biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un libro para agasallar
Chegou o tempo de Nadal e no Brea Segade chegou Un libro para agasallar, a exposición de literatura infantil e xuvenil coa que queremos achegarvos propostas de lectura e de música para que pidades ou agasalledes nestas festas.
Non deixedes de vir visitala, ata o mércores 21 en horario lectivo e as tardes de luns e xoves.
















As nosas recomendacións

















Comentarios (7) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-12-2016 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector
Este ano os nosos axudantes de biblioteca van apadriñar ao alumnado de 1º e 2º ao longo do curso, contándolle contos na Hora de Ler dos últimos ou primeiros venres de cada mes.
Esta foi a primeira sesión, unha sorpresa total para os afillados e afilladas, que non se enteraran de que os axudantes levaban unha semana de preparativos.

Noraboa a tod@s!



Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 04-12-2016 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Carta desde Arxentina
Aquí tedes un momento da interpretación do alumnado de 6º da Carta desde Arxentina de Castelao nos recreos da Biblioteca Brea Segade.
Precioso! Graciñas!

Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-12-2016 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os petos de Loreto
Como nos gusta na BBS ver contadoras e contadores que se estrean! Como nos gusta ter canteira!

Rita, Noa, Dália e Salma contáronnos Os petos de Loreto de Quentin Blake, unha fermosa e divertida historia co estilo inconfundible de Quentin Blake nas ilustracións. Fixéronno coma unhas auténticas profesionais! Mirade, mirade...




Anunciando o conto na entrada




Contadoras profesionais




















Moi ben, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-12-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
O Papagaio
Desde hai algo máis dun mes temos na BBS unha nova publicación periódica O Papagaio, xornal para rapaces e rapazas con seccións de actualidade e reportaxes de diferentes temáticas de interese. Temos exemplares nas clases para a Hora de Ler e tamén na biblio. Non deixedes de lelos, paga a pena!

Cada mes, un novo exemplar... Estade atent@s!







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2016 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Os tres porquiños
Alba e Nerea debutaron como contadoras da BBS o martes pasado. Escolleron unha adaptación dun clásico da editorial Kalandraka, Os tres porquiños. Fixéronno moi ben, vese que na Capela hai boa canteira de contadoras.




















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-11-2016 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas Viaxeiras

Xa levan un mes viaxando polo Araño e Taragoña, pero non temos fotos do primeiro grupo de afortunad@s, un despiste!
Aquí está o grupo que as levou esta semana, falta Noemí que a recolleu un día despois.
Boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 28-11-2016 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Carta desde Arxentina
O último recreo lector foi especial. O alumnado de sexto preparou na Aula de Música unha versión músicada dunha carta que Castelao mandou desde Arxentina aos seus avós en Rianxo cando tan só tiña once anos.
Foi unha gozada escoitalos tocar e cantar un texto escrito por Castelao cando tiña a súa mesma idade.
Graciñas 6º e José Luis! Gustounos moito.





Anunciando a canción na entrada



















Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-11-2016 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares
Esta fin de semana celebráronse en Santiago as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares. Como cada ano algúns membros do equipo de biblioteca estiveron alí formándose e volveron cargados de ideas e de ganas de seguir traballando e gozando da Biblioteca Brea Segade.
A nosa biblioteca participou nunha das mesas, na que se falaba sobre música, presentando a experiencia de traballo compartido entre a Aula de Música e a Biblioteca do noso cole. E toda a sala, chea de profes bibliotecarios e bibliotecarias acabou cantando con José Luis Señora Rosa de Xosé Mª Brea Segade. Foi moi bonito!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2016 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Restaurante Farruco


A compañía Pereira de Lobos triunfou no Brea Segade. A súa interpretación da obra Restaurante Farruco de Chus Pereiro encantounos de principio a fin: os decorados, o vestiario e a caracterización dos personaxes, a posta en escena...
Tan ben o pasamos que houbo quen lles preguntou se podían volvela facer, dous por un!
Moitísimas grazas a tod@s os membros Pereira de Lobos por compartir con nós o voso amor polo teatro e pola literatura infantil.
Noraboa polo voso traballo e pola alegría que trasmitides.
Tomámosvos a palabra: tedes que volver!
Un bico especial para a directora da compañía, a rianxeira Merchi Rodríguez Pimentel, boa amiga da BBS.

Lembrade que se queredes ler a obra, podedes atopala na biblioteca.





























Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2016 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe teatro!!!
Hoxe temos función de teatro no Auditorio. A compañía Pereira de Lobos vai representar para nós Restaurante Farruco. Que ganas temos de velos!!!!





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2016 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
As pousadeiras do rei
Marta e Uxía fixéronnos rir nos contacontos do recreo con As pousadeiras do rei de Raquel Saiz & Evelyn Daviddi.

O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no seu comedor real; e, ao sentar no trono… cravou un alfinete no cu! —Ai! Ai! Ai! —queixábase, suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocarlle as pousadeiras ao rei.


Con este comezo o conto prometía e así foi, unha historia divertida cunhas ilustracións moi cómicas que nos encantou.










Moi ben contadoras!!!

Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-11-2016 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador e a castaña máxica


Na semana do Magosto Helena, Carla e Antía escolleron O Apalpador e a castaña máxica de Xoan G. para os nosos contacontos dos recreos.
Magosto e historias que xa van anticipando o Nadal na semana que chegou o frío e a chuvia a Taragoña. Que boa escolla! E que boas contadoras!












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-11-2016 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes en acción!
Despois dunha primeira semana centrados nos contos de Samaín, empezaron a asinar os seus contratos e a asumir tarefas nos recreos. Xa están en marcha as quendas dos axudantes da BBS!




Asinando contratos












Primeiro sorteo das Mochilas Viaxeiras











Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 10-11-2016 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Contos de Samaín
A bruxa regañadentes, Corre, corre cabaciña e A figueira de Pelos Tortos foron os contos que os axudantes de biblioteca dramatizaron nas clases de 1º, 2º, 3º e 4º na celebración do Samaín na escola. Os nosos axudantes encheron a escola de historias de Samaín e fixeron que os máis pequen@s o pasaran de medo!
Bo traballo,axudantes!





Na clase de 1º




A bruxa regañadentes















A Figueira de Pelos Tortos




En 4º



Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 10-11-2016 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [73]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas