biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aniversario de María Mariño
Venres 8 de xuño, cen anos do nacemento de María Mariño. Tan só hai uns meses que moitos de vos empezastes a escoitar falar dela, pero neste tempo chegamos a coñecela ben, así que tiñamos que celebrar o seu aniversario por todo o alto.
Toda a escola en movemento. Dez equipos, dez probas, dez minutos por proba e un convite para unha festa de aniversario que conseguir. Houbo de todo: quen e quen?, ilustracións de poemas, poemas para completar e ordenar, cancións que aprender, paredes que pintar, preguntas que contestar, actividades que resolver nos computadores, palabras que representar con mímica... Todos os equipos conseguiron o seu convite para a festa no auditorio María Casares. Alí, Boris, Raquel, Nerea e Jose Ramón recitaron poemas e nos leron A Cantiga da costureira poeta de Xosé Agrelo Hermo.
Rematamos cantando tod@s xunt@s Airiños,airiños aires, musicado por Jose Luis e @s alumn@s de 6º. Escoitar a toda a escola cantar foi moi
emocionante!

E como remate rosca a fartar! Máis fotos na bibliogalería.
Comentarios (7) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 10-06-2007 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Gustoume moito o d#blgtk08#e pintura na parede.
Comentario por Manuel 3ª (11-06-2007 11:13)
2 O Venres 8 de xuño celebramos o dia das letras galegas e fixemos talleres distintos. Un era que a profe nos lía #blgtk08# un poema de
Maria Mariño e facíamos unha ilustracion.


Paseino moi, pero que moi ben.
Comentario por ROMINA 3º (11-06-2007 11:24)
3 O xogo que mais me gustou foi o de#blgtk08# a ver a quen estoupaba o globo.
Comentario por Suso 3ª (11-06-2007 11:27)
4 A min gustoume o xogo do patio cuberto e a canción qu#blgtk08#e aprendemos na aula de música co profesor Jose Luis.
Comentario por Marta 3º (11-06-2007 14:05)
5 O outro día paseino moi mal porque os #blgtk08#xogos foron aburridos

Comentario por Noelia (13-06-2007 20:23)
6 GUSTOUME MOITO LER O CONTO#blgtk08#. FOI EMOCIONANTE.
Comentario por RAQUEL 6ºB (25-09-2007 19:46)
7 Que pas#blgtk08#ada!!!
Comentario por CarlosPL (01-11-2007 12:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas