biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Libro de visitas do 25 aniversario
A suxerencia dun antigo alumno abrimos este enlace para que exalumnos, exalumnas, exprofes, alumnos e alumnas actuais, profesorado, nais, pais e todas as persoas que pasaron polo centro poidan mandar os seus comentarios, as súas lembranzas, as anécdotas, só un saúdo... neste ano de celebración.
Este é pois o Libro de Visitas do 25 Aniversario do Brea Segade, enchédeo, é para todos vós.
Para que sexa máis doado acceder a el temos un botón a man esquerda que con só premer xa nos leva directamente.
Aproveitamos para dicirvos que para acceder a todo o publicado sobre o 25 aniversario entrade en Educaldea, buscade Visitar aldea no menú da man esquerda e premede sobre a categoría 25 aniversario.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 25 anos, ¿estades seguros?
Parece que foi onte cando subía por primeira vez a ese autobús, a miña era a primeira parada do percorrido e polo tanto escollía sitio ¡gran privilexio!. Daquela ainda era un rapaz formal ;) e por suposto quedeime no asiento de diante, a carón do conductor. Na seguinte parada todos foron pasando e ninguén se sentou a miña beira, pero como se soe dicir, á terceira foi a vencida, subeu un neno con cara de non ter roto un prato na súa vida e quedouse durante 2 segundos vacilando entre sentar comigo ou seguir buscando un sitio máis axeitado, de reollo ao velo, pensei que podería ser un bó compañeiro de viaxe e movinme para o asento da ventá, e sí, sentouse do meu carón, ata final de curso.

Fomos moi bos amigos durante toda a nosa vida no Brea Segade, pero xa sabedes que a falla de contacto, os novos amigos, vivir lonxe e demáis, fai que as amizades se esbaezan e só de vez en cando lembre o fermosos que foron a#blgtk08#queles tempos de amizade con él e moitos outros...

Estoulle a dar voltas á cachola e non lembro quen era o conductor, do que sí me dou conta é da paciencia que tiñan... ¿quen aturaba a perto de 50 rapaces voureando e a brincos entre os asentos?. Daquela non tíñamos monitores/acompañantes coma agora, íamos entrando coma o gando, a empuxóns, uns por enriba de outros ata que entraba o último.

Pensandoo ben, o colexio e o autobús eran unha pequena civilización paralela, coas súas clases xerárquicas ben definidas, leis non escritas que todos coñecíamos, etc., e había que sobrevivir naquela selva... 500 rapaces de todo tipo e condición, meu deus como foi posible sacar aquilo para diante sen que houbese moitas baixas na tropa, vale sí, houbo algúns danos colaterais, pero iso queda en simples anécdotas para lembrar...
Estaría ben que algún outro ex-alumno ou mestre conte algo... animarse que sei que aínda anda algún por ahí.
Comentario por Daniel (12-05-2009 00:14)
2 Hai vinte e cinco anos os días eran longos, o tempo corría amodo, os espazos semellaban amplos e as distancias de días.
Hai vinte e cinco anos o colexio era novo,os profesores maiores e os de oitavo moi altos.
Hai vinte e cinco anos as cadeiras eran duras, os libros grosos e as tarefas demasiadas.
Hai vinte e cinco anos os autobuses eran vellos,os conductores serios e
os asentos "de a tres".
#blgtk08# Hai vinte e cinco anos unha escursión era un agasallo, un bocata o menú e o "carrascás" o hino.
Hai vinte e cinco anos o recreo era curto, o brilé era un deporte, o fútbol un xogo e os balonazos doían.

Hai xa vinte e cinco anos...
...os amigos eran o mellor de todo.

O meu agradecemento vai para toda a comunidade educativa do Brea Segade por convidarnos a voltar vinte e cinco anos despois.
Comentario por Miguel (12-05-2009 00:23)
3 Son moitos recordos os que se producen ao pensar no Brea Segade para sintetizar en pouco espacio, simplemente queria recordar un pouco a rutina do dia a dia no colexio.

Recordo a espera na parada, as veces con choiva, dando patadas a un balón e xogando cos amigos sabendo que pronto chegaria o autobús (Por certo, seguian sendo vellos fai 10 anos e os conductores serios, aparte de compartir asiento cos maiores que se dirixian para o mercado a rianxo... pero eso e outra historia...).

Logo subindo cara Campo Maneiro, o propio viaxe xa era unha aventura, todos os dias habia novidades e sobre todo, pequenas liortas cando de pronto aparecia ese grande edificio verde onde nos esperaba todo un dia de clases, amigos e sobre todo, recreo.

As clases, unhas veces parecian horas e horas ata o recreo, outras veces parecian dias :-) pero no fondo todos o pasabamos ben na aula, e porque non decilo, aprendemos moito, moitas cousas, e #blgtk08#hoxe, mirando con retrospectiva, ai que recoñecer que fumos unha xeración privilexiada polas facilidades que tivemos, e en xeral, unhs educadores profesionais e máis que comprensivos...

O recreo, o momento añorado por todos, onde o tempo aceleraba e onde se olvidaba todo deixando paso a xogos, charlas ou simplemente pasear o redor do Brea Segade.

Recordo, como se fose unha foto, a xente xogando nas pistas de futbol (as veces 2 e 3 partidos a vez, e os máis afortunados, na pista vermella :P), outros xogando o baloncesto, as canicas, cos trompos, ect... E o finalizar o tempo de lecer, era como un aterrizaxe forzoso á realidade, de novo os libros...

Logo tocaba a volta a casa, a despedida, quedando atrás de novo ese edificio verde, o que nese momento deixabas unhas veces con alegria, outras veces con indiferencia pero sabendo, que o dia seguinte, volverias a estar na parada, puntual, e coa ilusión de unha nova aventura.
Comentario por Roberto (13-05-2009 17:22)
4 As bagoas case recorren as miñan meixelas o pensar nas xegaracións que albergan no seu recordo o Brea Segade.
O Brea Segade e parte de nos, e un cachiño da alma de todo alumno que paseou polas suas clases, pasillos e patios;seica para moitos é un cachiño afundido nos recordos, vago e insulso e tal vez cunha efimera importancia; pero para outros é, como xa dixen, parte do noso ser.O NOSO colexio foi autor do tipo de persoas que hoxe somos, naqueles anos descubriamolo noso mundo, pouco a pouco abriasenos gracias a sabiduria dos seus mestres.

Inda recordo as cortas esperas xogando na parada de Fachán cando estaba na de meus avós, inda nn eran as nove e xa todo o mundo andaba a berrar, os nenos decidindo as escusas polas que nn fixeran as tarefas do día anterior, as nais gritando aquelo de "pon a cazadora que coma che colla#blgtk08# o frio vouche quentar eu"(recordovos que nunca faciamos caso);tamen recordo as esperas sentado na parada do Poste, nas primeiras etapas acompañado por miña irma maior e xa logo cos veciños, máis nesta parada eramos poucos e xogos aran cousas sinxelas como contar os coches segundo cor e apostando oa que cor se repetia mais, o ellor desta parada era que nos collia o primeiro autocar que pasara, viñera de Campos u de Fachán.
Mencion grata e intrepida para os autbuses, ¿quén se acorda de ir no tiburón, no minifalda, no chocolate, etc?¿quen se acorda de baixar con José Manuel agarrado do asiento que bailaba, mentres vias pasar a tua corta vida a vez que pasabas pola curva da chatarreria?¿quen se acorda de ir correndo detras do autobus para ver se che via e paraba?e cando no facia ¿a quén non ten levado sua nai en coche o colexio?
Comentario por Raúl (14-05-2009 01:33)
5 Cando vín o cartel "25 anos do Brea Segade" deime conta de que botaba de menos aqueles tempos e dacontado veume a cabeza a frase dita " todo tempo pasado foi mellor". Non sei se podo afirmar que no meu caso é certo, pero podo decir que dalí saín podendo expresar que estou contento de pertencer a esta enorme familia estudiantil

Só podo recordar bos momentos e por non volver comentar anecdotas xa narradas polo resto de visitantes, quero narrar outras experiencias.

-Acordome da roupa. ¿Quén non se encheu de barro o calzado e o pantalon xogando nas pistas de terra? Os resbalóns inoportunos na pista de terra erán o terror das nosas nais xD

-Os cromos. Ahi estabamos todos os recreos nos que non se podia xogar ou aproveitando calquer intre para recitar a frase " Cambioche a "fulanito por "menganito" , que o teño repetido"

-Os partidos interescolares. Acordome dos venres a tarde nos que o equipo de futbito, baloncesto, voleibol, ping pong e sabe dios que máis, nos xuntabam#blgtk08#os para xogar contra os equipos de outras colexios. Había tanta xente implicada nestes eventos que podo afirmar que parecia outro recreo máis

-As ligas post-clase: Mentras esperabamos ós do segundo viaxe que nos recollera o autobus para ir pa casa, faciamos ligas de futbol. ¿Quen non se acorda dos campeonatos co lema " O que chegue a 100 goles gana"? Creo que somos precursores neste tipo de eventos xD

-As filas de súbida pa clase: Por intentar recordar actos educativos, comentar o despliegue tactico que se producia cando tocaba a sirena. As dúas portas de entrada preparabanse para recibir aos alumnos organizados en filas, cada unha pertencente a unha clase e grupo. Turnabanse para entrar, agarrarse ao pasamano verde que acompañaba as escaleiras, e atravesar a porta verde que tiña un cristal alongado e vertical no que encima se situaba o cartel do grupo.

Aínda que teño moitos maís recordos, só podo decir que quero volver a entrar nese colexio e sentarme nun pupitre, ¿son o único?
Comentario por Pablo (16-05-2009 21:07)
6 Expreso os mesmos sentimentos que Pablo hacia o Brea segade..lendo as súas palabras penso que estubemos na mesma clase.jajaj :D
Dar moitas gracias a Tino xa que él era a persoa encargada de vacilarme(alegrarme) xa a primeira ora,namais chegar,grande Tino!,xa que eu non tiña a sorte de ir no autobús :(,senon que a busera era miña nai día tras día.jajaja.Prosigo dando gracias a Teresa pola cultura xeneral ofrecida de esa forma tan propia e os deberes que sempre querias facer antes que nada,olé Teresa!Lembro tamen a un mestre aliado a súa ¨juanifasia¨ jajaja,o director forján,un home de caracter serio pero o m#blgtk08#ais festeiro...a profesora de relixión..mil recordos:carnavales increibles,(pasar pola pedra),visitas o laboratorio,manualidades,bailes,coreografias,jajajaja..lavados bucales con fluor,canicas,pinpon,futbol,barrancos,!Rodolfo!jajajajajajaj,magnificos intercambios,sen duda alegrome moito de pasarme a miña infancia no brea segade..infinitos redordos gracias a uns mestres tan parcitipativos como os alumnos ou mais,gracias a todos os que colaborastedes na miña educación,GRACIAS!
Eu tamén quero volver entrar e sentarme nun pupitre!!!!!!


ONE LOVE PARA A MESTRA DE EDUCACIÓN ESPECIAL
-
Comentario por (17-05-2009 13:49)
7 Ola amigos,

En primeiro lugar quero felicitar a "Tino" que xunto co colexio él tamén está de aniversario. Dende este correo quero darlle as gracias porque antes para nós Tino erao todo, cando había peleas viña Tino, se había algunha caída viña Tino, fotocopias Tino, averías Tino e incluso recordo con moito cariño que nos ten preparado manzanillas cando no sentíamos mal (un saúdo tamén para a súa Dona e a súa filla Alba).
¿Acordádesvos do R4? Aquel marabilloso coche verde cargado de golosinas que nos esperaba na entrada do colexio, era baixar do autobús e correr para facer cola e comprar algunha gominola, e que frescos estaban os helados eses de hielo de barra que viñan en plástico,...
Eu sí tiven a oportunidade de volver entrar no colexio, de sentarme nunha silla (ainda que agora parécenme moi pequenas), de entrar en varias aulas,
e o que me deu un pouco de pena foi o laboratorio . Antes estaba super limpo, novo , ordenado, con moito material didáctico, pero claro alí estaba M#blgtk08#ª Carmen Mencía ("a huesitos") que ca súa inquietude o tiña todo coma unha patena. Saúdos para ela tamén, haber a quen non lle quedou claro a función que teñen os tendóns despois de ter que levar a clase a pata dunha galiña para tirarlle deles e ver como se doblaba; e o de levar os pulmóns dun animal e cunha barra de bolígrafo facer o movimiento da respiración, ....con ela as ciencias da naturaleza tiñan o lema "unha lección divertida nunca se olvida", todo era con experimentos e práctico.
Quero aproveitar a ocasión para recordar a profesora que máis me marcou para ben, foi Mª Teresa, que se xubilou o curso pasado, foi estupenda e moi correcta.
Seguiría falando de moitas cousas máis pero tampouco quero agobiar, dos xogos da corda, a goma, o pañuelo , o brilé , a roda, ás bolas, ó trompo, a facer o pino con varios en fila, á mula, ovo pico araña, .... que tempos.

Gracias a todos os profesores e colaboradores que organizaron estos actos para celebrar o 25 aniversario do noso colexio.
Comentario por Begoña (18-05-2009 12:35)
8 Hola a todos, canto tempo pasou,cando estudiabamos todo nos parecia pasar amodo, e agora eu xa vou ter unha filla a que lle falta un ano para ir para o mesmo colexio onde eu coñecín a un monton de xente.

Eu non me recordo de moitos nomes pero si do de alguns como a miña primeira titora dona Teresa a profe de lingua castelá dona Berta a profe de ingles dona Beatriz,don Juan o cal fixemos durmir nunha silla no pasillo na excursión de fin de curso en Madrid para que non andivesemos de cuarto en cuarto de juerga de noite, e bueno moitos mais Rodolfo, Arturo,Pepita e como non Tino o conse#blgtk08#rje.
E como comentaban por ahi os viaxes no autobus apretujados de 3, e a xogar as curvas ou cando podiamos escapar monte abaixo a saida porque como tiñamos que esperar o segundo turno do autobus xa iamos monte abaixo ainda que o final chegasemos canda o autobus,pero daquela pareciannos grandes trasnadas.

Felicidades a todos porque pouco a pouco fixemos un pouco de historia neste colexio.

O mais bonito e que o tempo pasou e cando vas pola rua ainda falas con antigos compañeiros que o mellor fai tantos anos que non os ves como os que te fuches do colexio.
Comentario por esther (22-05-2009 16:27)
9 Eu marchei o ano pasado non fai tanto diso pero votase moito en falta os profes e todos os compañeiros.
No colexio estabamos todos mais pendientes uns dos outros ca no instituto porque cada un anda a sua bola.
Xa hai moita xente ca que non falo#blgtk08# ou non me falan, todos cambiamos cando chegamos o instituto un mais ca outros pero non podes facer nada porque nadie che fai caso, antes todos andabamos xuntos pero haora non.
Botase moito en falta o colexio.

MOITOS BICOS
Comentario por jenni (24-05-2009 18:43)
10 Descubrín que o colexio Brea Segade cumpría 25 anos, porque grandes carteis de millóns de cores o anunciaban por tódalas vilas. Un cuarto de siglo. Eu tamén recordo o Brea Segade coma se fose onte, aínda que o meu caso é especial.

Ese gran edifico verde acompañábame tódolos días, subía as escaleiras e sentábame no meu pupitre. Tamén xogaba coas miñas amigas e amigos na parte de atrás, ás canicas (xogo ao que non me gustaba nada perder, por certo). Tamén botaba algún partido ao balocensto ou ao fútbol (a este menos xa que os nenos éranche un pouco brutos).

O colexio Brea Segade foi e sigue sendo moi especial. Podo afirmar que a miña paixón polo Entroido provén do espírito que reinaba no colexio nesas datas. Os festivais de fin de curso marcaban un remate, pero sempre significaban un novo comezo. As actuación#blgtk08#s, obras de teatro, bailes e demais supoñían o mellor colofón a nove meses de recreos e, non me esquenzo, de deberes.

No Brea Segade todos empezamos a andar, alomenos académicamente. Pero as cousas que aprendín van moito máis alá dos libros: plantabamos árbores, xogabamos, faciamos amigos e amigas, divertíamonos e así pasaba o noso feliz día a día (facéndonos un poquiño máis grandes).

Sen embargo, non recordo os autobuses (nin os seus percorridos), só sabía a que hora chegaba o primeiro e a que hora partía o derradeiro. O Brea Segade é unha casa para min.

A miña relación co Brea Segade é diferente. Xa non estudio alí, mais o seu nome vai pegado ao meu.Xa vos comentei que o meu caso é especial: eu tamén coñezo a aquel a quen vós chamades Tino, pero eu chámolle "Papá".


Comentario por Alba (26-05-2009 00:49)
11 Como algún de vos, decateime do 25 aniversario do colexio Brea Segade cando vin un deses carteis que anuncian tan importante evento. O primeiro que pensei foi eso de ¡que rápido pasa o tempo!. Teño gravada a imaxe do meu primer día. Esperado o autobús, chegada a un colexio tan grande, eu tan pequeno, nervios, caras descoñecidas e unha gran incertudumbre por saber o que me depararía a xornada. Superado esto, únicamente se me veñen a cabeza recordos agradables e momentos moi bonitos que, como vos, dificilmente poderei olvidar. Lembro os moitos amigos que fixen e que todavía manteño, outros que fai anos que non vexo, profesores como Anton,#blgtk08# Pepita, Cachito...,os partidos de fútbol no recreo,os xogos de trompos, bolas..., magostos, entroidos e outras tantas cousas que non se volveran a repetir e que gardo con certa nostalxia. Sin duda foron uns anos e unhas vivencias que me aportaron moito e que marcaron notablemente as nosas personalidades. Considero curta esa etapa que sin duda prolongaría moito mais, pero como sucede cos chistes, o importante no é o que duren senon o que fagan reir e eso foi unha constante neses anos. Sen mais, lamentando non poder disfrutar en persoa con todos vos da celebración, recibide unha forte apreta.

Bicos e abrazos para todos.
Comentario por Jorge (26-05-2009 23:03)
12 Cando se fala de que o tempo é relativo, o tempo varia en cada un e á súa vez é constante, sempre irá como vulgarmente se coñece "cara adiante", co paso sucesivo de horas, minutos e segundos.

Naqueles tempos que todos falades e que todos os que pasamos por ali vivimos, existia sempre a forma de pensar de que a clase acabara logo para poder ir para a casa, e o de ou mil obxeccións ó respecto máis.

Agora despois de 25 anos do Brea Segade nome do cal é sacado polo afamado poeta e escritor nacido en Taragoña (ver wikipedia en galego), lugar tamén onde se encontra o xa eloxiado colexio.

Nós que despois de 20 anos nalgúns casos máis e noutros menos, vimos como ali nos faciamos maiores e como tamén en certo modo nos formabamos de cara un futuro.

Eu persoalmente vexo que sempre vas votar de menos tempos anteriores, a relatividade de aquel tempo pasado ali para ben ou para mal.

o baremo de profesores era do máis variopinto, e cada un obtivo #blgtk08#deles unha pequena forma de pensar e uns coñecementos, que servirían de cara un futuro tanto persoal como profesional.

O ser e a personalidade de cada un faise co paso do tempo e das experiencias, pero as que máis marcan son as de cando eres pequeno, xa que o cerebro está moi funcional á hora de descubrir o mundo que nos rodea, e a memoria por instinto vai recordar sucesos, erros cometidos...

Eu recordo que un dos detalles que máis me gustara era o libro que publicaba o colexio (sempre o lia), e tamén os libros de Anxel Fole que eran libros como diria Iker jimenez de 4º milenio "esotéricos ou de ultratumba" daquela eran a mellor ·filme de medo", a máis de centos de cousas mais.

Por ultimo decir que o que cada un puidera contar en vivencias personais deste colexio non cabe centos e centos de páxinas web, discos duros, servidores , e todo cacharro que poda almacenar datos. Pero o que si é certo é que un só se acaba quedando cas cousas bonitas da vida nesa época...
Comentario por fran (27-05-2009 00:17)
13 Xa 25 anos d Xosé Maria Brea Segade...
a min tocoume o sufrir o cambio de 7º e 8º a ESO e con isto abandoar 2 anos antes ese maravilloso colexio por outro en Rianxo onde xa ían os rapaces grandes.

Moitas vivencias, e moitos dos amigos cos que conto actualmente formouse alí. Sempre queixándonos pero a vez sempre vivindo con intensidade cada cousa que alí ocorría.

Personaxes varios... profesores como Teresa, Jose,Sol,Rodolfo... con caa un unha historia e os míticos medos a cada un.
Histórico como non tamén Tino o gran conserxe que cada día abría as portas, nos daba un pantalón cando nos caíamos nas charcas e acababamos cheos de barro.

Pra non esquecer tamén os recreos onde nun principio se xogaba as chapas, as canicas, os trompos cando era tempo, e sobre todo o fútbol#blgtk08# e mais a pilla pilla...
Destacar como non o de cando chegabas os cursos mais altos e cando podías desfrutar do campo rojo o actual polideportivo pero mentras esto non ocorría habia con conformarse co campo de terra e con 3 partidos xogados simultáneamente.

Esperar o autobús e coller un sitio que debía ser respetado o resto do curso pero sempre resgardando q os maiores irían atrás, impoñendo unha xerarquía

dende logo momentos e momentos que me fan recordar o lea que me sentía o ter esa idade e non ter máis preocupacións que o sitio que escoller ou o equipo co que iría no recreo... ademáis de tamén o existir A e B pique entre as duas aulas.
Momentos que se lembran e outros tantos que quedaron atrás pero dun modo ou outro estarán ahi.

bicos e apertas! ARRIBA TARAGONHA!
Comentario por Soraya (16-06-2009 22:55)
14 Eu agora vou para o instituto pero pasei 6 anos nese colexio paseino moi ben dende 1º ata 6º. Botarei de menos os profes sobre todo a goyo,xose luis, sil#blgtk08#verio, cova, charo,don juan,lucia,a de 1º e o novo de 4º q nn me acordo como se chaman. Non hai un colexio millor en galicia e felicidades polos 25 anos
Comentario por gonzalo (24-06-2009 18:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas