Hoxe todo o alumnado do colexio recibiu un "préstamo-agasallo". Os axudantes ao longo da semana pasada escolleron libros da BBS para emprestar aos compañeiros e compañeiras de 1º, 2º, 3º e 4º.
Preparando os agasallos
Un libro para cada neno/a na escola
Escollido pensando no neno ou nena
Decorando
Clasificando
Preparando o cartel anunciador
Préstamos listos!
Para eles foi unha sorpresa entrar do recreo e atopar unha caixa chea de libros-agasallo para cada clase, préstamos personalizados seleccionados e preparados polos maiores.
As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas