biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O raio veloz
Adrián vivirá aventuras insólitas montado na súa moto de reparto. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. Quen llas envía e para que?
Volvemos a ler nos Clubs da BBS unha obra de Agustín Fernández Paz, neste caso cun misterio que resolver.

Comentarios (1) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 17-01-2010 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Aventuras de A Man Negra
Detectives que resolven casos nos que os lector@s tamén podemos participar buscando pistas nas ilustracións e resolvendo pequenos misterios. A obra de Hans Jürgen Press engaánchounos desde a primeira páxina e puxo a proba as capacidades detectivescas dos membros da Mancha Negra.
Comentarios (3) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 17-01-2010 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Para pasar medo
Si quieres pasar miedo de Angela Sommer- Bodenburg é o libro co que comezaron os Atrapalibros.
Por que a tod@s nos gustarán tanto as historias de medo?
Florián, o protagonista desde libro, está enfermo e aburrido na cama. Por medio das historias de medo que lle conta a súa familia descubre que inventar e escribir historias é o mellor remedio contra o aburrimento.
Comentarios (14) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-01-2010 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O que lemos nos clubs
A Mancha Negra comezou a súa andaina coma club botando unhas risas coas aventuras de verán do pequeno Nicolás. As vacacións do Nicolasiño de Sempé e Gosciny fíxonos falar de trasnadas, d@s mundo dos nen@s e dos maiores e de como ás veces non se entenden, do verán, dos campamentos e as viaxes..

Comentarios (0) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-01-2010 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As mascotas
Aquí están as mascotas dos clubs.










































Lembrade, este venres no recreo xuntámonos de novo.
Comentarios (1) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 18-11-2009 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa temos Clubs!

A mancha negra, Os amantes dos libros e Os atrapalibros son os Clubs de Lectura da BBS do curso 2009-2010. Hoxe tivemos a primeira xuntanza xeral, para constituir os clubs e escoller lecturas. Quédanos só deseñar as mascotas e ... empezar a ler.

Comentarios (2) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 30-10-2009 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Volven os clubs de lectura !
Xa están aquí outra vez!
O xoves 29 de outubro terá lugar a primeira xuntanza dos Clubs de Lectura 2009/2010.
Estás en 4º, 5º ou 6? Gústache ler? Gústache falar sobre libros cos amigos e amigas?
Entón non o dubides, non precisas máis nada: cubre a ficha de inscrición e lévaa á biblioteca antes do xoves que vén.








Comentarios (2) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 22-10-2009 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Poesía nos clubs de lectura

A poesía é un claro asunto
de todos: meu e teu, e dos demais.
Cando os demais se van e nós nos imos
ela tamén se vai.

Fragmento de A nosa amiga. Celso Emilio Ferreiro


Rematou marzo, pero nós, non nos imos, quedámonos aquí nos clubs, na biblioteca e na escola gozando coa poesía... todo o ano.



Comentarios (1) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 01-04-2009 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
No mes da poesía
Neste mes de marzo no que celebramos o Día Mundial da Poesía os nosos clubs de lectura están a ler unha escolma de poemas que queremos compartir con todos vos.
Nos recreos dos martes do que queda de mes os nosos contacontos pasarán a ser recitais poéticos nos que gozar dos nosos versos favoritos e tamén dos poemas que estades escribindo tanto nos clubs coma nas clases.
E lembrade que este mércores teremos reunión dos clubs para ler e falar sobre esta escolma poética.



Comentarios (0) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-03-2009 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A escola dos piratas

"A chuvia interminable
Marta espertou co ruído que facían as pingas de auga ao bater con furia contra os cristais. Abriu os ollos con desgana...
Que chovese seguido durante ben días non era ningunha novidade...
Pero o raro era que o fixese tanto tempo seguido, pois xa levaban así varias semanas."



O novo libro dos clubs de lectura acáenos de marabilla. Chuvia, chuvia e máis chuvia. Agora o que precisamos de verdade é unha aventura tan fantástica e divertida como a que viven Marta e os seus compañeiros e compañeiras no libro de Agustín Fernández Paz A escola dos piratas.
Comentarios (0) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 04-02-2009 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O meu nome é Skywalker
@s lector@s escolleron como primeiro libro do club O meu nome é Skywalker de Agustín Fernández Paz.
Comentarios (6) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-12-2008 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ke-Tumba ke-Tamba
Ke-Tumba ke-Tamba de Xerardo Quintiá foi a lectura escollida polos Cangrexeir@s para comezar co club.
Comentarios (4) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-12-2008 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A praia da esperanza
Que mellor para Os peixes que comezar con: A praia da esperanza de Agustín Fernández Paz.
Comentarios (1) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-12-2008 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bala Perdida
Os libros bailóns comezaron a súa andaina coma club lendo unha novela de piratas, Bala perdida de Manolo Rivas.
Comentarios (3) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-12-2008 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
@s cangrexeir@s

O club dos Cangrexeir@s está formado por: Sara Marcuño, Julia Esperante, Lucía Buela, Néstor Rodríguez, Miguel Laíño, Ales Ramos, Dani Lorenzo, Sandra Somoza, Noelia López, Gonzalo Creo, Manuel Gómez, Raúl Rial, Oliver García e Esperanza.
Comentarios (4) - Categoría: Clubs de lectura - Publicado o 16-12-2008 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal