biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Valentes!!!
Así de bonita está a entrada do cole cos vosos deseños do Día do Libro.

Noraboa, valentes!






















Comentarios (3) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 07-05-2016 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Eu son valente!
Despois dos contos-agasallo dos padriños e madriñas, chegou o momento de elaborar algo xunt@s para celebrar o noso compromiso cos libros.
Eu son valente! foi o lema que empregamos para debuxarnos uns aos outros e recomendar un libro para valentes :-)


































Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2016 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector
Somos valentes, gústannos os libros e gústanos compartilos!
Aquí tedes a reportaxe do apadriñamento lector deste ano. Sobran as palabras, chega con vervos as caras.
Noraboa padriños, madriñas, afillados e afilladas! Foi unha tarde ben bonita!


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2016 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Día do Libro
O mércores 27 celebramos no cole os actos centrais do Mes dos Libros. Como xa vén sendo tradición, a actividade central do día foi o apadriñamento lector, pero non foi o único...

Comezamos coa lectura do manifesto "Os libros son para valentes" de Pedro Feijoo a cargo dos rapaces e rapazas de 6º.
De seguido vimos a curta "A flor máis grande do mundo" de José Saramago, unha desas obras, escritas ou en audiovisual, que paga a pena coñecer, que nos emocionan e nos cambian a vida.

























Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2016 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros son para valentes

FELIZ DÍA DO LIBRO , VALENTES!


Non deixedes nunca de buscar o voso libro, os vosos libros.

Biblioteca Brea Segade




Díptico agasallo da Asesoría de Bibliotecas escolares para celebrar o Día do Libro, texto de Pedro Feijoo.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 23-04-2016 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Manolo da Ponte
Onte tivemos visita na biblioteca, Manolo da Ponte veunos contar contos, ou iso pensabamos, pero cando nos demos conta estaba a contarnos a vida de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e sobre o que xa levamos tempo traballando.





























Graciñas ao Consorcio Editorial por traer a Manolo á BBS.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 22-04-2016 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
De como veu a Rianxo unha balea

"Cando eu era rapazote (non quero bota-la conta dos anos que van alá) chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e media da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila, din que era unha balea moi pequena, unha criaturiña de balea. Faladurías, envexa, non saben o que din. Eu non digo que fose coma un consistorio a aboiar pola ría, non son tan argalleiro; pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. E os que non a viron que pechen a boca."

Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste

A visita á Biblioteca Pública Municipal Castelao deunos para falar, debuxar e escribir sobre baleas, escritores, Rianxo...





Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 09-05-2015 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Abril


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Chelo e Andrea
Hoxe rematamos abril contando contos en familia, que mellor maneira! Andrea e a súa avoa, Chelo, leronnos A cociñeira do rei de Soledad Felloza e Sandra de la Prada.
Mencia, quen acabará sendo a cociñeira do rei, ten o segredo para unha boa dieta: o ben feito sempre é de proveito, pero se ademais, é aderezado con ilusión, agarimo e alegría, difícilmente pode saír mal. Fermosos ingredientes para calquera receita na cociña, na escola, na biblioteca...na vida.


Un bo conto sempre é de proveito pero se ademais é contado con ilusión, agarimo e alegría por unha avoa e unha neta, o resultado é unha marabilla, como a que presenciamos hoxe no recreo na BBS.

Graciñas Chelo, graciñas Andrea!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Nós, lemos e ti?

Ao longo do mes de abril na entrada do cole, xusto en fronte da biblioteca, foron aparecendo fotos e textos que falan da lectura e dos nosos libros favoritos.
Nós lemos, é ti? é o título da exposición que a BBS organizou este curso para conmemorar o mes dos libros. A idea partiu da convocatoria da OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil) e a súa sección galega Galix, para o 2 de abril, na que participaron varias clases do centro. Como xa é habitual pedimos a colaboración das familias e como sempre, as familias colaborastes, graciñas!
Aquí temos algunhas imaxes do que podedes ver na exposición, cando a recollamos elaboraremos un libro dixital para que poidades vela con maior detenemento.






































Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Yoli e Tíffani
A BBS segue enchéndose de contos cada recreo neste mes de abril. Desta vez foron Tíffani e a súa nai, Yoli. Escolleron un dos contos favoritos de Tíffani, Verlioka de Patacrúa e Magicomora. Como non lle vai gustar? É unha historia acumulativa na que unha serie de personaxes axudan a un avó a darlle unha lección moi divertida a un xigante abusón.
Graciñas, Tíffani, graciñas Yoli! Foi unha gozada vervos e escoitarvos ás dúas contar o conto man a man.

Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos libros xigantes
Xa temos na entrada da biblioteca os catro libros xigantes cheos dos protagonistas que vos imaxinastes e deseñastes o día 23. Montámolos en tempo record grazas ás axudantas de biblioteca que se puxeron mans á obra co pegamento.
Quedaron chulísimos! Están cheos de personaxes de: Contos de medo, Contos de aventuras, Contos de humor e Contos de Ciencia Ficción.A gora temos que ir enchéndoos tamén de contos de cada un dos xéneros. Animádesvos?








































Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Papán
Os nenos e nenas de 2º prepararon para a última semana do mes dos libros un conto dramatizado. Era a primeira vez que contaban todos xunt@s un conto nos recreos da BBS e fixérono de marabilla. Escolleron Paco Papán de Patacrúa e Evelyn Daviddi, unha divertida historia sobre un rapaz un pouco pasmón que nos fixo sorrir e ... rir. Repartiron personaxes, trouxeron decorados, practicaron diálogos... Traballaron un montón e ben que se notou!



Graciñas 2º, encantounos!


Temos un agasallo para vós. Mirade que versión máis chula da canción de Almundena Janeiro atopamos.


Comentarios (1) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Libro na BBS
Aquí tedes a reportaxe en imaxes do que foi o Día do Libro no Brea Segade. Ben se ve que foi un día fermoso no que compartimos contos, deseños, conversas... Noraboa a tod@s por facer posible que resultara así de ben.



Comentarios (6) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 27-04-2015 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector: preparativos
Os padriños e madriñas (4º,5º e 6º) escolleron os contos para os seus afillad@s, practicaron a lectura e deseñaron e elaboraron postais para felicitar o Día do Libro aos nenos e nenas de 3º, 2º e 1º. Moito traballo e moitas ganas de facelo ben para ter un bo agasallo para os afillados/as.


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 27-04-2015 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas