biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS EN BIBLIOTECAS ESCOLARES
O Ministerio de Educación comunicounos que a nosa biblioteca acadou o terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na xestión e dinamización de bibliotecas escolares.

ESTAMOS FELICES!

Este premio é un recoñecemento ao traballo feito no noso centro nestes últimos anos para converter a biblioteca nun espazo para aprender, para gozar da lectura, para tomar contacto con diferentes manifestacións culturais e para facer cultura nós mesm@s.
O premio non sería posible sen vós, o alumnado do Brea Segade que se implica con entusiasmo nas propostas da BBS, sen as familias que apoiades todas as iniciativas que vos presentamos e sen os mestres e mestras que traballan moito e non sempre nas mellores condicións, para facer realidade o noso proxecto de biblioteca.
Este premio tamén é o resultado da colaboración e a complicidade con moitas bibliotecas galegas que, coma nós, forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e que hoxe celebran un premio que tamén é seu.
Todo o traballo desenvolto na BBS nestes anos foi posible grazas ao bo facer de Pilar Sampedro e Cristina Novoa que desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos apoian, orientan e animan.
Queremos tamén facer partícipes deste premio ao alumnado e profesorado que pasastes polo CEP Brea Segade e que compartistes con nós horas de traballo e de goce na BBS, porque grazas a vós estamos aquí e porque a biblio segue a ser vosa.

Pero ademais de nós outras CINCO bibliotecas galegas resultaron premiadas. Estamos de noraboa e temos moito que celebrar!

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2011 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Bravo!! Un prem#blgtk08#io moi merecido
Comentario por ANDREA PÉREZ (02-12-2011 19:31)
2 Felicidades a toda a comunidade educativa. Un a#blgtk08#garimo moi especial a Cova. Vémonos en Madrid.
Comentario por Beni (02-12-2011 20:08)
3 Noraboas dende o instituto, pareceme xenial que#blgtk08# vos concedan este premio.
Seguide asi!
Comentario por Maria Dominguez (02-12-2011 21:18)
4 OLA MARÍA!
Que alegría ver a túa mensaxe!
Este premio tamén é teu, non o esquezas. Estarás no instituto pero na BBS mantemos ben viva a lembranza dos teus contacontos, da túa #blgtk08#participación nos clubs, do teu traballo como axudante, das túas palabras nos cadernos de viaxe...

Graciñas por seguir visitándonos, non deixes de facelo.

Bicos
Comentario por Cova (03-12-2011 17:19)
5 Nora#blgtk08#boa!
Comentario por darabuc (03-12-2011 17:37)
6 Moitísimos e merec#blgtk08#idísimos parabéns
Comentario por Gracia Santorum (03-12-2011 22:38)
7 Xa era hora! Tédelo máis que gañado. Qu#blgtk08#e contenta estou! Apertas emocionadas.
Comentario por Susana Seoane Dovigo (04-12-2011 10:57)
8 Noraboa!e grazas por saguir mantendo vivo ese espiruto tan e#blgtk08#ntusiasta a hora de educar os nosos fillos!Maís bicos Cova!
Comentario por merchi (05-12-2011 10:58)
9 Moitos parabéns por ese premio tan merecido!. Desde Catoira unha apert#blgtk08#a grande a Cova e ao equipo que leva adiante esa estupenda biblioteca.
Comentario por Lecturo Literaturo (06-12-2011 21:56)
10 Andrea, Beni, Darabuc, Gracia, Susana, Merchi, compañeir@s de Catoi#blgtk08#ra:
Moitísmas grazas!

Apertas desde Taragoña
Comentario por BBS (07-12-2011 00:33)
11 Ola a todos:

Dende o CEIP A Lama queremos compartir a nosa ledicia e festexar o voso prem#blgtk08#io.

Parabéns a toda a Comunidade Educativa.

Un saúdo. Lémonos,
LEO
Comentario por LEO de A LAMA (09-12-2011 14:34)
12 Noraboa! Gracias por facer que aquela semente cun día prantamos con tanta ilusión hoxe sexa unha árb#blgtk08#ore que xa está a dar froito. Un froito que saboreades agora con este premio. Unha aperta para todos
Comentario por María Jesús (11-12-2011 21:09)
13 ¡Felicidades! Este é un premio ben merecido pola cantidade de traballo e entusiasmo co que traballástedes.
Alégrome moito de haber traballado neste centro. O peor de todo é que vos boto moito #blgtk08#de menos. Un abrazo moi forte para todos os que traballades para facer que todo funcione así de ben: profesores e profesoras, nenos e nenas e pais e nais.
(Isto vai por ti, Cova)
Vémonos
Comentario por GOYO (19-12-2011 19:44)
14 María, Goyo, graciñas!
Con vós comezamos a soñar cunha biblioteca para o Brea Segade e xa sabedes que seguimos enganchad@s a ese soño#blgtk08#, intentando día a día que non deixe de ser unha realidade e que continúe a medrar.

Bicos desde Taragoña.

Cova
Comentario por (22-12-2011 21:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas