Mañá, 24 de febreiro, cumpriranse 175 anos do nacemento de
Rosalía de Castro. É unha data importante para a nosa cultura e a nosa lingua, unha data a celebrar tal e como nos propón a
Asociación de escritores en Lingua Galega. No noso centro sumarémonos á actividade
Unha árbore para Rosalía organizada pola Comunidade de Montes de Taragoña e o Concello de Rianxo. Participaremos nunha plantación de árbores no Campo de Maneiro e remataremos o acto coa lectura de poemas de Rosalía. Queremos que as nosas árbores e o noso coñecemento e admiración polo legado de Rosalía medren fortes.Teremos que coidalos ben.
Ao igual que noutras moitas vilas e cidades de Galicia, mañá pola tarde, ás sete, no paseo da Ribeira de Rianxo, frente ao busto de Rosalía, terá lugar unha lectura pública e libre de poemas para celebrar o Día de Rosalía. Animádevos a asistir e participar no acto lendo algún poema.
Páxina da
Fundación Rosalía de Castro