biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"O mundo que queremos" no Salón do Libro
"O mundo que nós queremos" xa está no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Desta vez participamos todos os cursos do colexio cunha maqueta na que reproducimos obras de Castelao e Maruja Mallo e na que incorporamos seis libros, elaborados polas seis titorías do colexio, nos que falamos sobre: cultura, medioambiente, arte, saúde, igualdade e tecnoloxía. Foron semanas de moito traballo nas aulas, de colaboración de todos os profes e, por suposto, de Tino, imprescindible, coma sempre. Pagou a pena o proceso e pagou a pena o resultado final.
O venres demos por rematada a maqueta, despedímonos dela e levámola ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Nunha semana, o día 10 de marzo, abrirá o Salón. Que ganas de ver con que nos sorprenderán este ano!





Boa viaxe, vémonos en Pontevedra!




Castelao agocha segredos




Reinterpretamos a Maruja Mallo




Revisando que todo estea ben





Comentarios (2) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 06-03-2017 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo que queremos
O mundo que queremos é o lema do XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Un ano máis o noso centro, coordinado pola Biblioteca Brea Segade, participará coma centro convidado cunha maqueta elaborada, nesta ocasión, entre todo o alumnado e profesorado do colexio.
Para comezar e decidir que queriamos incluír na nosa maqueta convidamos a todas as clases a pensar e falar sobre que mundo queremos e que mundo non queremos e plasmalo nunha ilustración. Tras a posta en común nas clases, recollemos ideas moi interesantes e fermosos debuxos que nos permitiron botar a andar o noso proxecto e tamén empregamos nas actividades de conmemoración do Día da Paz.
Xa estamos en marcha! Irémosvos contando...
























Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 04-02-2017 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 10
Novo número do noso Xornal BBS, e xa van 10! Aquí tedes a versión en cor do xornal que está nas vosas casas desde o venres pasado.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 23-12-2016 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Carta desde Arxentina
Aquí tedes un momento da interpretación do alumnado de 6º da Carta desde Arxentina de Castelao nos recreos da Biblioteca Brea Segade.
Precioso! Graciñas!

Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-12-2016 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 9
Rematamos abril cun novo número, e xa van 9, do Xornal BBS. Tédelo nas vosas casas desde o venres pasado, aquí vai tamén a edición dixital para que chegue a todos os recunchos.

Bo traballo xornalistas!!





Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 04-05-2016 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Bichería do Mar de Arousa no Salón do Libro



Así de bonita loce a nosa maqueta no Salón do Libro de Pontevedra.
Noraboa, rapaces e rapazas! Moi bo traballo!
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 10-04-2016 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Bicherío do mar de Arousa para o Salón do Libro Infantil de Pontevedra 2016
O noso colexio volve participar no Salón do Libro de Pontevedra. Canta bichería! é o lema deste ano e nós decidimos traballar sobre bechos da Ría de Arousa e levar unha maqueta que represente o noso medio mariño máis próximo.
Aquí nos tedes orgullos@s cos nosos libros, que teñen moito traballo e moitas aprendizaxes detrás. Gardamos o segredo da maqueta no seu conxunto ata o venres 1 de abril, cando se inaugura o Salón. Seguiremos informando...






















Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-03-2016 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS
Xa o tedes nas vosas casas desde o último día de trimestre, pero tamén o podedes consultar no blogue en "edición dixital" a toda cor: Xornal BBS 8.
E xa imos polo número 8! Noraboa redactoras e redactores!


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 26-12-2015 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 7
O venres 19 de xuño, ultimo día de clase, saiu para as vosas casas no Araño e Taragoña o número sete do Xornal BBS. É o terceiro e último número deste curso!
Noraboa a todos os redactores e redactoras que participastes ao longo do ano neste noso xornal. Para o ano continuaremos informando do que acontece na nosa realidade máis próxima.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-06-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Biografías en Kamishibai
O pasado mércores os rapaces e rapazas de 5º presentaron aos compañeir@s de 2º e 4º as biografías en kamishibai de seis personaxes destacados polas súas aportacións en diferentes eidos. Este proxecto, que realizaron en Lingua Galega, Castelán e Plástica, tivo como base a busca documental nos fondos da BBS e moi especialmente a descuberta da colección "Me llamo..." da editorial Parramón.
Foi unha experiencia moi interesante para os creadores/as e tamén para o público. O kamishibai é unha ferramenta moi útil non só para compartir contos senón todo tipo de traballos que combinen imaxe e palabra. Teremos que seguir experimentando e fomentando o seu uso nas aulas.





Elaborando textos e ilustracións






Noa e Silvia presentando a Albert Einstein




Iria e Patri presentando a Clara Campoamor




Laura, Manuel e César traballaron sobre Nelson Mandela




Jorge e Rubén presentando a John Lennon




Ana Frank por Noelia, Andrea e Jorge




César, Aitor e Fátima traballaron sobre Beethoven


Visitade tamén o blogue de 5º para saber máis sobre o proceso: Cangrexeiros na arañeira
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-06-2015 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 6
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 02-04-2015 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Visitamos o Salón do Libro!
E chegou o día! Estivemos no salón do Libro! Que ganas tiñamos!
Como somos un dos centros escolares que participan na exposición comezamos asistindo a un obradoiro e despois fixemos a visita guiada. Dividímonos en dous grupos e estivemos en obradoiros diferentes, pero tod@s aproveitamos moitísimo a mañá e quedamos con ganas de repetir. Mirade, mirade...





Se queredes ver as fotos con música activade o son nos botóns da barra inferior da montaxe.
Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 15-03-2015 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
A BBS no Salón do Libro de Pontevedra
O venres 27 de febreiro inaugurouse o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Alí estivemos para ver o noso Nautilus na exposición dos traballos escolares. Impresionate! Que fermoso ver o traballo de tantos rapaces e rapazas que fixeron a súa interpretación do lema "Da ciencia á ficción"! E que emocionante ver a maqueta do Brea Segade entre eses traballos! Noraboa a tod@s os centros de ensino que participan no Salón.
Noraboa ao Salón do Libro de Pontevedra por crear, cada ano, un mundo máxico ao redor da lectura e por ofertarnos un programa de actividades de tantísima calidade.
Non deixedes de visitar o Salón, ide en familia ademais do día que iremos coa escola, paga a pena.





Se queredes ver as fotos con música activade o son nos botóns da barra inferior da montaxe.


PROGRAMA DO SALÓN
Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-03-2015 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
No mundo dos seres estraños
Na celebración do Día da Paz representamos o conto No mundo dos seres estraños de Ana María Shua, que é un dos relatos que forma parte do libros Os dereitos da Infancia. Neste conto fálase sobre o dereito a un nome e á nacionalidade. Fora a aportación da BBS ao acto de presentación do tríptico de lecturas de Nadal das bibliotecas de Rianxo. Decidimos representalo de novo porque pensamos que falar de dereitos é falar de Paz e ademais non tod@s puideran ir á presentación do tríptico no Auditorio de Rianxo.
Graciñas a todos os actores e actrices que vos prestastes a colaborar de novo coa BBS para dar a coñecer un libro que pensamos tod@s deberiamos ler.














Comentarios (2) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 02-02-2015 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 5
Xa está nas casas do Araño e Taragoña o número 5 do Xornal BBS! Quentiño, quentiño, recén saído do prelo, tamén no blogue.
Non vos perdades algunhas das novas máis interesantes das últimas semanas.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 06-12-2014 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas