biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento.Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda.Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.
Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.
Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental..


Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva das Bibliotecas Escolares Galegas non Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.

Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes
Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra – Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest





Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2008 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a
convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.

Grazas a todas as bibliotecas escolares por dar cada día unha nova lección práctica de paz, compartindo materiais e ideas.




Montaxe realizada pola biblioteca do CEIP de Pazos

Traballo colaborativo dos blogues das bibliotecas escolares en prol da paz.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2008 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Illas
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-01-2008 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Luís Axeitos Agrelo en Educaldea
O profesor, investigador e académico da lingua Xosé Luís Axeitos Agrelo virá este venres 25 a Educaldea para ter un encontro co alumnado de 5º e 6º do noso centro e do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e falar sobre Castelao.
Axeitos é natural de Rianxo, da parroquia de Asados. Entre os seus traballos de investigación destacan os estudos sobre os escritores galegos no exilio e moi especialmente sobre os autores rianxeiros.
Esta é unha actividade programada conxuntamente polos equipos de normalización lingüística dos centros de Taragoña e Asados e está enmarcada dentro do traballo sobre Castelao que ao longo deste mes se está a desenvolver nas nosas escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-01-2008 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Ai, miña nai!
E tantos anos despois ...
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-01-2008 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
E a ti, que che preguntan?
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-01-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas d@s nen@s
A escolma de debuxos de Castelao publicada pola Editorial Galaxia baixo o título Cousas dos nenos é a base sobre a que xira a nosa exposición e boa parte do traballo que estamos a desenvolver nas aulas. Se te gustan as láminas que hai na entrada do colexio busca na exposición este libro para seguir gozando das "cousas da vida dos nenos e nenas" a través dos ollos de Castelao.
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-01-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Respectable público

Xaneiro é un mes importante en Rianxo, mes para conmemorar aos nosos escritores máis sobranceiros: Castelao, Dieste, Manuel Antonio e tamén a Xosé Mª Brea Segade.
Este curso Castelao vén á nosa escola para que o coñezamos un pouco mellor e para que podamos gozar dos seus relatos, dos seus debuxos e do seu pensamento. Non imos ser só nós quen recibamos a Castelao na nosa escola, @s compañeir@s do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e do IES Félix Muriel tamén están a conmemorar o mes no que naceu e finou o rianxeiro máis universal.
Respectable público: estade atent@s, Castelao acaba de facer entrada nas aulas, nas bibliotecas, nos blogues... nas nosas escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-01-2008 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Bandera pirata
Entre as novidades que chegaron este ano 2008 á nosa biblioteca temos unha colección de aventuras chamada "Bandera pirata". Os protagonistas da historia son dous irmáns xemelgos chamados Luisilla e Benjamín.
Son orfos de nai e do seu pai non saben nada. Están vivindo nun orfanato pero non se sinten ben nel e deciden escaparse unha noite. Ás doce da noite, reúnense no patio e métense nunha camioneta e quédanse durmidos. Pola mañá, ao espertar saíron de alí e apareceron no campo.De súpeto, aparecen uns gardas e pregúntanlle onde están seus pais, eles dinlle unha mentira e logran escapar deles.Van ao mar a bañarse e atópanse cun home que lles di que teñen que buscar traballo no "Ollo torto". Cóllenos pero non lles deixan sair e unha noite secuéstranos. Están algo desconcertados por todo isto pero un pirata lles conta que son fillos dun pirata chamado Roc e que a tatuaxe que teñen no ombreiro é parte do mapa do tesouro do seu pai. Un amigo de seu pai sálvaos e van en busca del.
Na nosa biblioteca hai seis títulos coas súas aventuras. Tédelos que ler!

Selena 6ºB
Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 20-01-2008 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas