|
|
|
|
| A viaxe das bolboretas |
|
 Estaban agardando desde o primeiro trimestre, tiñan ás súas bolboretas inquedas, con ganas de saír das páxinas do libro e voar pola nosa biblioteca. Por fin, Astrid e Laura ceibaronnas para todos nós a semana pasada.
A viaxe das Bolboretas de Paula Carbonell en OQO.


|
|
|
|
|
| Cantas pingas na cidade! |
|
.jpg) Ata dez pingas caeron na nosa biblioteca o martes pasado no primeiro dos contacontos deste trimestre. Fóra caían moitas máis, pero as dez pingas que Amanda, Alicia e María nos trouxeron, fixéronnos sorrir, contaxiaronnos de curiosidade e presentáronnos a unha chea de personaxes interesantes.
Gustounos moitísimo este conto de Eva Montanari publicado por OQO.


 |
|
|
|
|
| Primeiro sorteo do ano |
|

A lotería non nos tocou pero de seguro que neste sorteo acabarás sendo afortuna@. Este martes volvemos sortear as mochilas e o venres, despois de pasaren o Nadal con oito de vos, cambiaron de casa. A viaxe das mochilas continúa! |
|
|
|
|
| Bo Nadal ao calor dos libros |
|
Xa está aquí o noso tríptico de Nadal!
Este ano as nosas recomendacións de lectura veñen asinadas polas bibliotecas escolares dos centros de Asados, Rianxo e Taragoña. Desde estas tres bibliotecas, veciñas e amigas, desexamos que os libros nos sigan dando, neste Nadal e no 2010, tanto calor e tan bos momentos como os que vivimos grazas a eles ata agora.
|
|
|
|
|
| Os nosos contacontos |
|
Novembro e decembro trouxéronnos aos recreos dos martes contos de sempre e tamén algunha das novidades recén chegadas.
Marta, Alba, Diana, Helena, Nuria, María, Julia, Romina, Sara, Lucía, Alba, Alessandra, Carla e Antía foron as nosas contadoras de historias. Grazas por facernolo pasar tan ben.
|
|
|
|
|
| No bosque |
|
 Esta semana estivemos No bosque con Tania e Nerea. Elas leron na biblioteca un conto de Anthony Browne que nos lembrou á Carapuchiña Vermella pero que nos sorprendeu porque está cargado de imaxinación e porque ten unhas ilustracións moi orixinais e moi coidadas.




|
|
|
|
|
| Tres princesas namoradas |
|
 Esta semana tres princesas moi especiais e un principe que non se daba decidido pasaron pola nosa biblioteca da man de María Dominguez. O conto Tres princesas namoradas foi escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer, quen nos visitou o curso pasado.
Xa sabedes, buscádeo na biblio se o queredes volver ler.


 |
|
|
|
|
| The elves and the shoe maker |
|
O segundo martes lector deste curso tivemso a sorte de asistir á representación dunha obra de teatro en inglés interpretada por alumnos e alumnas de 5º: The elves and the shoemaker.
Estamos á espera da gravación da obra pero aquí vai un anticipo: os carteis anunciadores e o equipo que se encargou de publicitar a obra na entarda e nas clases.



|
|
|
|
|
| EXCALIBUR NA BBS! |
|
 



|
|
|
|
|
| O mundo en galego |
|
 Hoxe pola tarde comezan na Biblioteca Pública Municipal Castelao de Rianxo as actividades do programa O mundo en galego que organiza OQO editora dentro da Campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Levamos máis dunha semana relendo o programa e agardando pola tarde de hoxe.
Durante tres días teremos actividades para todas as idades:
Mércores 30
A grande viaxe: sucando mares, achegando historias( de 8 a 10 anos)
Animar a ler desde a casa (para pais e nais)
Xoves 1
Tremelicantemente tremelicante (de 9 a 12 anos)
Conta comigo (para familias)
Venres 2
Eu tamén animo (A partir de 8 anos)
Vémonos na Biblioteca Municipal! |
|
|
|
|
| O piano do seu sorriso |
|
Aquí temos por fin a reportaxe da obra de teatro O piano do seu sorriso.
O luns 22 un grupo de rapaces e rapazas de 5º representaron unha obra de teatro escrita por Charo Pita e que eles mesmos traduciron ao galego. Trátase de O piano do seu sorriso, un texto sobre músicos e a música, sobre o traballo en equipo e sobre unha pantasma coas ideas moi claras.
Despois do éxito dos de cuarto con Boas noites, esperabamos con ganas o debut dos de quinto e non nos decepcionaron. Noraboa a Julia, Suso, Carlos, Lucía, Alex, Dani, Miguel, Sara e José Luis polo seu traballo e por facernos gozar do teatro unha vez máis. Grazas Charo polo teu texto e polo teu apoio.
E para o curso que vén ... máis teatro, por favor!
|
|
|
|
|
| Viaxes e lecturas para este verán |
|
Bo verán, boas lecturas e boas viaxes tamén coa imaxinación.
BBS |
|
|
|
|
| Boas noites |
|
Un grupo de alumnos e alumnas de cuarto representaron para nós a obra Boas noites de Paula Carballeira. A obra fala do medo e dalgúns dos seres que non nos deixan durmir polas noites e fala do tempo dos nenos e as nenas, máis ben do pouco tempo que hoxe en día teñen para enredar. Aínda que estes son temas serios a obra é moi divertida, tal e como puidemos ver grazas a estupenda interpretación de María Dominguez, Adrián, Sintayehu, Isabel, Simón, Gadea, Alicia, María Fernández Insua, Uxía, Iván, María Fernández Quintáns, Teresa e Jose Luís. Encantounos ver teatro de novo no Auditorio María Casares! Noraboa por tan bo traballo!
Xa sabedes, se vos gustou a obra buscade o libro na biblioteca e, como non, premede na portada do libro para ver as fotos.
|
|
|
|
|
| De cando a Ciclobiblioteca veu a Taragoña |
|
Eran as doce e dez , o recreo a rematar e a prometida sorpresa sen aparecer... E entón escoitáronse uns timbrazos ao lonxe e pedaleando con ganas vimos chegar ...
- ao carriño dos xeados
- a un repartidor de lambetadas
- a un mago...
Escoitáronse todo tipo de explicacións, pero o certo é que ninguén atinou.
Era Anxo Moure, o atrapacontos, montado na súa Ciclobiblioteca coa que viñera pedaleando ata o Campo Maneiro. Sí, sí, subiu a costa toda coa Ciclobiblioteca. E é que agora sabemos que os contos tamén dan moita enerxía.
Anxo botou o resto do día con nós compartindo eses contos que atrapa por aquí e por alá. Encheu a nosa biblioteca de contos, de bo humor, de sentidiño comun e de moi bos consellos. Deixounos o seu Carballo con botas e moitas ganas de gozar da lectura e da natureza. Como sabemos que vos gustaron os seus contos deixámosvos aquí o enlace á súa páxina Contos Solidarios para que poidades ler algúns máis.
Gústanos moito esta foto con Fran, María, Carla e Diana na Ciclobiblioteca pero se premedes enriba da foto pequena poderedes ver todo o álbum da visita de Anxo Moure.
Grazas Anxo, encantounos a túa visita. |
|
|
|
|
| A visita de Anxo Fariña |
|
E por fin chegou o día!
Pola mañá estiveron con Anxo Fariña os de 1º, 2º e 3º aprendendo a crear novos personaxes partindo de compañeiros reais, Borja de 1º e Arantxa de 3º.
De tarde os de 4º, 5º e 6º aprenderon a crear monstros como os que aparecen no seu último libro: A monstroescola. Que veñen os monstros!. Tamén houbo tempo para moitas preguntas e para asinar libros.
Visita o álbum de fotos.
|
|
|
|
|
|
|
|