
|
|