biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XIV Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo





Para non perdelo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2017 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de submarinos



Non volo perdades! Este sábado na B.P.M. Castelao.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-05-2017 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Poesía
Hoxe celebramos o Día da Poesía, tod@s xunt@s, lendo e recitando poemas, xusto ao chegar de gozar de música e contos. Mellor mañá imposible!
E aínda nos queda toda a semana para compartir poesía na Hora de Ler!

Gústanos a poesía!






































Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2017 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
A frautista de Hamelin
Hoxe tivemos a sorte de asistir, no Auditorio de Rianxo, a unha versión musicada, ambientada en Rianxo e actualizada, dun dos clásicos máis coñecidos dos irmáns Grimm. A frautista de Hamelin foi interpretada por cinco músicos da Banda da Escola de Música de Rianxo (saxo tenor,clarinete baixo, clarinete, frauta traveseira e teclado) e narrada por Tero Rodríguez. A música foi composta por Antón Alcalde e a adaptación da historia por Tero Rodríguez. Pasamos unha hora máxica, enganchad@s á historia e gozando da música, un luxo!
Graciñas, Rafa, Antón, Fran, Sabela, María e Tero!







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2017 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016-2017

Como cada ano, a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia convoca unhas xornadas de formación para as bibliotecas do Plan de Mellora. Alí restará unha representante da BBS apañando ideas, propostas, folgos... Formación que revirta na nosa biblioteca e nos seus usuari@s. Formación, unha das grandes vantaxes de formar parte do Plambe.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2017 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas en marzo

Seguen rulando...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2017 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo
No Día da Muller compartimos desde a Biblioteca Brea Segade o vídeo elaborado pola Deputación da Coruña coma homenaxe á muller.
Sumamos a nosa voz para reivindicar a normalización do papel das nenas, mozas e adultas na sociedade e mostrar o noso compromiso diario coa igualdade.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2017 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido no Brea Segade
Os equipos de Dinamización Lingüística e Extraescolares coordinaron a celebración do Entroido no colexio. Despois dunha semana de risas e festa co Toribio e moito traballo nas aulas para telo todo listo chegou o venres, o día grande.
Unha morea de robots baixaron en pasarrúas a botar as súas coplas de Entroido en Campo de Pazos. Os nosos escornabots estaban emocionados por esta homenaxe. Os disfraces ademais de chulísimos eran respetuosos co medio ambiente, todo material reciclado.
Tivemos a sorte de ir acompañad@s pola espectacular Charanga Brea Segade que nos fixo bailar e cantar en todo momento. Como luciron as coplas coa charanga tocando!
E, como é normal,á volta houbo que recuperar forzas con doces de Entroido e despedirse do Toribio ata o ano que vén.

Viva o Entroido! Viva a alegría e a festa na escola!
Canto aprendemos nestes días e que ben o pasamos!































Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2017 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
O Papagaio
Desde hai algo máis dun mes temos na BBS unha nova publicación periódica O Papagaio, xornal para rapaces e rapazas con seccións de actualidade e reportaxes de diferentes temáticas de interese. Temos exemplares nas clases para a Hora de Ler e tamén na biblio. Non deixedes de lelos, paga a pena!

Cada mes, un novo exemplar... Estade atent@s!







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2016 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares
Esta fin de semana celebráronse en Santiago as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares. Como cada ano algúns membros do equipo de biblioteca estiveron alí formándose e volveron cargados de ideas e de ganas de seguir traballando e gozando da Biblioteca Brea Segade.
A nosa biblioteca participou nunha das mesas, na que se falaba sobre música, presentando a experiencia de traballo compartido entre a Aula de Música e a Biblioteca do noso cole. E toda a sala, chea de profes bibliotecarios e bibliotecarias acabou cantando con José Luis Señora Rosa de Xosé Mª Brea Segade. Foi moi bonito!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2016 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Restaurante Farruco


A compañía Pereira de Lobos triunfou no Brea Segade. A súa interpretación da obra Restaurante Farruco de Chus Pereiro encantounos de principio a fin: os decorados, o vestiario e a caracterización dos personaxes, a posta en escena...
Tan ben o pasamos que houbo quen lles preguntou se podían volvela facer, dous por un!
Moitísimas grazas a tod@s os membros Pereira de Lobos por compartir con nós o voso amor polo teatro e pola literatura infantil.
Noraboa polo voso traballo e pola alegría que trasmitides.
Tomámosvos a palabra: tedes que volver!
Un bico especial para a directora da compañía, a rianxeira Merchi Rodríguez Pimentel, boa amiga da BBS.

Lembrade que se queredes ler a obra, podedes atopala na biblioteca.





























Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2016 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe teatro!!!
Hoxe temos función de teatro no Auditorio. A compañía Pereira de Lobos vai representar para nós Restaurante Farruco. Que ganas temos de velos!!!!





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2016 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chapas da BBS
Rematamos o mes das bibliotecas mostrando o moito que nos gusta a BBS e a lectura nunhas chapas deseñadas e elaboradas por nós. Todo o cole preparou dous deseños para chapas e curso a curso pasamos pola biblioteca para facelas. Sonia explicounos como funcionaba a máquina das chapas e cada quen preparou as súas. Encantounos!!!






































































































Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2016 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Arte e Robots
O taboleiro da entrada do colexio sempre é a tarxeta de presentación do proxecto que a BBS vai levar adiante.
Este curso contamos coa colaboración do alumnado de 6º para empezar a ambientarnos e a pensar en ARTE. Mirade que chulada de mural!






Pero este curso tamén imos traballar sobre robots e robótica, xa que temos na biblioteca uns novos "inquilinos" que están a causar sensación: Os Escornabots. Así que completamos o noso taboleiro da entrada con robots.








Arte e robótica, un mundo de posibilidades!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2016 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Lecturas para aquelARTE
Abrimos a Biblioteca Brea Segade!

Novo curso, novo proxecto, novos profes no equipo e as mesmas ganas de facer que todo volva cobrar vida na BBS e que sigamos gozando e aprendendo na nosa biblioteca.
Este curso traballaremos sobre Arte e Robótica. Boa combinación, veredes!
Ao longo de outubro, mes das bibliotecas, iremos retomando actividades que xa coñecedes e presentando e botando a andar outras novas... Contamos con vós!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2016 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas