biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mesas taboleiro para os escornabots
Outra das novidades que trouxeron os escornabots á BBS son unhas "mesas-taboleiro" nas que poñer en acción o voso inxenio e os escornabots. Son deseño e feitura propios, porque no Brea Segade a cabeza non para e as mans... tampouco :-)
E se a Tino o xuntas con Óscar, pasan cousas tan chulas e tan prácticas coma estas.






Comentarios (0) - Categoría: Escornabots - Publicado o 01-06-2017 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Escornabots e normas da BBS
Para a presentación en sociedade dos escornabots o equipo de biblioteca deseñou un taboleiro coas normas. Nunca tanto derá de sí un xogo sobre normas!



































Comentarios (4) - Categoría: Escornabots - Publicado o 15-10-2016 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Escornabots na BBS
Na BBS imos ter catro Escornabots!
Un montámolo na primeira xornada de formación, coa axuda dos expert@s, e xa veu funcionando para Taragoña. Pero tiñamos que seguir montando e o equipo de biblioteca púxose mans á obra. Primeiro aprender nós para despois poder ensinarvos a vós. Quen dixo qe os profes non aprenden? Aquí tedes a parte do equipo "pelexando" cos escornabots e pasándoo moi, a verdade.

Tranquil@s, reservamos algún para vós :-)







Material preparado










Comezamos a montar














O motor






Vai collendo forma!










Imos coas resistencias














Expert@s soldadores!


















Xa case están!


Comentarios (2) - Categoría: Escornabots - Publicado o 15-10-2016 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Escornabots na biblioteca escolar
Desde finais do curso pasado a nosa biblioteca forma parte do Proxecto Escornabots na Biblioteca escolar promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Os Escornabots son pequenos robots que forman parte dun proxecto de Bricolabs, unha asociación creada para compartir experiencias en torno á tecnoloxía. O Proxecto Escornabot está realizado exclusivamente con software libre e pensado para achegar a robótica aos máis pequenos.




Logo dos Escornabots





Comezamos asistindo a unha xornada de formación alá polo mes de maio e desde aquela non paramos para poder empezar este curso aprendendo tod@s xunt@s cos Escornabots na BBS.




Xornada de Formación da Asesoría de Bibliotecas Escolares- Maio 2016



Sentímonos moi afortunad@s de poder formar parte deste proxecto!
Comentarios (0) - Categoría: Escornabots - Publicado o 15-10-2016 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas