biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ler ciencia na biblioteca escolar

O Día do Libro lanzamos ás familias unha nova proposta de colaboración, enmarcada nas actividades do mes dos libros, pero que se desenvolverá ao longo de todo o trimestre, pois contamos teña continuidade nas aulas.
Ao abrigo do tema proposto este curso pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e complementando o proxecto da BBS deste curso sobre agricultura sostible e familiar, metémonos de cheo no mundo dos inventos, experimentos e avances científicos.

Imos...

Ler Ciencia na BBS


e queremos que toda a comunidade escolar se implique.





Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2014 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Marcapáxinas Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor/a
Como xa vén sendo habitual nos últimos anos,a Asesoría de Bibliotecas Escolares agasállanos no Día do Libro cun marcapáxinas cun texto dun autor galego adicado ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión o texto é O libro de Paco Martín.

GRAZAS!

Marcapaxinas Paco Martin

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2014 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os nenos e nenas do CRA visitan a BBS
O venres tamén tivemos unha sorpresa, viñeron de visita os nenos e nenas do CRA, que estiveron plantando árbores no Campo Maneiro.
Cuarto exerceu de anfitrión, ensinoulles a biblioteca e contoulles os contos que se contaran nos recreos desa semana.
Gustounos moito recibir aos nosos veciños do CRA! Teñen que repetir a visita!


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
A pomba Dona Paz
Iria e Noelia puxeron o "broche de conto" aos nosos recreos lectores do segundo trimestre coa Pomba Dona Paz de Ramón Caride e Pepe Carreiro. A pomba Dona Paz deixanos unha mensaxe de esperanza e moito traballo por diante para os nenos e nenas do mundo. Coa BBS chea de vida e de actividades das que vós sodes protagonistas nós tamén nos sentimos optimistas.




Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Rianxo fala. Historia do Galego

O noso centro forma parte xunto co IES Félix Muriel e o CRA de Rianxo dun proxecto de innovación en dinamización lingüística denominado Rianxo Fala. Son moitas as accións que se engloban en dito proxecto, tal e como se recolle na súa páxina web e cada centro e nivel educativo realiza parte delas. O xoves pasado uns rapaces e rapazas do IES viñeron compartir co alumando de 3º e 4º o seu traballo sobre a herdanza histórica e cultural, e máis concretamente sobre as orixes da nosa lingua. Esforzáronse por preparar unha presentación atractiva e axeitada ás idades do noso alumnado e, como podedes ver nas imaxes, conseguírono.
Sentímonos ben orgullos@s deste proxecto en común, das posibilidades que nos abre para colaborar con centros veciños e para traballar sobre a nosa identidade lingüística e cultural.






Grazas aos rapaces e profes do IES que compartiron con nós o seu tempo e o seu traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento Lector 2014
Aquí tedes en imaxes aos padriños e madriñas en acción, compartindo contos cos seus afillados/as e preparando con eles/as libros voadores que encherán a BBS de cor.


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o Día do Libro Infantil
Escollemos o último mércores do trimestre para celebrar o Día do Libro Infantil, unha das datas especiais do mes dos libros e da BBS, porque nese día adoitamos realizar o Apadriñamento e Amadriñamento Lector.
Abriu o acto a curta The fantastic flying books of Mr Morris Lessmore, unha fermosísima historia que xa presentaramos no blogue hai un tempo pero que nunca visionaramos xuntos. Seguro que os libros voadores de Mr Morris Lessmore seguirán dando que falar na nosa biblio á volta da Pascua.



Como xa vén sendo habitual aproveitamos ese día para divulgar o cartel e manifesto que cada ano a IBBLY elabora para conmemorar o 2 de abril. Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 4º os que puxeron voz á Carta aos nenos do mundo da escritora irlandesa Siobhán Parkinson.
E despois... O Brea Segade encheuse de contos e de madriñas, padriños e afillad@s lectores.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Contador@s do IES Félix Muriel
O mércores 9 de abril foi un día especial no Brea Segade. Ao longo de todo o día celebramos "como máis nos presta" o Día do Libro Infantil: contando contos. A nosa escola encheuse de contos e contador@s de todas as idades.
Comezamos co anuncio dun libro de poemas para o recreo cuns contadores "descoñecidos" que segundo nos dixeron uns axudantes de biblioteca de 5º, virían desde o IES Félix Muriel.





Parece unha rosa de Rosalía de Castro e Isabel Pintado era o conto escollido e despois de que o anunciaran polas clases, a BBS encheuse para ver quen eran eses contadores "grandes".


Jenni (que sí era unha cara coñecida na BBS) e Raúl recitaron Parece unha rosa e despois, como viron que nos gustara e queríamos máis, Miriam (outra cara coñecida) e outra Jenni se animaron a contarnos Moncho e a mancha de Kiko da Silva.

E, por se isto fora pouco, as clases de 1º, 2º, 3º e 4º recibiron contadores e contadoras na Hora de Ler con máis contos preparados para compartir con nós no IES Félix Muriel. Encantounos! menudo agasallo para a nosa celebración do Libro Infantil!















No blogue de terceiro e cuarto recolleron a visita das contadoras do Félix Muriel na Hora de Ler. Podedes velo aquí.


GRAZAS A TODOS OS RAPACES, RAPAZAS E PROFES DO FÉLIX MURIEL QUE NOS AGASALLASTES CON CONTOS E CO VOSO CARIÑO. SABEDES QUE PASADES A SER CONTADOR@S OFICIAIS DA BBS E QUE PODEDES VOLTAR SEMPRE QUE QUEIRADES E POIDADES.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 14-04-2014 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional do libro Infantil

Chega o 2 de abril e as diferentes seccións da IBBY difunden unha imaxe e un texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil que se celebra en memoria de Hans Christian Andersen.

Este ano Irlanda é o país encargado de crear o texto e a ilustración deste cartel que se poderá ver en todo o mundo e lembrará a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nen@s e moz@s. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa que tamén recibiu, entre outros galardóns, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 02-04-2014 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Con Yolanda Castaño
Imposible comezar mellor abril, o mes dos libros!
Yolanda Castaño encheunos a biblioteca de poesía: metáforas, comparacións, sinestesias, anáforas e sobre todo moita imaxinación e moito traballo colectivo.

Quen nos dera máis tempo para seguir compartindo a paixón pola poesía que transmite Yolanda! O obradoiro pasounos de contado pero deixounos moitas ganas de seguir lendo e escribindo poemas.
Grazas, Yolanda! Encantounos terte con nós.


Comentarios (17) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 01-04-2014 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de poesía



Sabes quen é Yolanda Castaño?

Aquí podes buscar información.

Esta é a súa páxina oficial.
Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 31-03-2014 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Abril 2013. Os nosos recunchos de lectura
Comentarios (5) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 11-06-2013 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s. Lucas e o oso
Amparo, a nai de Brais, contounos o último dos contos de abril está semana, porque na BBS o mes dos libros tende a alongarse... Temos moita sorte cos nosos contadores adult@s, que se animan a vir compartir contos con nós ao longo de todo o ano e moi especialmente en abril.
Amparo leunos Lucas e o oso de José Campanari e Kristina Andres. É unha historia que fala con agarimo e naturalidade sobre algúns dos problemas e preocupacións da infancia: o primeiro día no cole e ser capaz de deixar de mexar na cama. E tamén nos fala da amizade entre Lucas e o seu inseparable oso.


Grazas Amparo!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 10-05-2013 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Só un libro
Andrea de 3º recita Só un libro o poema co que Paula Carballeira agasallou ás bibliotecas escolares no Día Internacional do Libro.

Andrea leu o poema no auditorio na nosa celebración do 23 de abril e aquí a temos de novo, esta vez na biblio.

Graciñas Paula polo teu poema, encantounos e grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas Escolares polos marcapáxinas co poema.


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 09-05-2013 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Johanna en el tren
Ánxela e Paula estiveron nos recreos lectores da BBS o venres pasado. Escolleron un libro que mercaran no Salón do Libro de Pontevedra cando fomos de visita á inauguración. Trátase de Johanna en el tren de Kathrin Schärer e é un conto que se vai formando mentres os seus propios personaxes o escriben e ilustran. Unha historia sorprendente, con fermosas ilustracións, na que unha porquiña e unha ilustradora nos van axudando a entender a creación das historias.

Grazas Ánxela e Paula!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 05-05-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas