biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Encontro con Ledicia Costas
O mércores 27 de maio coñecemos a Ledicia Costas. Estivo co alumnado de 5º e 6º falando de Escarlatina, a cociñeira defunta e de moitas cousas máis: a súa familias, o seu traballo como avogada e como escritoa, as súas afeccións... É moi faladora e tan divertida e interesante en persoa como nos parecen os seus libros. Pasounos o tempo voando! Se nos deixara poderiamos botar a mañá toda parolando con ela.




Ledicia Costas na BBS










Non perdemos detalle!


Despois de contestar a todas as preguntas que lle fixemos asinounos os libros, un a un, co seu rotulador e selo especial para asinar e escríbindo dedicatorias diferentes para cada quen. Encantounos!
















Grazas, Ledicia, polos teus libros, que tan bos momentos nos fixeron pasar este curso. Grazas polos bos momentos que pasaremos coas túas vindeiras obras. Grazas por contarnos que Escarlatina vai ter unha precuela e grazas por facernos sentir tan a gusto falando contigo.

Grazas, Xerais, por facer posible este encontro.
Comentarios (3) - Categoría: A brincar! - Publicado o 29-05-2015 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por iria (09-06-2015 15:51)
2 Ola!
A min gustoume moito Escarlatina,a cociñeira defunta e encantoume o encontro con Ledicia. As historias foron moi di#blgtk08#vertidas e estou desexando que Ledicia publique Escarlatina, a cociñeira defunta 2.
Serei una das primeiras en compralo!
Comentario por iria (09-06-2015 15:56)
3 Ola a todos e todas, cando veu Ledicia paseimo moi ben. Sobre todo cando comezou a falar de cando as avoas meten #blgtk08#a os gatos na lavadora, tamén me gustou moito o seu selo. Paseino moi, moi ben.
Quero repetiiiiiir!!!!!!!!
Comentario por Andrea 5º (09-06-2015 16:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas