biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Para que les?
Desde a semana pasada aparecen no espazo central da nosa escola carteis de cores decorados cuns monigotes. Cada día aparecen uns pouquiños. Levan fotos de persoas coñecidas: un dos médicos de Taragoña, Maite a carniceira, os monitores de deporte, o director da banda de música, o dono do estanco, a farmacéutica, o óptico, Xesús Santos, Manuel Dourado, Sofía a dentista, María, Bea, Pipo, Uxía ...
Todos eles teñen textos escritos a man e falan de libros, da lectura, de para que ler.

Hoxe un cartel cheo de monigotes desvelounos un pouco máis o misterio. Estes carteis forman parte dunha exposición que o venres día 23 será xa moi grande e adornará as paredes de institutos e colexios de toda Galicia.

Para que les? é o título dunha exposición que ten como punto de partida unha iniciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. A colaboración entre máis de cen bibliotecas escolares perfectamente coordinadas por Loli Lago do Ies de Fene e Charo Sánchez Gabriel do Ies Sánchez Cantón de Pontevedra dá lugar a cerca de douscentos carteis nos que persoas diversas falan dos seus motivos para ler. Queremos que este ano no 23 de abril, Día do libro, os nosos colexios e institutos estean cubertos de boas razóns para ler.

Os monigotes que dan vida aos carteis da exposición son deseño do artista Jaime Eizaguirre Santillán (A Coruña, 1980). Jaime é arquitecto e desde o 2007, publica as súas viñetas na web ana+eiza. Xunto a Ana López forma Ana&Eiza, equipo de arquitectura e deseño. Agradecemos a Jaime a súa colaboración desinteresada con este proxecto e os seus fantásticos deseños.

Desde o CEP Milladoiro de Malpica, Olga Rodríguez coordinou o traballo de recompilación de textos e fotos de persoas famosas con profesións moi diferentes que nos contan que Eles tamén len. Esta é a segunda parte da exposición que empeza a decorar as paredes de todo o noso centro.

Desde a Biblioteca Brea Segade decidimos pedir a colaboración de veciños e veciñas de Rianxo, Taragoña e o Araño para aportar á exposición "o noso toque local". Propuxémoslles contestar a tres preguntas:

- Para que les?
- De que lecturas da infancia gardas mellor lembranza?
- Que che gusta ler?

A acollida que está a ter a nosa proposta é incrible e así moitas caras coñecidas e próximas están a sorprender a nen@s e maiores desde a entrada da biblioteca.

Temos pois unha grande exposición no noso colexio, que vai medrando día a día, con tres seccións que se complementan.



Aínda estades a tempo de participar cos vosos comentarios ou vosas aportacións no correo da biblioteca: breasegade@yahoo.es.
E ti para que les?


Graciñas Implicadas, Loli, Charo, Olga e Jaime!
Graciñas a todas as persoas que participades na exposición.
E como non, graciñas ás bibliotecas escolares galegas.
BBS


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-04-2010 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Grazas a tod@s vós por permitirnos compartir eses marabillosos sentimentos e emocións #blgtk08#que nos provoca unha das nosas paixóns, a lectura.
Apertar lectoras dende Fene
Comentario por O Segrel do Penedo (21-04-2010 23:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas