biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O galo traganoces
"Un día, o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa."

E aí comeza a verdadeira aventura da galiña que para salvar ao seu amigo terá que botar man dunha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo!

Carla e Helena trouxeron aos contacontos do recreo da BBS un conto tradicional adaptado nunha nova versión, O galo traganoces, por Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. Algo teñen os contos tradicionais para manter o seu engado ao longo dos tempos, e con este galo tragón de noces non ía ser menos. Trátase dun divertido conto acumulativo acompañado dunhas ilustracións moi orixinais, cheas de cor pese a que os personaxes son transparentes.
Boa escolla, contadoras!







Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-01-2015 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Buscando a Bobby Fischer
A maleta matemática achegounos unha peli coa que nos adentramos no mundo do xadrez, Buscando a Bobby Fischer.

Para saber quen foi Bobby Fisher entrade neste enlace.

Para saber máis sobre Josh, o protagonista da película, entrade neste enlace da Wikipedia.

Para saber máis sobre a peli deixámosvos este enlace á páxina Cine y valores.

E tamén o trailer da película.



Será casualidade que algúns días destas dúas últimas semanas puideramos ver esta imaxe na BBS?


Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 25-01-2015 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Leandro e os números
Esta semana, coincidindo coa estancia na nosa escola da Maleta matemática, tivemos a presentación de Leandro e os números de Rocío Peréz Castro e Lidia Brea Pedreira.
As clases de 1º e 2º puideron escoitar a Rocío contar o seu conto e despois traballaron con ela sobre os números que aprendeu Leandro e ata cantaron unha canción.
Tivemos a sorte de saber de Rocío e do seu Leandro e os números por Mateo de 2º, que é o seu curmán. E xa que Rocío aceptou vir ata a BBS para presentarnos o seu libro aproveitamos para que un grupo dos maior@s, os de 5º, a entrevistaran, porque sempre que vén unha escritora ao cole temos moito que preguntar.

Neste enlace do blogue dos de 5º tedes a entrevista.


Tamén podedes entrar ao blogue de 2º, a clase de Mateo, para ver como recolleron a visita de Rocío á nosa biblioteca.














Buscade a Leandro na BBS, temos un exemplar asinado por Rocío.

Graciñas Rocío por vir presentarnos Leandro e os números. Gustounos moito, oxalá non tardes en voltar con novos contos.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 25-01-2015 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiras Mochilas Viaxeiras do 2015

As Mochilas saíron hoxe na primeira viaxe do 2015. marcharon para as casas de Tíffani, Alex, Marcos, Ramón, Marta, Aitor e Gloria. Boas lecturas!




Primeiro sorteo do 2015
Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-01-2015 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
A guerra dos números
Empezaron os contacontos do recreo 2015!
A clase de 5º escolleu un dos títulos que veñen na Maleta de Matemáticas A guerra dos números de Juan Darién. Ë unha imaxinativa historia que nos fala de números e conceptos matemáticos como a resta, pero tamén nos fala da paz, da tolerancia e o non conflito. Boa historia para este mes de xaneiro que no Brea Segade vai xirar en torno á Paz e ás Matemáticas.





Anunciando o conto




Hoxe no recreo...










A guerra dos números












Conto resolto!

Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-01-2015 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Maleta matemática
Chegounos unha maleta misteriosa á biblioteca. Viña cunha etiqueta que poñía Matemáticas e por fóra tamén se podía ler Asesoría de Bibliotecas Escolares. Que viría dentro?





Tomando precaucións, decidimos abrila e ... Isto foi o que pasou!






Durante dúas semanas teremos na BBS unha das Maletas de Matemáticas que oferta a Asesoría de Bibliotecas Escolares e que inclúe libros e películas que abordan contidos matemáticos desde a ficción e a non ficción. Aproveitaremos esta oportunidade de coñecer novos materiais e recursos para abordar o currículo das Matemáticas desde a biblioteca escolar e a lectura.



O póster da campña da Asesoría de Bibliotecas para este curso "Biblioteca escolar.... Matemático!!! é obra do ilustrador David Pintor.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 14-01-2015 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas