biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Pito Cairo
Rocío, Sandra, Aitana,Laura e Noelia escolleron un clásico imprescindible para o contacontos do martes pasado: O Pito Cairo de Marisa Núñez. Como nos gusta ese pito rebelde! E como nos gusta escoitar a estas contadoras "veteranas"!










Bravo!



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-01-2017 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Dez Mochilas Viaxeiras!

Esta semana aumentamos as Mochilas que saíron de viaxe. Nas catro clases máis numerosas do cole pasaron a sortearse dúas, así que cada dúas semanas serán dez os afortunad@s en levarse unha Mochila Viaxeira para casa. Aquí tedes ao primeiro grupo.


Si, son 9 :-)
Faltounos unha "griposa", pero fixémoslle chegar a mochila.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-01-2017 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Quen levou a lúa?
Xa están de volta os contacontos do recreo!
Marta e María resolveron un misterio para nós. Quen levou a lúa? de Mario Catelli e Madalena Matoso é a historia dun pequeno lobo que fixo desaparecer a lúa sen querer. Escoitamos a Marta e María moi atent@s ata que nos resolveron o misterio.
Como se nota que son contadoras expertas!




Anunciando o conto nas clases








Que atent@s!






Moi ben, contadoras!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-01-2017 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes en acción!
Co novo trimestre os axudantes retomaron as súas tarefas na BBS, e a moi bo ritmo, mirade...




Repartindo lecturas da BPM Castelao aos profes




Preparando as caixas da Hora de Ler das aulas




Facendo préstamos e devolucións

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 21-01-2017 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Inverno, unha boa manta e a ler!



Lecturas para adultos/as da B.P.M. Castelao de Rianxo en préstamo desde a nosa biblioteca.
Animádevos, arrimádevos á calor dos libros!
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 18-01-2017 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ciencia en galego
Desde novembro, Mes da Ciencia en Galego, animamos ás clases a levar a cabo proxectos e experimentos científicos cos que aprender ciencia de xeito práctico.
Aquí tedes a sexto experimentando coa reacción química do bicarbonato e o vinagre, reacción ácido-base que dá como resultado dióxido de carbono. Este gas crea burbullas que fan hinchar os globos.
E o resultado do seu experimento expuxémolo na BBS... en decembro. Perdón por non compartilo antes :-)

Graciñas científic@s de sexto!
Seguiremos atent@s aos voso experimentos.




Preparad@s




List@s




Xa!


































Oooh!

Comentarios (4) - Categoría: Educación documental - Publicado o 12-01-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando no 2017

As Mochilas Viaxeiras xa están de viaxe outra vez! Despois de case tres semanas nas casas dos compañeiros/as que as levaron antes do Nadal, volveron os sorteos e as sorpresas.
Que vos gusten moito!
Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 12-01-2017 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas