biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cor dos soños
Xa podedes ver na biblioteca pública Castelao de Rianxo o libro xigante con todos os debuxos que fixerades os de 1º, 2º e 3º na visita do 25 de abril. Ademáis están recollidos debuxos de tod@s @s nen@s que visitaron a biblioteca municipal nesa semana.


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-05-2007 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Carlos Mosteiro
Xa que o noso blog botou a andar aínda hai uns días non nos queda outra que facer memoria dalgunha das actividades de abril e primeiros de maio porque queremos compartilas e deixar constancia delas.
Na semana do libro visitounos Carlos Mosteiro. O alumnado de 4º, 5º e 6º estivera lendo algúns dos seus libros e tiñan curiosidade por coñecelo e moito que comentar con el e que lle preguntar. Mirade que ambientazo!
Hai máis fotos na galería.
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-05-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de sombras
Ao longo de oito meses, todos os xoves pola tarde e dentro da programación de obradoiros para este curso, desenvolveuse un obradoiro de teatro de sombras. Todos os nenos e nenas de 1ª a 5º, en grupos de doce, pasaron durante tres xoves polo obradoiro. Cada grupo traballou sobre un texto para representalo con sombras:leron e comentaron o texto, deseñaron as siluetas, elaboráronas, ensaiaron tanto a lectura dramatizada do texto como o movemento das sombras, prepararon decorados, deseñaron, fixeron e repartiron cartaces anunciadores da función e finalmente representaron a obra. Un total de oito representacións con historias moi diversas encheron de luz e sombras os recreos dos venres.
As funcións foron un éxito de público e moit@s xa preguntan para cando a posibilidade de volver preparar outras montaxes.

Aquí están os títulos das obras que poidemos ver.


Os textos
Comentarios (7) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 19-05-2007 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Unha bruxa ben rara
Abril e maio están a ser meses de encontros con escritores e presentación de novidades na nosa biblioteca. Carlos Mosteiro, escritor que xa hai tempo reside no concello veciño de Póvoa do Caramiñal, veunos falar da súa obra e especialmente de Unha bruxa ben rara, último premio Barco de Vapor. Xa antes da súa visita a bruxa Raruxa pasara a ser unha educaldeana máis pero desde o encontro co seu creador non hai xeito de atopala nos andeis da biblioteca, pasa de man en man provocando risos e sorrisos entre os nosos lector@s.

Fálanos de Raruxa e as súas aventuras!
Comentarios (8) - Categoría: Novidades - Publicado o 18-05-2007 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os Megatoxos e o aprendiz de druída
Anxo Fariña visitou Taragoña o 2 de maio e trouxonos con el a Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa, os Megatoxos, recén saídos do prelo. Prometeunos aventuras, encontros misteriosos, unha viaxe no tempo ao mundo dos celtas e moita emoción. Non mentiu, son varios os educaldean@s que xa empezaron a gozar dos novos personaxes de Anxo Fariña e varios máis os que están en lista de espera para poder facelo.
Non esquezas deixar a túa opinión ao rematalo.
Categoría: Novidades - Publicado o 18-05-2007 02:16
# Ligazón permanente a este artigo
No mes de maio
Botamos a andar este blogue con moitas ganas de compartir o que desde a nosa biblioteca estamos facendo e aprendendo.
Gústanos comezar esta aventura en maio, mes de celebración das nosas letras, da nosa cultura, da nosa identidade.
Queremos que a biblioteca de Educaldea sexa unha biblioteca viva, xeradora de todo tipo de aprendizaxes, fonte de información, espazo de encontro coa cultura, coa imaxinación e co saber. Só coa implicación do conxunto da comunidade escolar e de todas as persoas que se sinten identificadas co noso proxecto, poderemos avanzar nesa dirección, por iso convidámosvos a participar tamén desde este blogue.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2007 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Unidades didácticas
Para ver as unidades didácticas, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Unidades didácticas - Publicado o 17-05-2007 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas