biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O merlo branco
Esta tarde, dentro das actividades de conmemoración do Día da Paz, tivemos na nosa escola a unha das seccións do grupo de teatro Criaturas de Rianxo. Representaron para nós O merlo branco de Cándido Pazó, unha divertidísima obra que é un canto á tolerancia, ao respecto á diferenza e a convivencia. Estupenda obra teatral e estupenda interpretación dos rapaces e rapazas de Criaturas, que nos engancharon desde o mesmo comezo da función.

Noraboa e graciñas, Criaturas!





Unha aperta moi especial para o merlo branco. Isaac, moito nos gustou verte outra vez sobre o escenario do noso auditorio.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Amelia quere un can
Dunia, Paula e Carla faláronos dun truco infalible para conseguir o que queiramos dos nosos pais e nais. Amelia quere un can de Tim Bowley e André Neves é unha historia imprescindible para nenos e nenas de todas as idades, aínda que, se cadra, os maiores podan pensar que é unha lectura algo "perigosa". Divertidísimo texto e ilustracións, non volo perdades!
Estupenda escolla destas tres contadoras. Unha delas, paula, debutaba nos recreos da BBS e fíxoo moi ben, como as súas compañeiras veteranas.





Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-01-2013 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal no colexio
Mañá martes Roi Casal estará na nosa escola!
Virá para compartir con nós a súa música e animarnos a asistir ao concerto que dará o sábado que vén no Auditorio de Rianxo dentro dos Actos Castelao 2013 que organiza a Concellería de Educación, Cultura e Normalización linguística do concello de Rianxo. Os CDs de Roi xa levan tempo na nosa biblioteca e tamén viaxando nas nosas mochilas, algúns dos seus vídeos xa se colgaron neste blogue e tamén en Educaldea e temos que confesar que aínda que non tiveramos a sorte de telo na nosa escola, non nos perderiamos o seu concerto. Pero, é un luxo podelo ter mañá só para nós.

Subimos de novo un vídeo dun tema fermosísimo e cargado de significado, moi ben acaído para os actos de Castelao e para o día despois da manifestación pola nosa lingua convocada por Queremos Galego. O noso idioma, a chave coa que abrimos o mundo, Máxicamente vello; partindo dun poema de Manuel María.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2013 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha escritora de Literatura Infantil e Xuvenil na Academia
Hai unha semana a RAG (Real Academia Galega) elexiu a Fina Casalderrey como académica numeraria. As bibliotecas escolares galegas queremos expresar a nosa ledicia por este nomeamento e facela visible desde os nosos blogues, todos xuntos e simultaneamente.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Esther
Este mércores, Esther, a nai de Andrea, aproveitou o mal tempo que lle impedía traballar para vir contarnos un conto. Andrea e Esther escolleron unha das novidades da BBS: Non quero ser un polbo! de Francesca Chessa. Octavio, o protagonista desta historia, está descontento; non lle gusta ser un polbo, envexa aos outros compañeiros do fondo do mar, todos lle parecen mellores... É unha divertida historia ilustrada, con preciosos debuxos moi coloridos e cun final que nos fixo sorrir.
Grazas Esther por vir compartir a historia de Octavio con nós! Encantounos!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-01-2013 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
O tren
Desi, Carlota e Irene contáronnos o martes pasado unha belísima historia sobre a perda dun ser querido. O tren de Silvia Santirosi e Chiara Carrer trata sobre como un pai axuda, por medio dun conto, a que unha nena entenda a morte da súa nai. O relato e as ilustracións están cargados de sentimento e transmiten a importancia do tempo para asimilar unha perda tan dolorosa. Desi, Carlota e Irene, grazas por escoller un libro tan especial!








Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-01-2013 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Fina Casalderrey, académica da lingua
A escritora Fina Casalderrey foi escollida onte académica da Real Academia da Lingua Galega. Na BBS aledámonos moito con esta nova porque con Fina Casalderrey entrará na Academia a literatura infantil e xuvenil e porque algúns dos seus libros están entre os nosos favoritos.

Así se recolle a nova na páxina da Real Academia.

Para saber máis sobre unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega entrade na súa páxina persoal:
Fina Casalderrey

Neste enlace poderás ver todos os libros de Fina Casalderrey que temos na BBS.

Fina Casalderrey na BBS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2013 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Tino
Comezamos os recreos lectores do 2013 cun contador de luxo: Tino.
Desta vez contounos Garavanciño, botando man das súas dotes de actor e facendo que tod@s seguiramos o conto coma se fora a primeira vez que o escoitabamos.
E como saiu Garavanciño do boi? Aí si que había distintas versións, pero sen dúbida a mellor a de Tino, a que sí?




Graciñas, Tino!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-01-2013 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Los aires difíciles
O Club de lectura de adult@s tamén tivo a súa primeira xuntanza á volta do Nadal. Falamos sobre a adaptación ao cine de 84 Charing Cross Road , que non nos enganchou tanto coma o libro, e sobre a fermosísima e poética novela, Seda

A nosa seguinte lectura é Los aires difíciles de Almudena Grandes, publicada en Tusquets no ano 2002.

Almudena Grandes é unha escritora española, habitual colaboradora da prensa escrita e da radio, que desde a súa primeira obra, Las edades de Lulú, publicada en 1989, leva escrito númerosas novelas que foron moi ben acollidas tanto pola crítica como polos lector@s.


Na súa páxina podedes atopar a súa biografía, reseñas sobre as súas obras, entrevistas, entradas de prensa sobre os seus libros, o listado das adaptacións cinematográficas...
Páxina de Almudena Grandes.




Reseña editorial.

Sara Gómez e Juan Olmedo son dous estraños que se instalan a principios de agosto nunha urbanización da costa gaditana dispostos a reiniciar as súas vidas. Iremos descubrindo que ambos arrastran uns pasados ben diferentes, dos que queren fuxir. Sen buscalo acaban intercambiando confidencias e camaraderías, grazas á inesperada complicidade que propicia compartir unha asistenta, Maribel.


Para ler algunhas das súas colaboracións en El País premede neste enlace.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 15-01-2013 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
As vacacións do Nicolasiño
E mentres os do Biscoito Lector len unha de piratas, os Piratas dos Libros van descubrir un dos personaxes con máis encanto e que máis ten feito rir da literatura infantil universal, O pequeno Nicolás.


As vacacións do Nicolasiño de Goscinny e Sempé
son as aventuras de verán dun neno que é "fedello sen querer": trasnadas, campamentos, viaxes, a praia... Todo visto a través dos ollos dos nen@s, que ás veces non entenden o mundo dos maiores.




Comentarios (13) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 14-01-2013 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Bala Perdida
O Biscoito Lector cambia de temática e pasa a ler unha novela de piratas do escritor galego Manuel Rivas.
Bala Perdida, un pirata con pata de pau, atopa un tesouro que decide devolver. Bala Perdida contacta coa redactora dun xornal, Rosa Ribeiro O´Flaherty, para que o axude. Tras moitas aventuras descubriremos o misterio do tesouro e quen é realmente Bala Perdida.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 14-01-2013 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
O biscoito lector e o estúpido monstro peludo
Os clubs de lectura da BBS tiveron a súa primeira xuntanza do ano 2013 o venres pasado. Aquí temos os debuxos e opinións do Club do Biscoito Lector tras a lectura do libro de Fina Casalderrey. Premede na imaxe para ver ben os textos e as ilustracións.





Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 14-01-2013 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas