biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Guernica e Paz

Nesta semana na que conmemoramos o Día escolar pola non violencia e a paz propoñévosvos un proxecto sobre o Guernica.
Clicade aquí para acceder a toda a información.
Comentarios (6) - Categoría: Educación documental - Publicado o 23-01-2011 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Fogo Nicolás
Aquí vai un novo video do traballo Celtic Roots. Por certo, agora xa está na nosa biblio e tamén viaxando nunha das nosas mochilas.
A cantar todo o mundo!



Comentarios (4) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-01-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Murciélagos en la biblioteca

Tranquil@s, estes morcegos comparten con nós unha das nosas afeccións, a lectura. Aproveitándo unha xanela aberta coanse algunha que outra noite na biblioteca municipal e comeza: A Noite de Lectura.
Tania, Lía, Paula, Raúl e Dunia presentaron nos nosos recreos lectores unha das novidades que máis nos gusta, Murciélagos en la biblioteca de Brian Lies, publicado pola editorial Juventud. Non vos podedes perder este divertido conto rimado e a súas estupendas ilustracións.






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-01-2011 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Historia de una gaviota...

Desta vez escollemos unha páxina dun dos cadernos dos clubs para presentar a obra que estamos lendo. Cremos que recolle perfectamente o que moitas persoas sentimos con este libro ao longo dos máis de quince anos de vida de Afortunada e Zorbas.
Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar de Luis Sepúlveda.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-01-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Nos clubs
Os nosos clubs continúan descubrindo libros que falan e dan que falar de temas moi diferentes.
A Cabana dos libros leu durante o Nadal Queres ser o mozo da miña irmá?, un libro sobre o difícil que é vivir cunha irmá adolescente. Na xuntanza do venres pasado falamos e falamos sobre irmáns e irmás de todas as idades, sobre ser fillos únicos e tamén sobre nais e pais. Foi unha xuntanza das máis animadas, tod@s tiñamos moito que contar e falando de irmás é imposible non botarse unhas risas.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-01-2011 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Mirando a pintura
No trimestre pasado comezamos a deixar os primeiros froitos do noso traballo sobre a pintura nos corredores do colexio. Aínda queda moito por vir!


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2011 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas