biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O club da calceta
E xa que estamos cos clubs seguimos c@s adult@s, que tamén cambiaron de libro e neste momento están a ler sobre un grupo de mulleres que se xuntan en torno a unha afección: O club da calceta de María Reimondez, publicado en Xerais.


Reseña editorial.
"Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde unha perspectiva múltiple que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le, de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina."


Para saber máis sobre María Reimondez, autora deste libro e muller polifacética e comprometida, convidámosvos a visitar:





- A súa páxina web.
- A súa ficha na Biblioteca Virtual Galega. BVG
- A súa entrada na Wikipedia
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 05-03-2013 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Unha vez máis aquí vos deixo o que me pareceu o libro deste mes. Non coñecía a autora, pero gústame o seu estilo, resulta fresco, fácil de ler e con expresións de andar pola casa. Sobre as historias que conta, parecéronme interesantes, actuais e totalmente reivindicativas por e pa#blgtk08#ra a muller.
En resumen gustoume. Gustoume o fío condutor da historia da tía Davinia e como personaxe favorito a Elvira, non sei, quizás porque me fan gracia a súas reflexións, ou porque como se dí: "mais sabe o demo por vello que por demo".
Saúdos, ata a próxima!!!
Comentario por Pili Ces (18-03-2013 12:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas