biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na BBS contan tod@s: La Tierra cumple años
Mellor non podiamos comezar a primeira semana de abril, o mes dos libros: sol, calor e conto!
Hoxe estiveron na BBS Tíffani e Yoli, a súa nai, contándonos "La Tierra cumple años" de Fátima de la Jara e Gerardo Domínguez. Boa historia para pensar sobre o trato que lle damos á Terra e sobre o que podemos facer para celebrar e coidar cada día a riqueza do noso planeta.
Un gusto escoitar de novo a dúas das nosas contadoras "en familia" veteranas.

Graciñas,Yoli, graciñas Tíffani!












Estupendo, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 03-04-2017 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Medremos co libro!

Feliz Día do Libro Infantil e Xuvenil
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 02-04-2017 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ledicia Costas no Brea Segade
Hoxe veu Ledicia Costas ao noso colexio. Sentouse na biblioteca diante dos alumnos e alumnas de 5º e 6º para falarnos sobre a súa idea para un novo libro e tameń para responder ás nosas preguntas. Máis tarde contounos en quen estaba inspirado o avó de Román, no primeiro libro de Escarlatina. Estaba inspirado no seu avó, que segundo ela, era un pouco raro, e contounos algunhas anécdotas. Ao final de todo, asinounos os libros.
Todos pasámolo xenial!
Grazas, Ledicia, por visitarnos este ano. Esperamos que volvas!


Alumnado de 6º













Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-03-2017 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: No bosque
Héctor e o seu pai Antonio foron os contadores de hoxe. Hécor escolleu No bosque de Anthony Browney, unha historia que sempre que se escoita por primeira vez sorprende e fai pensar sobre os contos tradicionais,os medos e os prexuizos. Unha histroia que sempre nos gusta, por moitas veces que a escoitemos.
Graciñas, Antonio, xa un experto contador da BBS e graciñas Héctor.















Grazas!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 29-03-2017 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Ledicia Costas
Mañá Ledicia Costas estará na nosa biblioteca para falar co alumnado de 5º e 6º sobre dúas das súas obras: Escarlatina a cociñeira defunta e Esmeraldina a pequena defunta.
Aquí tedes o tríptico que elaboramos na BBS para facer máis levadeira a espera do Encontro. :-)


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-03-2017 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Os Bolechas van ao parque de atraccións
Hoxe Dani e a súa nai, María, leváronnos ao parque de atraccións cos Bolechas. Era a primeira vez que os dous contaban un conto na BBS e aínda que dixeron que estaban un pouco nerviosos, non se notou, fixéronno de marabilla. Os Bolechas van ao parque de atraccións de Pepe Carreiro, escolleuno Dani, porque é un dos seus Bolechas favoritos e, polo que se viu, tamén é dos favoritos para moitos dos seus compañeir@s de Primeiro.

Graciñas, María e Dani!

Quedades fichados como contadores da BBS :-)












Bravo!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 28-03-2017 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Rematamos a semana da poesía
Unha semana compartindo poesía na Hora de Ler, os pequen@s escoitando aos grandes recitar e recibindo poemas e debuxos como agasallo, non puidemos pensar en mellor xeito de celebrar o mes da poesía. Graciñas a tod@s os axudantes da BBS polo voso esforzo desta semana, fixéstelo moi ben.











Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 25-03-2017 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Tío Lobo


Este venres Esther, a nai de Abel, estivo na nosa biblio para contarnos entre os dous, Tío Lobo de Xosé Ballesteros e Roger Olmos. Abel escolleu esta historia tan divertida que ten como protagonista a unha nena algo pilla e a un lobo que nos fai rir de principio a fin do conto. Que ben soan os contos cando os ledes mana man cos vosos pais ou nais, dá gusto!
Graciñas a Esther, unha veterana dos nosos contacontos, e graciñas a Abel. Tedes que repetir! E graciñas tamén á avoa de Abel, outra das colaboradoras da BBS.














Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 25-03-2017 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Xoves poético
Os nosos axudantes seguen a espallar poesía polas aulas na Hora de Ler. Dá gusto escoitalos!

















Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 23-03-2017 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Poetizándonos
Seguimos compartindo poesía na Hora de Ler. Que ben o están a facer os nosos axudantes!









Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 22-03-2017 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas de primavera

Con chuvia, moito frío e ata pedrazo, saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras desta primavera.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-03-2017 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Poesía
Hoxe celebramos o Día da Poesía, tod@s xunt@s, lendo e recitando poemas, xusto ao chegar de gozar de música e contos. Mellor mañá imposible!
E aínda nos queda toda a semana para compartir poesía na Hora de Ler!

Gústanos a poesía!






































Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2017 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
A frautista de Hamelin
Hoxe tivemos a sorte de asistir, no Auditorio de Rianxo, a unha versión musicada, ambientada en Rianxo e actualizada, dun dos clásicos máis coñecidos dos irmáns Grimm. A frautista de Hamelin foi interpretada por cinco músicos da Banda da Escola de Música de Rianxo (saxo tenor,clarinete baixo, clarinete, frauta traveseira e teclado) e narrada por Tero Rodríguez. A música foi composta por Antón Alcalde e a adaptación da historia por Tero Rodríguez. Pasamos unha hora máxica, enganchad@s á historia e gozando da música, un luxo!
Graciñas, Rafa, Antón, Fran, Sabela, María e Tero!







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2017 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía na Hora de Ler
Ao longo de toda esta semana @s axudantes da BBS levarán poesía ás aulas de 1º,2º,3º e 4º na Hora de Ler. Escolleron poemas dunha escolma de versos de escritos por mulleres realizada pola BBS e cada día un grupo compartirá algúns deses poemas nas clases dos máis pequenos. Hoxe comezaron. No mes da poesía:

Poetízate!





Primeiro




Cuarto




Terceiro




Segundo

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 20-03-2017 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Semana da Poesía



Estivemos argallando algo xunto cos axudant@s da BBS para a semana da poesía... Mañá comezamos. Seguiremos informando :-)
Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 19-03-2017 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas