|
|
| Contos con Andrea Bayer |
|

Este sábado ás 12 da mañá na Biblioteca Pública Municipal Castelao haberá unha sesión de contos con Andrea Bayer de Baobab Teatro. Non vola perdades! |
|
|
|
|
| Na biblioteca non se come! |
|
Ben o sabemos, na biblioteca non se come, pero xa que tamén facemos unha excepción coas xuntanzas dos clubs de lectura, imos darlle unhas boas trabadas a este chocolate tan apetecible para ver o que atopamos ao papalo todo.
Agardade a que cargue o xogo e despois clicade en PLAY GAME.
Que aproveite!
|
|
|
|
|
| Primeiro sorteo das mochilas viaxeiras |
|
 Xa volven tamén as mochilas viaxeiras. Esta semana sorteamos os afotunados e fortunadas que o venres se levarán as mochilas ás súas casas: Pedro, Eva, Brais, Ismael, Isaac, David, Nerea e Alba. As mochilas sairán da biblioteca ao rematar o recreo do venres. |
|
|
|
|
| Contos en abril |
|
Levamos todo o mes enchendo a biblioteca de contos nos recreos. Encántanos ter dous contacontos á semana, ver moitas caras novas coma contadoras ou contadores e compartir algúns dos vosos contos preferidos.
|
|
|
|
|
| Kika Superbruxa e o feitizo do Nadal |
|
 Eu recoméndovos o libro de Kika Superbruxa e o feitizo do Nadal porque é moi interesante e bonito e ademais cando empezas a lelo non es capaz de parar. Pero sobre todo recoméndovolo porque cando o lin me gustou moito.
Alba. 3º de Primaria |
|
|
|
|
| Descubre ao libriño |
|
|
|
|
|
|