biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Axudantes da Biblioteca Brea Segade 2016-2017
Xa temos aos axudantes deste curso en acción!




O venres foi a primeira xuntanza para explicar as funcións e as novidades que este curso botamos a andar. Son moit@s, dá gusto! E empezan a traballar este semana, preparando unha sorpresa para compartir cos compañeir@s... Iremos informando.





Axudantes BBS 2016-2017

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 23-10-2016 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos!
Levamos xa dúas semanas coa BBS aberta,poñendo en marcha proxectos, retomando rutinas...
Neste tempo todas as clases visitastes a biblioteca acompañadas polo titor/a e membros do equipo. Comezamos, coma sempre, coa formación de usuari@s: lembrando ou descubrindo que actividades e proxectos nos oferta a biblioteca, que servizos, que fondos, cales son as normas...
Pero sempre,antes que nada, escoitamos un conto, que é o punto de inicio do proxecto anual da BBS.

Este curso escollemos O cadro máis bonito do mundo de Miquel Obiols e Roger Olmos para 1º, 2º, 3º e 4º. Xa hai algunha clase traballando sobre Joan Miro :-)




As clases de 5º e 6º descubriron a Van Eyck na obra Jan estivo alí de Xosé Antonio Neira Cruz e David Soler.




Dúas fermosas lecturas para "AquelArte"


E tod@s, de 1º a 6º, coñecestes aos Escornabots! Tremendo éxito!




Primeiro




Sexto

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 15-10-2016 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Nov@s usuari@s
Na semana da Guadalupe fixemos unha primeira toma de contacto coa biblioteca para os nov@s usuari@s e tamén para os veteran@s, claro.
Xa tod@s temos táboas de lectura e marcapáxinas coa nosa mascota: Libriño.























Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 24-09-2016 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 6
Hoxe comezou a traballar no recreo o sexto grupo de axudantes. Hoxe asináronse, polo tanto, os últimos contratos de axudantes deste curso; para a semana comezaremos a rotación de novo.
Como xa fixeron os seu compañeir@s antes, leron e asinaron contratos e xa empezaron a botar unha man: repoñendo libros aos andeis, selando novidades, preparando o anuncio do contacontos de mañá... Así dá gusto!





Lendo contratos









Asinando




Selando









Somos axudantes!




Selando e etiquetando novidades




Repoñendo libros nos andeis






Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 23-11-2015 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 5
Nova semana, novo grupo de axudantes. Hoxe tocou ler e asinar contratos e despois unha chea de tarefas: emprestar libros ás aulas, revisar mochilas que empezaron a chegar, dar avisos a contadoras, preparar cabalete anunciador... Non pararon en todo o recreo, e acabamos de comezar!





Lendo os contratos




Asinando









Selándoos











Como se pon o identificativo?




Somos axudantes da BBS!




Emprestando co programa Meiga












Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 16-11-2015 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 4
O cuarto grupo de axudantes tomou o relevo esta semana. Tal e como fixeron os equipos anteriores comezaron por ler os contratos, asinalos e selalos e despois: acción!
Xa están emprestando libros co Meiga, selando novidades, repoñendo libros aos andeis...
Dá gusto ver como estades a implicarvos tod@s os axudantes este curso!





Concentrad@s, lendo a letra pequena








Vale, son axudante!




Eu tamén!




E eu.




Xa van catro!




E agora cinco




Selando novidades, guías para profes




Aprendendo a emprestar co Meiga




Repoñendo libros nos andeis






Comentarios (2) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 3
Xa temos ao terceiro grupo de axudantes botando unha man na BBS:repoñendo libros, sorteando mochilas, preparando carteis, anotando aos usuari@s dos ordenadores... Aquí tedes o seu primeiro día.





Lendo os contratos...




concienzudamente




Asinado




Selando




Somos axudantes!




Onde estaba cada sección na BBS?
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 06-11-2015 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 2
Nova semana, novo grupo de axudantes!
Hoxe debutaron: Brais, Aitana, Paula, Uxía e Iago. Cos seus contratos lidos, asinados e selados comezaron a botar unha man, e ben que a botaron, por certo.






A ver este contrato




Asinamos!




Feito!




Xa somos axudantes






Repoñendo libros aos andeis



Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 26-10-2015 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa biblioteca
Este curso a nosa biblioteca presenta unha organización diferente con respecto a cursos pasados. Nas sesións de formación de usuari@s de comezos deste mes tod@s tivemos que aprender de novo a manexarnos na biblioteca e, polo que levamos visto nestas semanas, parece que o fixemos ben.
É a nosa axencia de investigación, a nosa base de exploracións, por iso é importante que a coñezamos ben. Aquí tedes o plano da BBS.




Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 26-10-2015 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 1
Xa temos ao primeiro grupo de axudantes en acción!
Comezaron lendo e asinando os seus contratos e de seguido:mans á obra! Aquí os tedes.





Lendo e asinando contratos




Cuñándoos




Patri revisando o seu contrato




Xa somos axudantes da BBS!




Clasificando libros devoltos




Repoñendo libros nos andeis

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 20-10-2015 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Misterio na horta-Misterio na BBS
Rematamos a nosa primeira actividade de Formación de Usuari@s deste curso co paso das aulas de quinto pola biblioteca. Misterio na horta de Lawrence Schimel e Sara Rojo foi o conto que escollemos este curso como fío condutor da actividade. Na nosa biblio, igual que na horta de Xan apareceron pegadas misteriosas e cada clase tivo que resolver o misterio das pegadas e dos cambios na biblioteca coa axuda dun plano, das dotes de detectives e dos nosos coñecementos sobre a C.D.U. (clasificación decimal universal).

Aquí tedes aos de quinto investigando...






Buscando pistas









As pegadas





Seguindo o plano


















O plano coas pegadas misteriosas

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 19-10-2015 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 2015-2016

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 11-10-2015 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Formación de usuari@s 2015
Esta semana pasaron pola biblioteca case todas as clases, só quedaron pendentes para a semana que vén os quintos, e tiveron que resolver o primeiro dos misterios da BBS: que cambios atopades? Un conto, un misterio, pegadas, planos, as normas, os fondos, os servizos...Todos a funcionar!


Quintos, agardámosvos o martes que vén!

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 11-10-2015 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos axudantes
Todos os equipos de axudantes pasaron xa a súa primeira semana de formación e ben que se nota. Xa temos axudantes experimentad@s e enganchad@s que botan unha man cada recreo que teñen libre ademais da quenda que lles toca.


Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 06-12-2014 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Parte do equipo de biblioteca asistiu esta fin de semana ás V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha desas citas que fai que voltemos coas baterías recargadas, o depósito de ilusión e ideas a tope e o noso compromiso coa lectura, a cultura, a información e as bibliotecas renovado.
As xornadas, organizadas pola Asesoría de bibliotecas escolares e o Centro Autonómico de Formación do profesorado (CAFI), déronnos a oportunidade de escoitar a expert@s, referentes en bibliotecas escolares, literatura infantil e xuvenil e divulgación matemática, documentación e alfabetizacións múltiples, como son Mónica Baró, Ricardo Gómez, Javier Guallar e José Manuel Pérez Tornero. Pero as xornadas tamén nos permiten coñecer de primeira man experiencias interesantísimas que se están a desenvolver noutras bibliotecas escolares galegas e compartir e intercambiar ideas e proxectos con outros/as compañeiros enganchad@s, coma nós, ás bibliotecas.
Desde a BBS queremos dar a noraboa á organización das xornadas e agradecer que, un ano máis, apostaran por unha formación de calidade, que contribúa a fortalecer e consolidar o modelo de bibliotecas escolares que desde hai anos se está a construir en moitos centros galegos e que xa deu froitos en forma de valiosas e innovadoras experiencias educativas.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2014 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas