biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na BBS contamos tod@s: Ollobrusco
María e Noelia, a súa nai, estiveron nos recreos lectores esta semana. Contáronnos Ollobrusco de Darabuc e Maurizio A. C. Quarello. Unha viaxe de aventura protagonizada por un rato e os seus amigos lévaos a coñecer ao un cíclope,Ollobrusco e a descubrir a amizade verdadeira, os perigos, o medo... Era un dos contos favoritos de María cando era máis pequena, e tamén nos gusta especialmente na BBS, como toda a obra de Darabuc.
Graciñas, Noelia e María!















Bravo!

Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 03-05-2017 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Abril
Remata abril, mes dos libros e dá paso ao mes das nosas Letras. Como despedida do mes grandes dos libros e a lectura voltamos a vista atrás e lembramos parte do moito que vivimos na BBS neste mes: descuberta de Maruja Mallo,retorno da maqueta do salón do Libro, contacontos, apadriñamentos, préstamos agasallo... Moito que celebrar e moito que compartir.




Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2017 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contan tod@s: A casa da mosca chosca


Esta semana retomamos os contacontos do mellor xeito posible, con Alexia e a súa nai, Yolanda. Escolleron un clásico imprescindible, A casa da mosca chosca de Eva Mejuto, que lle gustaba moito a Alexia e a tod@s nós.
Como nos gusta na BBS vervos contando contos en familia! E como nos gusta que medre a noso grupo de contadores e contadoras!
Graciñas, Yolanda e Alexia!
Ide escollendo conto para o curso que vén :-)




A casa da mosca chosca










Bravo, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 27-04-2017 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas Viaxeiras...seguimos


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-04-2017 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro, un agasallo
E tamén os axudantes de 5º e 6º tiñan o seu préstamo-agasallo, preparado polos profes do equipo de biblio.

Feliz Día do Libro e felices lecturas para tod@s!




Primeiro




Segundo




Terceiro




Cuarto






Quinto
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2017 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Préstamo agasallo no Día do Libro
Hoxe todo o alumnado do colexio recibiu un "préstamo-agasallo". Os axudantes ao longo da semana pasada escolleron libros da BBS para emprestar aos compañeiros e compañeiras de 1º, 2º, 3º e 4º.



Preparando os agasallos






Un libro para cada neno/a na escola




Escollido pensando no neno ou nena




Decorando






Clasificando






Preparando o cartel anunciador




Préstamos listos!







Para eles foi unha sorpresa entrar do recreo e atopar unha caixa chea de libros-agasallo para cada clase, préstamos personalizados seleccionados e preparados polos maiores.




Primeiro






Segundo






Terceiro




Cuarto






Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2017 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Libro
Compartimos hoxe, Día do Libro no noso cole, o texto do marcapáxinas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou para conmemorar o Día Mundial do Libro. Foi un dos "agasallos sorpresa" que recibiron hoxe os nosos axudantes, para agradecerlles o seu "traballo cómplice" coa BBS ao longo do mes de abril. Sen eles os apadriñamentos lectores e o préstamo agasallo non tería sido posible.

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2017 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS
O venres 7 de abril viu a luz o número 11 do noso Xornal BBS. Aquí o tedes en versión dixital.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 14-04-2017 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Coas madriñas e padriños
Na nosa celebración do Día do Libro Infantil non só houbo contos, ao rematar no patio, tod@s xunt@s entramos a preparar marcapáxinas e retratos de Maruja Mallo para montar un mural colectivo coa estética pop art da obra de Andy Wharhol. Afilladas e afillados traballaron cos seus padriños e madriñas así de ben... Mirade:


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 13-04-2017 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o Día do Libro Infantil
A última semana de trimestre comezamos coas actividades do mes dos libros. Abril é un tempo de celebración do noso compromiso coa lectura e cos libros e na nosa biblioteca unha das actividades coas que sempre festexamos abril é o apadriñamento lector. Un ano máis os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º convertíronse en madriñas e padriños dos de 1º, 2º e 3º. Un ano máis enchemos o patio e a horta de contos e de lecturas complices. Aquí tedes as imaxes, coma sempre, moi fermosas.

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 13-04-2017 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas na Pascua
As Mochilas Viaxeiras están de vacacións de Pascua en dez das vosas casas. Desta volta foron entregadas en tres quendas diferentes porque 3º e 4º estaban na piscina á hora habitual de reparto.







Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-04-2017 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar de abril



Axudantes da BBS

Onte tivemos o segundo xantar dos axudantes da BBS. Volveu facer un día fantástico así que puidemos ir a Campo Maneiro, xantar, xogar e achegarnos á plantación de castiñeiros que fixeramos hai uns anos. Un bo encontro para un trimestre no que os axudantes traballaron moito :-)





No xantar
















Empezando a xogar










Na plantación do Brea Segade




Que vistas desde Campo Maneiro!


Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 04-04-2017 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contan tod@s: La Tierra cumple años
Mellor non podiamos comezar a primeira semana de abril, o mes dos libros: sol, calor e conto!
Hoxe estiveron na BBS Tíffani e Yoli, a súa nai, contándonos "La Tierra cumple años" de Fátima de la Jara e Gerardo Domínguez. Boa historia para pensar sobre o trato que lle damos á Terra e sobre o que podemos facer para celebrar e coidar cada día a riqueza do noso planeta.
Un gusto escoitar de novo a dúas das nosas contadoras "en familia" veteranas.

Graciñas,Yoli, graciñas Tíffani!












Estupendo, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 03-04-2017 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Medremos co libro!

Feliz Día do Libro Infantil e Xuvenil
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 02-04-2017 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ledicia Costas no Brea Segade
Hoxe veu Ledicia Costas ao noso colexio. Sentouse na biblioteca diante dos alumnos e alumnas de 5º e 6º para falarnos sobre a súa idea para un novo libro e tameń para responder ás nosas preguntas. Máis tarde contounos en quen estaba inspirado o avó de Román, no primeiro libro de Escarlatina. Estaba inspirado no seu avó, que segundo ela, era un pouco raro, e contounos algunhas anécdotas. Ao final de todo, asinounos os libros.
Todos pasámolo xenial!
Grazas, Ledicia, por visitarnos este ano. Esperamos que volvas!


Alumnado de 6º













Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-03-2017 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas