biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O "cociñeiro" Iago López
Iago López estivo na BBS contándonos a historia de Martiño e facéndonos participar nela. Enganchounos a tod@s desde o primeiro minuto e volvemos sorrir coas aventuras do cociñeiro máis famoso entre os pequen@s do Brea Segade.







Iago xa é o cociñeiro Martiño




O pastor Lucas






A granxeira Noemí




O muiñeiro Froilán




A veciña Alex




A panadeira Noela








O rei Adrián








Asinando no libro de visitas da BBS



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-03-2017 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Iago López



Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º recibirán mañá a visita de Iago López, o autor de "O cociñeiro Martiño" un conto que estiveron lendo e sobre o que traballaron nas últimas semanas.


Entrade no blogue de 1º para ver algunha das actividades que fixeron a partir da lectura do libro de Iago López.





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-03-2017 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
A cebra Camila
Unha historia preciosa que fala con tenrura de como facerse grandes, unhas ilustracións alegres e moi expresivas e catro boas contadoras; que máis se pode pedir?
A cebra Camila de Marisa Núñez e Óscar Vilán é un clásico imprescindible que todos os nenos e nenas deben escoitar, ler e reler. Onte tivémolo na nosa biblioteca nas voces de Xiana, Elena, Alexia e Nerea. Como nos gustou!












Bravo!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-03-2017 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas en marzo

Seguen rulando...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2017 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo
No Día da Muller compartimos desde a Biblioteca Brea Segade o vídeo elaborado pola Deputación da Coruña coma homenaxe á muller.
Sumamos a nosa voz para reivindicar a normalización do papel das nenas, mozas e adultas na sociedade e mostrar o noso compromiso diario coa igualdade.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2017 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
"O mundo que queremos" no Salón do Libro
"O mundo que nós queremos" xa está no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Desta vez participamos todos os cursos do colexio cunha maqueta na que reproducimos obras de Castelao e Maruja Mallo e na que incorporamos seis libros, elaborados polas seis titorías do colexio, nos que falamos sobre: cultura, medioambiente, arte, saúde, igualdade e tecnoloxía. Foron semanas de moito traballo nas aulas, de colaboración de todos os profes e, por suposto, de Tino, imprescindible, coma sempre. Pagou a pena o proceso e pagou a pena o resultado final.
O venres demos por rematada a maqueta, despedímonos dela e levámola ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Nunha semana, o día 10 de marzo, abrirá o Salón. Que ganas de ver con que nos sorprenderán este ano!





Boa viaxe, vémonos en Pontevedra!




Castelao agocha segredos




Reinterpretamos a Maruja Mallo




Revisando que todo estea ben





Comentarios (2) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 06-03-2017 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas no Entroido
As Mochilas Viaxeiras tamén marcharon de Entroido, seguro que entre disfraz e disfraz atopastes tempo para ir revisando e lendo o seu contido.
Aquí tedes @s afortunad@s; desta vez colleron as mochilas en dous momentos diferentes, cousas que pasan na semana de Entroido no cole :-)

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-03-2017 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido no Brea Segade
Os equipos de Dinamización Lingüística e Extraescolares coordinaron a celebración do Entroido no colexio. Despois dunha semana de risas e festa co Toribio e moito traballo nas aulas para telo todo listo chegou o venres, o día grande.
Unha morea de robots baixaron en pasarrúas a botar as súas coplas de Entroido en Campo de Pazos. Os nosos escornabots estaban emocionados por esta homenaxe. Os disfraces ademais de chulísimos eran respetuosos co medio ambiente, todo material reciclado.
Tivemos a sorte de ir acompañad@s pola espectacular Charanga Brea Segade que nos fixo bailar e cantar en todo momento. Como luciron as coplas coa charanga tocando!
E, como é normal,á volta houbo que recuperar forzas con doces de Entroido e despedirse do Toribio ata o ano que vén.

Viva o Entroido! Viva a alegría e a festa na escola!
Canto aprendemos nestes días e que ben o pasamos!































Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2017 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Non quero ser un polbo
Como nos gusta na BBS ver a toda unha clase contando un conto! Iso foi o que fixo segundo esta semana, entre tod@s contáronnos Non quero ser un polbo de Francesca Chessa. E que ben o fixeron!

—Ola! Chámome Octavio. Gustaríame traballar no circo do fondo do mar, pero os meus tentáculos son un estorbo: non sei que facer con eles! Estou farto de ser un polbo!


Así comeza a historia do polbo Octavio que vai polo fondo do mar buscando unha solución ao seu problema. Gustounos moito a historia, tamén as ilustracións e sobre todo... os contador@s. Graciñas, segundo!





Non quero ser un polbo!




















Bravo, segundo!



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-02-2017 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Chancho Pancho

Esta semana retomamos unha das actividades que máis nos gusta na BBS, os contacontos en familia: Na BBS tod@s contamos.
Entre febreiro e xuño teremos a sorte de contar con pais, nais, avoas, avós, tías, tíos, irmás e irmáns maiores... contando contos nos recreos.
Abriron a tempada Rafa e Antonio, contando man a man Chancho Pancho, unha divertidísima historia de Maurice Sendak. Como nos gustou!





Rafa e Lois anunciando o conto




Grande expectación!
























Bravo!




Grazas, Antonio! Grazas, Rafa!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-02-2017 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas viaxeiras en febreiro

Tocou cambio de novo, as mochilas xa están en dez casas diferentes. Que vos gusten moito!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-02-2017 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Tres han de ser
Alba, Iker, Noemí e Sara foron hoxe os contador@s no recreo. Escolleron unha historia que na BBS sempre nos gustou moito, Tres han de ser de Darabuc e Fátima Alonso. Gústanos este conto sorprendente que rompe cos tópicos con moita naturalidade, gústannos os protagonistas, decididos e abertos e como non, encántannos as ilustracións moi coidadas e detallistas. E gústanos ver que pasan os anos e as xeracións pero na nosa biblioteca seguides escollendo boas historias, ben contadas. E seguimos tendo novos contadores e contadoras que van collendo o relevo :-)











Moi ben, contador@s


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-02-2017 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Papá, por favor, achégame a lúa
Clara e Ainara contáronnos esta semana a historia dunha meniña que quería xogar coa lúa e do que seu pai fixo para contentala. Papá por favor, achégame a lúa de Eric Carle é, como todas as obras deste autor, un libro sorprendente, para ler, contemplar e xogar; cun texto e unhas ilustracións preciosas. Levabamos tempo sen escoitalo na BBS, de feito algúns dos pequen@s non o coñecían e, coma sempre, foi un éxito.
Grazas, contadoras!










Moi ben!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-02-2017 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Paz
O luns celebramos no centro o Día da Paz, nun acto coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Extraescolares. No transcurso do acto, inaugurouse o Xardín da Memoria, un recuncho de plantas aromáticas, creado con plantas aportadas polas familias, que pretende ser un espazo de lembranza das inxustizas que acontecen no noso mundo e tamén de esperanza, pois para nós a natureza representa o mundo que queremos para medrar.
No acto, ademais de música e a lectura dun manifesto, a aula de primeiro presentou o seu primeiro libro de creación colectiva que xa forma parte dos fondos da BBS.





O Xardín da Memoria










Palabras pola Paz




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-02-2017 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo que queremos
O mundo que queremos é o lema do XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Un ano máis o noso centro, coordinado pola Biblioteca Brea Segade, participará coma centro convidado cunha maqueta elaborada, nesta ocasión, entre todo o alumnado e profesorado do colexio.
Para comezar e decidir que queriamos incluír na nosa maqueta convidamos a todas as clases a pensar e falar sobre que mundo queremos e que mundo non queremos e plasmalo nunha ilustración. Tras a posta en común nas clases, recollemos ideas moi interesantes e fermosos debuxos que nos permitiron botar a andar o noso proxecto e tamén empregamos nas actividades de conmemoración do Día da Paz.
Xa estamos en marcha! Irémosvos contando...
























Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 04-02-2017 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas