biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rematamos a semana da poesía
Unha semana compartindo poesía na Hora de Ler, os pequen@s escoitando aos grandes recitar e recibindo poemas e debuxos como agasallo, non puidemos pensar en mellor xeito de celebrar o mes da poesía. Graciñas a tod@s os axudantes da BBS polo voso esforzo desta semana, fixéstelo moi ben.











Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 25-03-2017 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Xoves poético
Os nosos axudantes seguen a espallar poesía polas aulas na Hora de Ler. Dá gusto escoitalos!

















Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 23-03-2017 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Poetizándonos
Seguimos compartindo poesía na Hora de Ler. Que ben o están a facer os nosos axudantes!









Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 22-03-2017 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía na Hora de Ler
Ao longo de toda esta semana @s axudantes da BBS levarán poesía ás aulas de 1º,2º,3º e 4º na Hora de Ler. Escolleron poemas dunha escolma de versos de escritos por mulleres realizada pola BBS e cada día un grupo compartirá algúns deses poemas nas clases dos máis pequenos. Hoxe comezaron. No mes da poesía:

Poetízate!





Primeiro




Cuarto




Terceiro




Segundo

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 20-03-2017 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Semana da Poesía



Estivemos argallando algo xunto cos axudant@s da BBS para a semana da poesía... Mañá comezamos. Seguiremos informando :-)
Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 19-03-2017 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes en acción!
Co novo trimestre os axudantes retomaron as súas tarefas na BBS, e a moi bo ritmo, mirade...




Repartindo lecturas da BPM Castelao aos profes




Preparando as caixas da Hora de Ler das aulas




Facendo préstamos e devolucións

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 21-01-2017 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos axudantes de biblioteca
O luns pasado tivemos o 1º xantar dos axudantes de biblioteca: xantar, xogos e peli para 37. Foi unha boa xuntanza! Ben merecida despois do moito que traballaron os axudantes neste trimestre.




Xantar en Campo maneiro




















Menuda tropa!




"Xogo bibliotecario" por equipos












Axudantes larpeir@s!




E aquí tedes o trailer da peli que vimos: Corazón de tinta de Cornelia Funke, un bo libro para ler nestas vacacións e unha boa peli para ver dúas veces ou máis :-)

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 24-12-2016 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector
Este ano os nosos axudantes de biblioteca van apadriñar ao alumnado de 1º e 2º ao longo do curso, contándolle contos na Hora de Ler dos últimos ou primeiros venres de cada mes.
Esta foi a primeira sesión, unha sorpresa total para os afillados e afilladas, que non se enteraran de que os axudantes levaban unha semana de preparativos.

Noraboa a tod@s!



Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 04-12-2016 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes en acción!
Despois dunha primeira semana centrados nos contos de Samaín, empezaron a asinar os seus contratos e a asumir tarefas nos recreos. Xa están en marcha as quendas dos axudantes da BBS!




Asinando contratos












Primeiro sorteo das Mochilas Viaxeiras











Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 10-11-2016 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Contos de Samaín
A bruxa regañadentes, Corre, corre cabaciña e A figueira de Pelos Tortos foron os contos que os axudantes de biblioteca dramatizaron nas clases de 1º, 2º, 3º e 4º na celebración do Samaín na escola. Os nosos axudantes encheron a escola de historias de Samaín e fixeron que os máis pequen@s o pasaran de medo!
Bo traballo,axudantes!





Na clase de 1º




A bruxa regañadentes















A Figueira de Pelos Tortos




En 4º



Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 10-11-2016 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas