biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ledicia Costas
Este é o tríptico co que preparamos a visita de Ledicia Costas á nosa biblioteca. Estará co alumnado de 5º e 6º para falar da súa obra e moi especialmente de Escarlatina, a cociñeira defunta, o vindeiro mércores.
Xa nos tarda!



Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 25-05-2015 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Con Manolo Rivas
O pasado xoves 18 de decembro os nen@s de 2º e 3º do Brea Segade, xunto con compañeir@s do CEIP ADR Castelao, tiveron a fortuna de coñecer ao escritor Manolo Rivas e poder escoitalo falar sobre a súa obra "O raposo e a mestra", que previamente leran nas aulas. O acto, que tivo lugar no Auditorio de Rianxo, contou ademais con interpretacións musicais das cancións populares que aparecen no libro. Todo un luxo! Volveron encantad@s.

E descubrimos que Manolo Rivas tamén debuxa ben.

Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 22-12-2014 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación As Crónicas de Bran
Rematamos unha semana chea de actividades na BBS cun acto literario musical que agardabamos con ganas, a presentación das Crónicas de Bran de Xosé Duncán.
Abriron o acto Barahunda (Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro)coa colaboración de José Luis na percusión. A música deu paso á intervención de Xosé Duncan que nos levou da man polo mundo máxico das Cronicas de Bran, desvelándonos datos sobre os personaxes, a ambientación,a trama e o proceso de creación da triloxía. Escoitar a Duncan falando da súa obra permite entender canta paixón e traballo hai detrás das Crónicas e leva directamente a desexar coñecer o mundo de Bran.
Na presentación tamén poidemos ver algunhas das impresionantes ilustracións de José Ángel Ares para A porta de Annwn.


Grazas a Barahunda, a José Luis e a Duncan por encher a BBS de tanto talento e agasallarnos co seu bo facer e cun acto tan fermoso.




Foto de Antón Castro. Fotos de Rianxo






Agradecemos a Xoán Antón Castro a crónica do acto que aparece en Fotos de Rianxo.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 16-04-2014 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de As Crónicas de Bran

Volve Petando nas portas da historia nesta ocasión, no mes dos libros, coa presentación da saga As Crónicas de Bran de Xosé Duncan.
Reservade a data, non o podedes perder!
Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 04-04-2014 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Jacobo Fernández Serrano
Por fin, chegou o día! Jacobo Fernández Serrano volveu á nosa biblioteca e puidemos falar con el sobre os seus libros e sobre o oficio de escritor e ilustrador. O tempo non nos chegou a nada, ademais de contestarnos a unha chea de preguntas, Jacobo debuxou para nós e ensinounos os orixinais dalgunhas ilustracións dos seus libros.
Grazas, Jacobo polo teu traballo, os textos e as ilustracións que nos fan soñar e sorrir! Grazas pola túa paciencia e pola simpatía que compartiches con nós!
E lembra que te comprometiches cos nenos e nenas do Brea Segade a escribir polo menos, polo menos, cincuenta anos máis para seguir facéndonos gozar coa lectura.




Comentarios (18) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 26-03-2014 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Jacobo Fernández Serrano
Mañá, mércores, Jacobo Fernández Serrano estará con nós na BBS. Os profes coñecímolo hai tres anos, cando veu presentarnos Mil cousas poden pasar I, pero para vós será a primeira vez que o escoitedes e o vexades. Desta vez falaremos con el sobre Marcopola, a illa remeira, que aínda non vira a luz a última vez que Jacobo estivo en Taragoña e sobre os dous libros de Mil cousas poden pasar. Estas dúas series forman parte dos itinerarios lectores da nosa escola. Son obras que nos gustan a grandes e a pequenos e seguro que temos moito que comentar e que lle preguntar.

Aquí está o tríptico preparatorio da visita.


Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 25-03-2014 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
CON ANXO MOURE
Onte Anxo Moure volveu á BBS. Cando viñera por primeira vez deixáranos abraiad@s pola súa capacidade de conectar con grandes e pequen@s, polo dinamismo das súas sesións, polos valores que transmite, porque acabamos sendo siareir@s de Anxo e os seus Contos Solidarios.
O listón estaba moi alto, pasaron anos, novas caras entre alumnado e profesorado, como resultaría? Non cambiou nada, volveunos engaiolar e fíxonos gozar dun tempo máxico na biblio, "o restaurante da imaxinación". Grazas Anxo, sempre é un pracer terte con nós.
Grazas tamén ao Consorcio Editorial e a Narciso por facelo posible.

Comentarios (6) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 15-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Gochi á vista!
Aquí tedes información e algunha proba que superar para preparar a visita de Gochi.
Xa sabedes, para velo máis grande premede na imaxe e para ver a segunda páxina dádelle á frecha da parte inferior ou á barra lateral.

Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 17-03-2013 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Gochi na Biblioteca Brea Segade

Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 17-03-2013 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Fariña na BBS
Anxo Fariña volveu visitar a nosa biblioteca, desta vez para ter un encontro co alumnado de 5º e 6º, que nestes últimos meses leu A chave da Atlántida. Anxo ten o seu particular grupo de seguidores e seguidoras no noso colexio, que comezaron a ler a Breogán e despois se engancharon aos Megatoxos, e aos que tamén lles gustou moito A chave da Atlántida, tanto como gustou ao xurado do Premio Merlín 2011.
Anxo volveu conectar cos seus lectores e lectoras e volveunos demostrar que non só lle gusta escribir para rapaces senón tamén encontrarse con eles e falar sobre os seus libros, sobre a lectura... Normal que teña tanto éxito!
Un gusto terte de novo con nós, Anxo!



Aquí tedes o tríptico previo á visita de Anxo Fariña.




Encontro con Anxo Fariña na tarde do 2 de maio.

Comentarios (1) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 02-05-2012 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Con Pere Tobaruela na BBS
E chegou o día. Poidemos coñecer a Pere e falar con el da súa obra e do oficio de escritor. Gustounos tanto coma os seus libros. É unha persoa amena, faladora e moi próxima.
Primeiro estivo con 4º, 5º e 6º, falando sobre Mortos de ningures e Vouvos papar. Preguntamos sobre os personaxes, as ilustracións, o xeito de escribir entre dous autores... E deixounos unha primicia: haberá unha nova aventura da inspectora Nola e o seu gato Lolo. Agardámola con ganas!
Despois do recreo foi o tempo dos de 1º, 2º e 3º, que leran e traballaran sobre Branco de Cores, ou era Negro de cores?

Con Pere tamén veu Lola, unha amiga da BBS e a persoa que fixo posible este encontro. Graciñas Lola!


Grazas Pere por todo o que compartiches con nós durante a lectura dos teus libros e durante a túa visita. Estaremos atenta@s ás túas novas publicacións.




Mentres agardamos pola segunda aventura de Nola.

Comentarios (3) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 19-02-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Pere Tobaruela
Comentarios (2) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 13-02-2012 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas