biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De viaxe...

Seguen viaxando polo Araño e Taragoña! E seguimos contando cos axudant@s de biblioteca para revisalas, preparalas, repartilas... Graciñas!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-01-2016 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Un gato na árbore
Carla, Paula e Clara contaron este martes a historia dun gato que con só subirse a unha árbore puxo patas para arriba a toda a aldea.
Un gato na árbore de Pablo Albo e Géraldine Alibeu é un divertido conto acumulativo que fala da cooperación e do inxenio mesturando fantasía e realidade. Unha boa escolla para a semana da paz e a non violencia: cooperación e inxenio para resolver conflitos pacíficamente.










Bravo, contadoras!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-01-2016 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
La increíble historia de la abuela gánster
Este libro vai dun neno que todos os venres vai durmir a casa da súa avoa. Un día descubre nunha lata de galletas moitos diamantes e moitas xoias. Este libro tan gracioso é moi recomendable e se vos gusta temos máis do mesmo autor e da mesma colección na biblioteca.En concreto cinco novos libros.

Recomendación por: Iria,Jorge Castaño e Rubén.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 27-01-2016 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
O oso e o corvo

Esta semana na nosa biblioteca as contadoras Alba e Nereida contaron o conto de O oso e o corvo de Mónica Klose e André De Loba. A historia trata dun oso e un corvo que se intercambian as ás polos brazos e viceversa.


Fixéstelo moi ben!










Moi ben, contadoras!


Crónica de: Elena, Rocío, Laura e Miguel B.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-01-2016 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas viaxeiras en xaneiro

As mochilas tamén continúan viaxe despois do Nadal.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-01-2016 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Non fai falta a voz
Estamos de volta! A BBS de novo a pleno rendemento.
Comezamos este martes cos contacontos do recreo. Helena, Irene, Carla, Antía e Ainhoa puxeron as súas voces para contarnos "Non fai falta a voz" de Armando Quintero e Marco Somá. Preciosa historia con animais como protagonistas que fala tamén das emocións e os afectos dos seres humanos.
Que bo xeito de comezar este segundo trimestre! Graciñas contadoras!













Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-01-2016 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas