biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na BBS contamos tod@s: No bosque
Héctor e o seu pai Antonio foron os contadores de hoxe. Hécor escolleu No bosque de Anthony Browney, unha historia que sempre que se escoita por primeira vez sorprende e fai pensar sobre os contos tradicionais,os medos e os prexuizos. Unha histroia que sempre nos gusta, por moitas veces que a escoitemos.
Graciñas, Antonio, xa un experto contador da BBS e graciñas Héctor.















Grazas!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 29-03-2017 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Os Bolechas van ao parque de atraccións
Hoxe Dani e a súa nai, María, leváronnos ao parque de atraccións cos Bolechas. Era a primeira vez que os dous contaban un conto na BBS e aínda que dixeron que estaban un pouco nerviosos, non se notou, fixéronno de marabilla. Os Bolechas van ao parque de atraccións de Pepe Carreiro, escolleuno Dani, porque é un dos seus Bolechas favoritos e, polo que se viu, tamén é dos favoritos para moitos dos seus compañeir@s de Primeiro.

Graciñas, María e Dani!

Quedades fichados como contadores da BBS :-)












Bravo!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 28-03-2017 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Tío Lobo


Este venres Esther, a nai de Abel, estivo na nosa biblio para contarnos entre os dous, Tío Lobo de Xosé Ballesteros e Roger Olmos. Abel escolleu esta historia tan divertida que ten como protagonista a unha nena algo pilla e a un lobo que nos fai rir de principio a fin do conto. Que ben soan os contos cando os ledes mana man cos vosos pais ou nais, dá gusto!
Graciñas a Esther, unha veterana dos nosos contacontos, e graciñas a Abel. Tedes que repetir! E graciñas tamén á avoa de Abel, outra das colaboradoras da BBS.














Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 25-03-2017 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Inverno, unha boa manta e a ler!



Lecturas para adultos/as da B.P.M. Castelao de Rianxo en préstamo desde a nosa biblioteca.
Animádevos, arrimádevos á calor dos libros!
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 18-01-2017 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Lavinia Renata e Titiritesa
Hoxe comezamos a celebrar o Día da Biblioteca. Non puidemos facelo mellor! Tivemos a sorte de recibir a visita de Lavinia Renata, unha contadora elegantísima que chegou á BBS cunha maleta cargada de contos de princesas. Remexeu na súa maleta á busca dun conto para nós e finalmente escolleu Titiritesa de Xerardo Quintiá e Mauricio A.C. Quarello.
Entre burros, ogros, princesas,risas e sorpresas celebramos que nos gusta ler e que nos lean e nos gusta a nosa biblioteca, especialmente cando está chea de pequen@s e grandes gozando cun bo conto e unha boa contadora.



Grazas a tod@s os que viñestes pasar un anaquiño da tarde con nós.


Grazas Lavinia Renata, un bico grande desde a Biblioteca Brea Segade de Taragoña!


Comentarios (9) - Categoría: Familias - Publicado o 22-10-2015 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Convite ás familias
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 21-10-2015 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Rochas e minerais
Rafael Varela, o avó de Tahira de 1º é un estudoso e coleccionista de rochas e minerais. Durante os últimos meses tivemos na escola unha mostra da súa colección e puidemos visitala con el e aprender moitas cousas que descoñeciamos sobre as rochas e minerais.

O luns 27 pola tarde dou unha charla para as familias que puideron, así, vistar a mostra da man de quen mellor lla podía ensinar.

Graciñas, Rafael, pola túa xenerosidade, o teu tempo e o teu saber.

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 30-04-2015 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros préstamos para adult@s

Xa comezaron os prestamos para adult@s; levamos 8 nun só día! Non sabedes o gusto que nos dá. Animádevos!
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 22-04-2015 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Abril mes dos libros: lecturas para adult@s
Xa temos na entrada do centro un feixe de lecturas para adultos/as que chegaron nunha maleta viaxeira desde a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Abril, mes dos libros, tamén para as familias. Animádevos a levar algunha das nosas propostas.


Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 20-04-2015 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ler ciencia
No terceiro trimestre convidamos ás familias a que nos contarades cal era para vós o avance científico ou o invento máis importante pola súa incidencia na nosa vida. Con todas as vosas aportacións preparamos a exposición que presidiu a entrada do centro durante os últimos meses de curso, investigamos nas clases e collimos ideas para continuar lendo ciencia na BBS o curso que vén.
Os móbiles, a roda, os antibióticos, a luz, a linguaxe, o Ventolín... As propostas foron variadas, aquí as tedes en formato dixital.
Grazas pola vosa colaboración!



Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 08-07-2014 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Tere
Tere,a nai de Iago, pechou as sesións de contacontos do Mes dos Libros 2014, que como xa pasou outros anos, se prolongou ata ben metido maio porque na BBS temos moito conto que contar e moitos contador@s que se ofrecen a contalos.
Iago escolleu para súa nai un conto protagonizado por un monstro, e non foi a primeira vez, que Tere xa é toda unha experta en monstros grazas a el.
Caramuñas, de Margarita del Mazo e Charlotte Pardi é unha divertidísima historia de medo, que non dá nada de medo, pero si moita risa, sobre un monstro e unha nena moi espelida.
É unha das novidades que non vos podedes perder.

Grazas, Tere!


Comentarios (2) - Categoría: Familias - Publicado o 13-05-2014 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con ritmo IV
O venres tivo lugar a última sesión de Contos con ritmo para o grupo dos máis pequen@s. Volveu a ser un tempo de perder vergonzas e gañar seguridade, de aprender xunt@s, de xogar, de contar historias e sobre todo de pasalo moi ben. Tod@s, grandes e pequen@s, do primeiro e do segundo grupo, coincidimos en que á experiencia foi preciosa e queremos repetir. Desde a BBS tomamos boa nota.
Grazas, Esther por compartir con nós o teu bo facer e transmitirnos tanta enerxía e ilusión.

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 12-05-2014 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Esther
Esther, a nai de Andrea, estivo con nós o venres para contarnos a historia dun pingüín aventureiro que un bo día decidiu saír de viaxe e descubrir outras terras. Tonino de Miguel Salas e Paolo Domeniconi é ese pingüín vivaracho que a moitos de vós seguro que vos gustaría imitar. O libro ten unhas impresionantes ilustracións que convidan a descubrir outras terras e reler a historia cun atlas a man.
Grazas Esther!




Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 11-05-2014 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Conchi, César e Irene
Na BBS seguimos recibindo familias contadoras. Hoxe tivemos tres historias contados por tres contador@s: Irene, César e a súa nai, Conchi. Escolleron dúas fábulas de La Fontaine e unha adaptación do Platero de Juan Ramón Jiménez. O gato e os ratos e O zapateiro e o home rico son unha boa mostra do atractivas que resultan as fábulas e do seu poder para falarnos de valores de xeito ameno. Neste ano do centenario do Platero y yo de Juan Ramón Jiménez, gustounos especialmente telo nos nosos recreos lectores.

GRAZAS!





Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 07-05-2014 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Nico, Miguel e Pili
Na última semana de abril seguimos contando contos en familia. Desta vez Pili, Nico e Miguel escolleron tres contos diferentes para compartir con nós no recreo do luns: O home do saco e Pastillas de soños do libro Contos para nenos que dormen de seguido de Pinto e Chinto e unha fermosa versión rimada de La tortuga y la liebre. Un pouco de medo, algo de fantasía e unha fábula, que boa combinación!
Foi o debut de Nico coma contador da BBS e fíxoo moi ben acompañado.
Pero ademais deles tres tamén colaboraron para esta sesión de contacontos Aida e Paco elaborando o cartel que, como vedes, é unha chulada.
Como nos gusta na BBS volver ver carteis de Aida anunciando contos! Que lembranzas!

GRAZAS NICO, MIGUEL E PILI!
GRAZAS PACO E AIDA!




















Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 01-05-2014 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas